Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa dunha instalación eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 11/2014).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa previa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación CT Estación.

Situación: concello de Ordes.

Características técnicas:

– Tramo de liña de media tensión aérea a CT Estación, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,047 km, coa orixe no apoio nº 11 existente na LMT SCY-822, no tramo da derivada ao CT Estación (expediente 13.250) de tipo caseta para retirar, en condutor LA-56/54,6 mm² e final no novo CT intemperie Estación (proxectado).

– Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución.

A Coruña, 26 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña