Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18927

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1963/2012).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 1963/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 305/2011 Xulgado do Social nº 4 de Ourense.

Recorrente: Julio Fernández Rodríguez.

Avogado: Adolfo Diz Domínguez.

Procurador: José Amenedo Martínez.

Recorrido: Aseq Vida y Accidente S.A. Seguros y Reaseguros.

Avogado: David de León Rey. Fax 988 22 40 42.

Recorrido: Mutua General de Seguros.

Avogado: Mª de las Nieves Rúa Pazos.

Procurador: José A. Castro Bugallo.

Recorrido: Garrido Prol, S.L.

R/ Cabeza de Manzaneda 1-3º Ourense.

Recorrido: José Vila Rejo, S.A.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 1963/2012 desta Sección, seguido por instancia de Julio Fernández Rodríguez contra a empresa sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante Julio Fernández Rodríguez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social nº 4 de Ourense, do 5 de decembro de 2011, en autos 305/2011, sobre indemnización derivada de convenio colectivo, seguido por instancia do referido traballador fronte aos demandados, as empresas José Vila Rejo, S.A. e Garrido Prol, S.L. e as aseguradoras Mutua General de Seguros e Aseq de Seguros y Reaseguros, S.A., confirmamos integramente a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a José Vila Rejo, S.A., con último domicilio coñecido na r/ Progreso 123, Ourense, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de marzo de 2014

A secretaria xudicial