Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 14 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se acorda deixar aberta, por un prazo de tres meses, a poxa pública para a venda dun piso na Coruña, un edificio en Ferrol e unhas parcelas en Culleredo, Coirós, Santa Comba e Cabanas.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 11 de abril de 2014 acordouse, de conformidade co artigo 72 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio, deixar aberta por un prazo de tres meses a poxa pública para a venda dos seguintes inmobles:

1. Piso primeiro dereita do inmoble sinalado co nº 56 da rúa Federico Tapia da Coruña. A superficie útil é de 117,50 m2 e linda: fronte, espazo sobre a rúa Federico Tapia; dereita, entrando, o piso primeiro dereita da mesma planta e, en parte, a caixa de escaleiras da casa; esquerda, casa de Juan Castro Mosquera; e costas, espazo sobre o patio posterior do edificio. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 151, predio 58.596. Referencia catastral: 8213002NJ4081S0004XG.

Piso primeiro esquerda do inmoble sinalado co nº 56 da rúa Federico Tapia da Coruña. A superficie útil é de 115 m2 e linda: fronte, espazo sobre a rúa Federico Tapia; dereita, entrando, edificio do Instituto Nacional de Previsión; esquerda, o piso primeiro dereita da mesma planta e, en parte, a caixa do ascensor da casa; costas, espazo sobre o patio posterior do edificio. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 157, predio 58.598. Referencia catastral: 8213002NJ4081S0005MH.

Praza de garaxe nº 6 do inmoble situado no nº 56 da rúa Federico Tapia (nº 22 segundo rexistro), constituído por un sector do soto destinado a garaxe, dunha superficie de 9,8 m2 e linda: fronte, o predio horizontal nº 1; dereita, entrada praza de garaxe nº 5; esquerda, praza de garaxe nº 7; e costas, herdeiros de Manuel García. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 163, predio 63.222.

Praza de garaxe nº 7 do inmoble situado no nº 56 da rúa Federico Tapia (nº 22 segundo rexistro), constituído por un sector do soto destinado a garaxe, dunha superficie de 9,1 m2, que linda: fronte, o predio horizontal número un; dereita, entrando, a praza de garaxe nº 6; esquerda, praza de garaxe nº 8; e costas, dos herdeiros de Manuel García. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 168, predio 63.224.

18,18 % do predio horizontal número un, que está formado por un sector da planta do soto da mesma casa nº 56, cun pequeno aseo, e pola rampla de acceso ao dito soto. Ten unha superficie de 116,62 m2 e linda: fronte, na entrada da rampla, coa rúa Federico Tapia e o resto coas prazas de garaxe nº 1, 2, 10 e 11 e o cuarto trasteiro, o departamento en que está colocado o depósito de combustible e unha parte coa parede que separa do subsolo da rúa Federico Tapia; costas, sala de instalacións e as prazas de garaxe nº 4, 5, 6, 7 e 8; dereita, entrando, a praza de garaxe nº 3; esquerda, casa de Juan Castro Mosquera. Linda, ademais, interiormente, coa praza de garaxe nº 9. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña no tomo 1.857, libro 1.857, folio 8, predio 63.210.

Prezo mínimo: 200.000 euros.

2. Casa sinalada co nº 28 da rúa Dolores da cidade de Ferrol, composta de baixo, primeiro, segundo, terceiro, ático e patio unido, de 578 m2 segundo Catastro. Linda á dereita, con casa de Victoria Carballo; á esquerda, con Pilar Carrete; ao fondo con Arsenio Lorenzo Barreiro; e fronte, coa rúa Dolores. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como predio 3.925, tomo 661, libro 128, folio 11. Segundo consta no Rexistro da Propiedade, conta cunha superficie construída de ocupación de 132,75 m2. Referencia catastral: 1949503NJ6115S0001DS.

Prezo mínimo de 147.744,25 euros.

3. Parcela nº 599, situada no lugar de Cortiñas, parroquia de Santa María de Ois, concello de Coirós (A Coruña), cunha superficie aproximada de 185 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: norte, Elvira Fraga Rivera (598) e Ángela Pato Sánchez (600); sur, camiño; leste, Ángela Pato Sánchez (600); e oeste, Elvira Fraga Rivera (598). Inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos como predio nº 6.950, tomo 1.414, libro 81 e folio 193. Referencia catastral: 1470604NH7817S0001AJ.

Prezo mínimo de 1.045,25 euros.

4. Parcela Barrosa, situada no lugar de Fontao, concello de Cabanas (A Coruña), cunha superficie aproximada de 383,5 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: norte, camiño ao lugar da Torre; sur, estrada das Pontes de García Rodríguez; leste, Emilio López Arnoso; e oeste, Emilio López Arnoso. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontedeume como predio nº 5.249, tomo 499, libro 52 e folio 91. Referencia catastral: 7882407NJ6078S0001YD.

