Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18222

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 43/2014, do 14 de abril, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola asociación profesional Xóvenes Agricultores o 4 de abril de 2014,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia Manuel Domingo Fontela Ríos, en representación de Xóvenes Agricultores.

Artigo 2

Que cese como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia Francisco Bello Bello, en representación de Xóvenes Agricultores.

Santiago de Compostela, catorce de abril de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente