Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 3 de abril de 2014

P.V. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Interesado/a

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

Montajes Eléctricos REM, S.L.

IN635A 2013/274-1

Resolución

Santiago de Compostela

Rogelio García Alen

IN635A 2014/113-1

Alegacións

A Laracha

Rodríguez Amado, S.A. (taller vehículos)

IN635B 2012/72-1

Resolución

A Coruña

Zeleris

IN635B 2012/75-1

Resolución

Santiago de Compostela

Compañía de Gas BNP, S.L.

IN635B 2013/9-1

Resolución

Vigo (Pontevedra)