Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada da subministración de diverso material para centros educativos que dependen da consellería e imparten os ciclos das familias profesionais de Imaxe persoal, Marítimo-pesqueira, Transporte e mantemento de vehículos e Sanidade (expediente ED-07/14 SU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-07/14SU.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de material para impartir os ciclos formativos das familias profesionais de Imaxe persoal, Marítimo-pesqueira, Transporte e mantemento de vehículos e Sanidade.

b) División por lotes e número: si, 4 lotes.

c) Lugar de entrega e instalación: almacén da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sito no polígono industrial de Toedo, concello da Estrada (Pontevedra) ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos para entregar.

d) Prazo de entrega: 35 días desde a formalización do contrato ou o prazo ofertado polo adxudicatario se fose inferior.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas adminitrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 193.933,00 euros (IVE excluído), IVE: 40.725,93 euros, cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Importe total: 234.658,93 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación da empresa: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 53/981 54 44 60.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20371

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de dezaseis (16) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

2ª. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o oitavo día hábil ás 10:00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2014

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria