Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2014 de corrección de erros nos pregos de cláusulas administrativas particulares publicados mediante Resolución do 24 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada do contrato de servizos de difusión da campaña publicitaria de sensibilización para a dinamización demográfica de Galicia (expediente 22/2014).

Advertido un erro no prego de cláusulas administrativas particulares para a referida contratación, publicada mediante Resolución do 24 de marzo de 2014 no Diario Oficial de Galicia núm. 71, do 11 de abril de 2014, cómpre facer a seguinte corrección:

Na cláusula J do prego de cláusulas administrativas particulares, na fórmula pola que se valora a «Comisión da axencia», onde di: «Vi=5 – ((% Comisión ofertada *10)/4 %)», debe dicir: «Vi=5 – ((% Comisión ofertada *5)/4 %)».

Esta corrección non afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 8 da dita resolución.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar