Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes de reclamación IN635B 2013/244-2, IN635B 2013/281-2 e IN635B 2013/305-2.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse ás persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria en Lugo; rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

Lugo, 7 de abril de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Aurora Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: IN635B 2013/244-2.

Interesada: Erika Oviedo Miranda.

Último domicilio coñecido: rolda das Fontiñas, 72 baixo, Lugo.

Acto notificado: resolución.

Expediente: IN635B 2013/281-2.

Interesada: Jessica de Jesús Poleias Rocha.

Último domicilio coñecido: avenida de Asturias, 16, baixo, Ribadeo, Lugo.

Acto notificado: resolución.

Expediente: IN635B 2013/305-2.

Interesada: María Irene Lamela Ocampo.

Último domicilio coñecido: rúa Río Eo, 3-2º F, Lugo.

Acto notificado: trámite de audiencia.