Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18925

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de determinados postos de coordinador/a de servizo de Atención Primaria, para cubrir por persoal diplomado sanitario.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de determinados postos de coordinador/a de servizo de Atención Primaria, mediante Resolución do 18 de febreiro de 2014 da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, publicada no DOG do 10 de marzo de 2014; á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes ao posto, esta directora, en exercicio de competencia delegada no artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Adxudicar un posto ao solicitante que se indica no anexo desta resolución, e deixar deserto o outro posto convocado.

O adxudicatario deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.

A toma de posesión será dentro dos prazos previstos nas bases da convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde a súa publicación, conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Ourense, 1 de abril de 2014

Eloina Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

1. Posto: coordinador/a de SAP do Barco de Valdeorras.

Adxudicataria/o: deserto.

2. Posto: coordinador/a de servizo de Atención Primaria do Carballiño.

Adxudicatario: Francisco Javier Pérez Gómez, DNI: 34925582-J.