A Resolución do 30 de decembro de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro, establece as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta peme para fomentar a cooperación público-privada a través de proxectos de investigación e desenvolvemento en cooperación entre Pemes en áreas estratéxicas para a Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN852A).
No seu artigo 6 establécense as aplicacións orzamentarias e os importes previstos para o financiamento das devanditas subvencións, así como a posibilidade de ampliar os créditos dedicados a esta convocatoria, logo de declaración de dispoñibilidade de crédito, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, se é o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
Nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e co fin de atender as solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente.
Así mesmo, o artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, regula a modificación da distribución entre créditos orzamentarios en subvencións convocadas, establecendo que ademais das modificacións que procedan no expediente de gasto se publicarán nos mesmos medios que a convocatoria.
Unha vez constituída a Axencia Galega de Innovación, establecida no Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia número 19, do 27 de xaneiro), e no exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 deste decreto.
RESOLVO:
Artigo único.
1. Ampliar a dotación orzamentaria para a anualidade 2014 da Resolución do 30 de decembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta peme para fomentar a cooperación público-privada a través de proxectos de investigación e desenvolvemento en cooperación entre pemes en áreas estratéxicas para a Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN852A).
O importe da ampliación, ao igual que o total dos créditos da convocatoria estará cofinanciado nun 80 % polo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 01, actuación 3 e nun 20 % polo FC.
2. Na táboa seguinte detállanse os créditos definitivos:
Aplicación orzamentaria |
Crédito inicial para a anualidade 2014 |
Crédito inicial total da convocatoria |
Ampliación |
Crédito definitivo para a anualidade 2014 |
Crédito definitivo total da convocatoria |
08.A3.561A.770.0 |
5.500.000,00 |
8.000.000,00 |
3.434.756,00 |
8.934.756,00 |
11.434.756,00 |
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2014
P.A. (Resolución do 1.7.2013 da Presidencia da Axencia;
DOG núm. 136, do 18 de xullo)
Benito Fernández Rodríguez
Director da Área de Xestión