Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2014 Páx. 17513

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (145/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que mediante a resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de María Celia Hombre García, en despedimento rexistrado co número 145/2014, acordouse citar as codemandadas Pollos Albariza, S.L. e Disalsa Pollos, S.L., en paradoiro descoñecido, para que comparezan no Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (Sala de Vistas 3, planta baixa), situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 25.4.2014 ás 11.55 e 12.00 horas, co fin de celebrar os actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poden comparecer
persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse. Advírteselles que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que ten ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado o decreto de admisión da demanda, así como copia dela, e as demais resolucións ditadas no presente procedemento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

E para que lle sirva de citación a Pollos Albariza, S.L. e Disalsa Pollos, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2014

A secretaria xudicial