Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2014/8).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo,171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT e RBT Sanxuás-Aríns.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 490 m, con orixe en apoio existente con derivación a CT Lobios (expediente 51.334), en condutor RHZ1-12/20 kV-3×240 Al, e final no CT proxectado Sanxuás.

– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Liña de baixa tensión aérea con orixe no CT Sanxuás proxectado, cunha lonxitude de 1.065 m en condutor RZ e apoios de formigón.

– Liña de baixa tensión soterrada con orixe no CT Sanxuás proxectado, cunha lonxitude de 425 m en condutor XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 28 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña