Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 9 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-IN 8/2013.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas (RCL 1992/2512), que tras intentar infrutuosamente a notificación á interesada por dúas veces no seu enderezo, á entidade Iparena, S.L., cuxo último enderezo coñecido radica na rúa Julia Minguillón, nº 17, 32002 de Ourense, a incoación do expediente sancionador OU-IN 8/2013, por exercer a actividade de extracción de pedra e planta móbil de formigón sen estar inscrita no Rexistro Integrado Industrial (ampliación) (expediente IN617B 2012/122-3).

A interesada dispón dun prazo de quince días hábiles para presentar alegacións e propoñer e/ou achegar proba. No caso contrario, o oficio de incoación adquirirá o carácter de proposta de resolución. Poderá consultar o expediente na xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, nº 1, 5º planta, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 9 de abril de 2014

Alfonso T. Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense