Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18654

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos (código RUCT 4314034).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo de 2014 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 28 de febreiro de 2014).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, de 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos (código RUCT 4314034) que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos
(código RUCT 4314034)

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

42

Optativas

0

Prácticas externas

9

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Innovación e Lean Manufacturing nunha Nova Contorna

3

Obrigatorio

O Contexto da Innovación Continua

Innosistemas e Soportes Institucionais para a Mellora Competitiva

3

Obrigatorio

Vixilancia e Prospectivas Tecnolóxicas

3

Obrigatorio

Identificación de Oportunidades de Mellora

Auditoría de Procesos e Produtos

3

Obrigatorio

Deseño Estratéxico para a Innovación

3

Obrigatorio

Estratexias para a Innovación

Innovación de Produto

3

Obrigatorio

Innovación de Proceso: Fundamentos do Lean Thinking

3

Obrigatorio

Xestión Básica Lean dos Procesos Produtivos

3

Obrigatorio

Transformación Lean para a Mellora Continua da Produtividade

Xestión Avanzada Lean dos Procesos Produtivos

3

Obrigatorio

Lean Extendido á Cadea de Valor e a Servizos

3

Obrigatorio

Xestión da Carteira de Proxectos

3

Obrigatorio

Dirección de Proxectos

Explotación da I+D+i. Protección e Transferencia de Resultados

3

Obrigatorio

Creación de Capacidades Estruturais e de Recursos Humanos

3

Obrigatorio

Creación de Capacidades para a Innovación

Innovación Social, Redes e Emprendemento

3

Obrigatorio

Prácticas externas

9

Obrigatorio

Prácticas externas

Traballo fin de máster

9

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos (código RUCT 4314034) o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.