Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de arquivamento do expediente sancionador 2013358AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 3 de febreiro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou resolución de arquivamento do expediente sancionador 2013358AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra contra a entidade Elaborados Freiremar Vigo, S.A., con CIF A36641348 e enderezo no peirao de reparacións de Bouzas, s/n, 36208, Vigo, por non ter responsabilidade a referida entidade na infracción que se lle imputaba.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Elaborados Freiremar Vigo, S.A. a referida resolución de arquivamento do expediente sancionador 2013358AL-PO, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, núm. 43, 1º, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 20 de marzo de 2014

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra