Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2014 pola que se anuncia o procedemento aberto con pluralidade de criterios para a contratación documentalmente simplificada do servizo de auditoría de certificación de contas dos fondos Feaga-Feader do organismo pagador da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería de Facenda anuncia o procedemento aberto con pluralidade de criterios para a contratación documentalmente simplificada do servizo de auditoría de certificación de contas dos fondos Feaga-Feader do organismo pagador da Comunidade Autónoma de Galicia

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: FA05/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo de auditoría de certificación de contas dos fondos Feaga-Feader do organismo pagador da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) CPV: 79212000-3.

d) Prazo de execución: o contrato terá un prazo de vixencia de 1 ano, contado desde o día seguinte ao da sinatura do documento en que se formalice.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

• Criterios non avaliables mediante aplicación de fórmulas: ata un máximo de 50 puntos:

– Proposta metodolóxica: ata un máximo de 40 puntos.

A dita memoria constará dos seguintes puntos:

– Programa de traballo: ata 20 puntos.

– Calendario de execución: ata 10 puntos.

– Organización das tarefas do equipo de traballo: ata 10 puntos.

– Memoria proposta para o seguimento do contrato: ata un máximo de 10 puntos.

• Criterios avaliables mediante aplicación de fórmulas: ata un máximo de 50 puntos:

– Oferta económica: ata un máximo de 40 puntos.

– Equipo de traballo: ata un máximo de 10 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: cento trinta e cinco mil euros (135.000 €), IVE excluído.

b) IVE: vinte e oito mil trescentos cincuenta euros (28.350 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Control Orzamentario, Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 881 99 91 91.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20384

g) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos especificos del contratista.

A solvencia económica, financeira, técnica e profesional acreditarase segundo o establecido na cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares e nos apartados F e G da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as catorce (14.00) horas do décimo quinto (15) día natural, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións faranse públicas no perfil do contratante as convocatorias das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20384

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2014

P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda