Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18918

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 7 de abril de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2,
escala técnica de finanzas

• Tribunal titular:

– Presidencia:

Víctor Martínez Lago, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

– Secretaría:

José Antonio Pérez Martínez, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de finanzas.

– Vogais:

María Patricia Rodríguez Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Xunta de Galicia, escala de finanzas.

César García Novoa, catedrático de dereito financeiro e tributario da Universidade de Santiago de Compostela.

Natalia Solar Jimeno, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

• Tribunal suplente:

– Presidencia:

Francisco Javier Sobrino Garfia, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de finanzas.

– Secretaría:

Ángel Ramón Otero Ramírez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

– Vogais:

Gonzalo Luis Vázquez Rivas, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de finanzas.

Emilia García Arthus, profesora titular de economía financeira da Universidade da Coruña.

Ana González de Vicente, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.