Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación suxeita a regulación harmonizada do servizo de conservación e mantemento dos equipamentos e aparellos de cociña do Hospital Universitario A Coruña, pertencente a esta xerencia (AB-EIC1-14-010).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore 2, 1ª planta, 15001 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 22.5.2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de conservación e mantemento dos equipamentos e aparellos de cociña do Hospital Universitario A Coruña, pertencente á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución/entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV: 50881000-4.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 184.000 €.

b) IVE: 38.640 €.

c) Importe con IVE: 222.640 €.

5. Garantías exixidas:

• Provisional: non.

• Definitiva: si, cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 22.5.2014.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña, Hospital Abente e Lago.

2. Domicilio: Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 2ª planta.

3. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas do Hospital Abente e Lago, planta segunda, edificio antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de realización da apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 31.3.2014.

A Coruña, 31 de marzo de 2014

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña