Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de desenvolvemento dunha plataforma concentradora de localización e eventos dentro do subproxecto GS1-SH2050-2-rastrexabilidade integral de doentes e recursos (AB-SER1-13-064).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-13-064.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento dunha plataforma concentradora de localización e eventos dentro do subproxecto GS1-SH2050-2-rastrexabilidade integral de doentes e recursos.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72000000-5.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 172, do 10 de setembro de 2013.

Boletín Oficial del Estado nº 224, do 18 de setembro de 2013.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2013/S 179-309314, do 14 de setembro de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 499.250 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 499.250 euros. Importe total: 604.092,50 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 27 de febreiro de 2014.

b) Data de formalización: 19 de marzo de 2014.

c) Contratista: UTE Cotesa, S.A.-Coremain, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 464.302,50 euros. Importe total: 561.806,03 euros.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos