1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore, 2-1ª planta, 15001 A Coruña, teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.
b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
d) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministracións.
b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de produtos non perecedoiros.
c) División por lotes e número de lotes: existen 2 lotes.
d) Lugar de execución/entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo de execución/entrega: a duración do acordo marco será de 12 meses.
f) Admisión de prórroga: o prazo de vixencia do acordo marco poderá ser obxecto de prórroga, por mutuo acordo das partes. As prórrogas non poderán ser concertadas, illada ou conxuntamente, por un prazo superior o fixado para o contrato inicial.
g) Establecemento dun acordo marco: si.
h) CPV: 15830000-5, 15841400-9, 15861000-1, 15861200-3, 15865000-9, 15320000-7.
3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.
a) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación:
Orzamento sen IVE: 63.857,09 €.
IVE: 6.385,71 €.
Orzamento con IVE: 70.242,80 €.
5. Garantías exixidas:
• Provisional: non.
• Definitiva: si. Cinco por cento do orzamento base de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: as proposicións deberanse presentar antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ser enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.
b) Lugar de presentación:
1. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integral da Coruña, Hospital Abente e Lago.
2. Domicilio: Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2-2ª planta.
3. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.
c) Admisión de variantes: non se admiten.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
8. Apertura de ofertas:
a) Dirección: sala de xuntas do Hospital Abente y Lago, planta segunda do edificio da antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2.
b) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.
c) Data e hora: as datas de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es
9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.
A Coruña, 27 de marzo de 2014
Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña