Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18667

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 7 de abril de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.

Unha vez convocados os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, polas ordes da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013, publicadas no Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño, e de conformidade co establecido nas bases das respectivas convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2,
escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais

Tribunal titular:

Presidencia:

– Xan Mera Cabanelas, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as industriais.

Secretaría:

– Guillermo González Tato, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados/as.

Vogais:

– Isidoro Martínez Arca, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.

– Tomás Paz Dóniz, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as industriais.

– Antonio Taboada Prado, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Ricardo Miguel Baños Fojo, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as industriais.

Secretaría:

– María del Rosario Posada Castro, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Eugenio Fernández Piñeiro, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.

– Jordi Delgado Martín, persoal funcionario do corpo de catedráticos da Universidade da Coruña.

– José Luis López González, personal estatutario fixo de xestión e servizos do Servizo Galego de Saúde, categoría de enxeñeiro técnico.