Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18937

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (548/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento seguridade social 548/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo contra a empresa Juan Antonio López Valea e o Instituto Nacional da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou a seguinte sentenza:

Considérase que a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo desiste da demanda formulada fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social.

Que estimando a demanda que en materia de cantidade interpuxo a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o empresario individual Juan Antonio López Valea, debo condenar e condeno a Juan Antonio López Valea a que reintegre á Mutua a cantidade de 839,59 € en concepto de asistencia sanitaria e prestacións de incapacidade temporal derivadas do proceso de incapacidade temporal sufrido por Milendez Ferrera Medina, traballadora da anterior entidade, e que foron aboadas pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Juan Antonio López Valea, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de abril de 2014

A secretaria xudicial