Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18695

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (374/2012).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 374/2012-CRS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 391/2006. Xulgado do Social número 1 da Coruña.

Recorrente: José Ramón Rozamontes Mañana.

Avogado: Antonio Vázquez López.

Recorrido: Mapfre Empresas Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A.

Avogado: Julio López Taboada.

Recorrido: Elaborados Lucenses, S.L.

Recorrido: Administración concursal de Elaborados Lucenses, S.L.

Avogado: Miguel Ángel Caridad Barreiro.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 374/2012 desta sección, seguido por instancia de José Ramón Rozamontes Mañana contra a empresa Mapfre Seguros, Elaborados Lucenses, S.L., Administración concursal de Elaborados Lucenses, S.L., sobre outros dereitos da Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por José Ramón Rozamontes Mañana contra a sentenza ditada o 1 de setembro de 2011 polo Xulgado do Social número 1 da Coruña en autos nº 391-2006, sobre indemnización de danos e perdas por accidente de traballo, contra Elaborados Lucenses, S.L. (en liquidación) e Mapfre Industrial, S.A.S., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Elaborados Lucenses, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de marzo de 2014

A secretaria xudicial