Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despido obxectivo individual 992/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosario Cantelar Freire contra a empresa Confecciones A Baña, S.L. Unipersonal, Fogasa, Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza nº 135 cuxo encabezamento e decisión é do teor literal:
«Sentenza.
En Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014.
Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en Comisión de Servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 992/2013 seguidos por instancia de Rosario Cantelar Freire, representada e asistida pola letrada Sra. Romero Salgado, contra a entidade Confecciones Baña, S.L. Unipersonal (declarada en concurso, sendo a administradora concursal Josefa C. Rua Gayo), e contra Fogasa que non comparecen neste acto a pesar de estar debidamente citadas, sobre despedimento obxectivo individual.
(…)
Decido:
1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Rosario Cantelar Freire, representada e asistida pola letrada Sra. Romeu Salgado, contra a entidade Confecciones Baña, S.L. Unipersonal (declarada en concurso, sendo a a dministradora concursal Josefa C. Rua Gayo), e contra Fogasa que non comparecen neste acto a pesar de estar debidamente citadas, sobre despedimento obxectivo individual e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada á extinción da relación laboral a data de sentenza, con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión (ao non ser posible a readmisión por cesamento de actividade da empresa).
2º. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 5.260,96 €.
3º. Debo absolver e absolvo ao Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos trabajadores.
Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte á mesma poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.
A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.
Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación a Confecciones A Baña, S.L.U., expido o presente edicto.
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2014
A secretaria xudicial