Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 21 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a resolución do expediente sancionador E.S. 2013/80.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economia e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 21 de abril de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Expediente: SAI IN635C 2013/80-1.

Interesada: Comunidade de propietarios, praza Mestre Mateo, 8, A Coruña.

CIF: H-15396443.

Acto notificado: resolución expediente sancionador.