Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de residuos LU-RES 2013/184 e LU-RES 2013/210.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 24 de marzo de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2013/184.

Denunciada: Hermanos Moreira Caloto, S.L.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/210.

Denunciada: Construcciones Coto Ribadeo, S.L.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.