Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18938

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1050/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 1050/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia Cagide Varela contra Callidora Aesthetic, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que, estimando a demanda interposta por Noelia Cagide Varela, representada pola letrada Sra. Souto Neira, contra a empresa Callidora Aesthetic, S.L., que non comparece malia estar debidamente citada, e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia ter sido debidamente citado, debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante, e debo condenar e condeno a expresada empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión da traballadora ou o aboamento dunha indemnización equivalente a 1.132,56 euros. E no caso de readmisión, a aboar os salarios de tramitación en contía de 25,74 euros diarios. De non optar entre readmisión ou indemnización, entenderase que procede a primeira. Isto sen prexuízo da responsabilidade que lle corresponda ao Fogasa.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Callidora Aesthetic, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 2 de abril de 2014

O secretario xudicial