Advertidos erros no texto da dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 71, do 11 de abril de 2014, cómpre facer a oportuna corrección:
Na páxina 16468, artigo 13.4, onde di: «Anexo I, de solicitude de axuda».
Debe dicir: «Anexo I, de solicitude de axuda asinado cos datos da primeira folla debidamente cubertos».
A publicación desta corrección de erros non modifica o prazo de presentación de solicitudes sinalado no artigo 12 da citada Orde do 4 de abril de 2014.