Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18078

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (76/2013).

Luis Diego Espino Hernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario nº 76/2013, seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. fronte a Antonio Adelino García Ruivo, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíza que a dita: maxistrada-xuíza Ana Araceli Muñoz Martín.

Lugar: Vigo.

Data: nove de xaneiro de dous mil catorce.

Demandante: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.

Avogado: Carlos Baltar Pombo.

Procurador: Jesús Antonio González-Puelles Casal.

Demandado: Antonio Adelino García Ruivo.

Procedemento ordinario 76/2013.

Resolución:

Estimando integramente a demanda interposta polo BBVA fronte a Antonio Adelino García Ruivo, debo condenar e condeno a este a aboar á parte demandante a cantidade de 22.235,28 euros máis os xuros legais e pagamento das custas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, sinalando no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

(segue firma da maxistrada xuíza)»

E encontrándose o devandito demandado, Antonio Adelino García Ruivo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 7 de marzo de 2014

O secretario xudicial