Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18935

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras

EDICTO (273/2012).

María Jesús da Silva Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras, polo presente anuncio:

No presente procedemento F02 nº 273/2012, seguido por instancia de Raisa Maribel Andújar Bernabé fronte a Leónidas Cordero Villar, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza número 44 de 2014.

No Barco de Valdeorras, 28 de marzo de 2014.

Fernando Barcia González, xuíz de Primeira Instancia número 1 do Barco de Valdeorras, despois de ver os autos que se seguen neste xulgado co número da marxe por instancia de Raisa Maribel Andújar Bernabé, representada polo procurador dos tribunais Rafael López Rodríguez e asistida de letrado colexiado, contra Leónidas Cordero Villar, en situación de rebeldía procesual.

Decido que debo de estimar e estimo a demanda interposta por instancia de Raisa Maribel Andújar Bernabé, representada polo procurador dos tribunais Rafael López Rodríguez e asistida de letrado colexiado, contra Leónidas Cordero Villar, en situación de rebeldía procesual, para regular as relacións paterno-filiais respecto do seu fillo común Lionys Cordero Andújar:

a) Patria potestade: conxunta entre ambos os dous proxenitores.

b) Garda e custodia: en favor da nai.

c) Réxime de visitas recoñecido en favor do pai: unha fin de semana ao mes con pernoita, desde o venres ás 20.00 horas ata o domingo ás 20.00 horas; vacacións por metade, escollendo a nai os anos pares e o pai os impares.

d) Pensión de alimentos en favor do menor e con cargo ao pai: 50 euros mensuais, actualizables conforme a evolución anual do IPC, e pagadoiros os cinco primeiros días de cada mes.

e) Gastos extraordinarios do menor: ao 50 % entre ambos os proxenitores.

Contra a presente sentenza, que non é firme, cabe interpoñer recurso de apelación, ante este xulgado, no prazo de vinte días.

Así por esta a miña sentenza, cuxo orixinal se levará ao libro de sentenzas civís deste xulgado, deixando nas actuacións testemuño literal desta, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E encontrándose o devandito demandado, Leónidas Cordero Villar, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

O Barco de Valdeorras, 31 de marzo de 2014

A secretaria xudicial