Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18652

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Nutrición (2ª edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Nutrición (2ª edición) que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Nutrición (2ª edición)

Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

39 (60)

Optativas

6

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

15

Créditos totais

70 (81)

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Bioquímica e Bioloxía Molecular

4,5

Obrigatorio

Competencias Mínimas (Alumnado de Enxeñaría Agroalimentaria)

Estrutura do Corpo Humano

4,5

Obrigatorio

Fisioloxía Humana

6

Obrigatorio

Fisiopatoloxía

6

Obrigatorio

Dietética

4,5

Obrigatorio

Nutrición

Nutrición Humana

6

Obrigatorio

Química e Bioquímica Alimentaria

3

Optativo

Manipulación de Alimentos

3

Optativo

Composición de Alimentos

3

Optativo

Tecnoloxía Culinaria e Alimentaria

3

Optativo

Dietotecnia

3

Obrigatorio

Nutrición Clínica

6

Obrigatorio

Dietoterapia

4,5

Obrigatorio

Endocrinoloxía Básica e Clínica

5

Obrigatorio

Metabolismo

Metabolismo e a súa Patoloxía

5

Obrigatorio

Neuroendocrinoloxía

5

Obrigatorio

Traballo fin de máster

15

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Nutrición (2ª edición), o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster. O alumnado de Enxeñaría Agroalimentaria deberá superar 60 ECTS obrigatorios, 6 optativos e 15 do traballo fin de máster.