En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola asociación profesional Xóvenes Agricultores o 4 de abril de 2014,
DISPOÑO:
Artigo 1
Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a Francisco Bello Bello, en representación de Xóvenes Agricultores.
Artigo 2
Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia a Juan Carlos García Pose, en representación de Xóvenes Agricultores.
Santiago de Compostela, catorce de abril de dous mil catorce
Alberto Núñez Feijóo
Presidente