Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo de 2014 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 28 de febreiro de 2014).
Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.
Esta reitoría
RESOLVE:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Economía, Mercados Financeiros e Empresa que se recolle no anexo a esta resolución.
Vigo, 17 de marzo de 2014
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Economía, Mercados Financeiros e Empresa
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.
Universidade participante: Vigo.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia
Tipo de materia |
ECTS |
Obrigatorias |
51 |
Optativas |
0 |
Prácticas externas |
0 |
Traballo fin de máster |
9 |
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.
Materias |
ECTS |
Carácter |
Módulo |
Contorno Macroeconómico |
8 |
Obrigatorio |
Materias obrigatorias |
Contorno Fiscal e Institucional |
8 |
Obrigatorio |
|
Viabilidade Económico-Financeira das Actuacións Estratéxicas |
8 |
Obrigatorio |
|
Dirección Estratéxica |
6 |
Obrigatorio |
|
Comportamento Estratéxico |
9 |
Obrigatorio |
|
Decisións Económicas e Análise de Mercados |
6 |
Obrigatorio |
|
Avaliación Económica de Proxectos |
6 |
Obrigatorio |
|
Traballo fin de máster |
9 |
Obrigatorio |
Traballo fin de máster |
Para a obtención do título de máster universitario en Economía, Mercados Financeiros e Empresa, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.