Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a adxudicación e a formalización do contrato da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado Punto de encontro familiar de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

c) Número de expediente: PA 124/2013.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20068

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: contratación da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado Punto de encontro familiar de Ourense.

c) Nº de lotes: 1.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 8, do 14 de xaneiro de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: oitenta e nove mil douscentos cincuenta e seis con vinte euros (89.256,20 €) aos que se lle engaden dazaoito mil setecentos corenta e tres con oitenta euros (18.743,80 €) que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de cento oito mil euros (108.000,00 €).

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 3 de marzo de 2014.

b) Contratista: UTE Fundación Meniños e SEF Grupo 5, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: sesenta e un mil setecentos trinta e cinco con cincuenta euros (61.735,50 €) máis doce mil novecentos sesenta e catro con corenta e cinco euros en concepto de IVE (12.964,45 €), o que fai un total de setenta e catro mil seiscentos noventa e nove con noventa e cinco euros (74.699,95 €).

e) Data de formalización: 15 de marzo de 2014.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar