Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18818

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 47/2014, do 24 de abril, polo que se nomea reitor magnífico da Universidade de Vigo o profesor doutor Salustiano Mato de la Iglesia.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, regula no seu artigo 20 a forma de elección do reitor e dispón que será nomeado polo órgano correspondente da comunidade autónoma.

Pola súa banda, os estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro, dispoñen, no seu artigo 57, que o reitor será elixido pola comunidade universitaria mediante elección directa e sufraxio universal libre e secreto e nomeado pola Xunta de Galicia.

En virtude do disposto no artigo 20.2 da Lei orgánica de universidades e no artigo 57 dos estatutos da Universidade de Vigo, o día 23 de xaneiro de 2014 foron convocadas eleccións a reitor/a da Universidade de Vigo e celebradas o pasado día 1 de abril de 2014.

Recibida na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria certificación da Universidade de Vigo en que consta que na sesión da Comisión Electoral do día 7 de abril de 2014 foi proclamado definitivamente reitor electo o profesor doutor Salustiano Mato de la Iglesia.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por instancia da Universidade de Vigo, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e catro de abril de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear reitor magnífico da Universidade de Vigo o profesor doutor Salustiano Mato de la Iglesia.

Santiago de Compostela, vinte e catro de abril de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria