Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18471

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (993/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 993/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Valentina Gondón Sanandres contra a empresa Confecciones A Baña, S.L. Unipersonal, Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, ditouse sentenza nº 134 cuxo encabezamiento e decisión é do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 993/2013 seguidos por instancia de Valentina Godón Sanandres, representada e asistida pola letrada Sra. Romero Salgado, contra a entidade Confecciones Baña, S.L. Unipersonal (declarada en concurso, sendo a administradora concursal Josefa C. Rua Gayo), e contra Fogasa que non comparecen neste acto a pesar de estar debidamente citadas, sobre despedimento obxectivo individual.

(…)

Decido.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Valentina Godon Sanandres, representada e asistida pola letrada Sra. Romero Salgado, contra a entidade Confecciones Baña, S.L. Unipersonal (declarada en concurso, sendo a administradora concursal Josefa C. Rua Gayo), e contra Fogasa que non comparecen neste acto a pesar de estar debidamente citadas, sobre despedimento obxectivo individual, e, en consecuencia, e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada á extinción da relación laboral a data de sentenza, con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste fallo (ao non ser posible a readmisión por cesamento de actividade da empresa).

2º. A indemnización segundo o disposto no número anterior, sería de 1.467,40 €.

3º. Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte á mesma poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Confecciones Baña, S.L.U., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2014

A secretaria xudicial