Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19915

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública sobre unha instalación de comercio por xunto de cereais, sementes, plantas, substancias fertilizantes, praguicidas, animais vivos, tabaco en rama, alimentos para o gando e materias primas mariñas.

Manuel Álvarez Lavandeira solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de comercio por xunto de cereais, sementes, plantas, substancias fertilizantes, praguicidas, animais vivos, tabaco en rama, alimentos para o gando e materias primas mariñas (peixes vivos, algas, esponxas, cunchas, etc.) (epígrafe 612.2), en r/ Diego Pazos, 102, baixo B, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, e poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 26 de marzo de 2014

José Antonio García López
Alcalde