Prezo mínimo de 2.166,78 euros.

5. Parcela nº 797, de 3.220 m2, situada no lugar da Xesteira. Adxudicada na acta de reorganización de propiedade, resultante da concentración parcelaria da zona de Fontecada (Santa Comba). Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.249, tomo 799, libro 167 e folio 23. Referencia catastral: 15078A510007970000PR.

Prezo mínimo: 805 euros.

6. Parcela urbana, pertencente á unidade de actuación urbanística UA-24, dunha superficie de 756 m2 segundo o Rexistro da Propiedade e 919 m2 segundo Catastro, situada ao oeste da súa matriz, na rúa Alcalde Domingo Sierra do concello de Culleredo, que linda: norte, comunidade de propietarios, edificio nº 19 da rúa Alcalde Domingo Sierra; sur, comunidade de propietarios, edificio nº 11 (n2-17) da rúa Alcalde Domingo Sierra; leste, rúa Alcalde Domingo Sierra, da súa situación; oeste, comunidade de propietarios, edificio nº 94 da avenida de Vilaboa. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Culleredo como predio nº 42.546, libro 681, folio 22, inscrición primeira. Referencia catastral: 0563986NH5906S0001ZM.

Prezo mínimo de 333.234 euros.

Durante o prazo de tres meses contados a partir deste anuncio, calquera interesado poderá presentar unha proposta de compra por escrito sobre calquera dos bens inmobles relacionados anteriormente e polo prezo que o interesado determine, sempre e cando iguale ou supere o mínimo fixado. A proposta de compra deberá recoller o nome, DNI, domicilio e teléfono de contacto, e deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do depósito na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia do 25 % do prezo ofrecido e, no caso de estar interesado en varios inmobles, será preciso a presentación dun xustificante por cada un dos inmobles propostos para a compra.

Poderán presentar proposicións todas as persoas que teñan capacidade para contratar e, en particular, para celebrar o contrato de compravenda segundo as normas contidas no Código civil. Non poderán participar as persoas que solicitasen ou estean declaradas en concurso, fosen declaradas insolventes en calquera procedemento, estean suxeitas a intervención xudicial ou fosen inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, así como as que incorresen nos supostos previstos na normativa sobre incompatibilidades.

Se o ofertante é unha persoa xurídica, deberá achegar para acreditar a representación da persoa asinante a escritura notarial de constitución da sociedade e de poder específico ou xeral, este último inscrito debidamente no rexistro mercantil.

A documentación deberá presentarse en sobre pechado, no Rexistro Único da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano), con indicación no seu exterior, no anverso «Venda innmobles en A Coruña, VND/2011/0058», dirixido á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 de Santiago de Compostela, e no reverso a identificación do ofertante.

Serán rexeitadas as propostas presentadas fóra de prazo, as que non alcancen o prezo mínimo fixado, as que non veñan acompañadas do xustificante da Caixa Xeral de Depósitos e aquelas con condicións ou que de forma clara non permitan determinar a oferta de compra.

Transcorrido o prazo, procederase a anunciar unha nova poxa pública e establecerase como tipo de licitación a mellor oferta presentada. Con anterioridade á poxa, procederase á devolución dos depósitos constituídos para garantir as ofertas de cantidades inferiores á que sirva de tipo para a nova poxa.

As condicións da adquisición que rexerán na cuarta poxa pública que teña lugar, de ser o caso, na cal poderá tomar parte calquera interesado aínda que non presentase ningunha solicitude dentro deste período de tres meses, serán as recollidas no prego de condicións correspondente ás poxas públicas anteriores, que estarán á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio; rúa A Pastoriza, 8, 2º andar, Santiago de Compostela.

A proposición que sirva de tipo para a poxa producirá plenos efectos, aínda que o ofertante non compareza no acto da súa realización, polo que se o ben lle fose adxudicado perderá o depósito no caso de non efectuar o pagamento do prezo total dentro do prazo de 15 días a partir da notificación de adxudicación.

No caso de que durante este prazo de tres meses se presenten ofertas económicas de igual contía e non concorra ningún propoñente nin interesado ao acto de poxa pública, a adxudicación recaerá sobre o que primeiro presentase a súa oferta, para o cal se atenderá á data de entrada no rexistro sinalado na convocatoria.

Se durante este prazo de tres meses non se presenta ningunha proposta por escrito sobre algún dos inmobles, desistirase definitivamente deste procedemento de venda e continuará o inmoble no patrimonio autonómico, agás que se presenten ofertas de compra por importe igual ou superior ao prezo de licitación da terceira poxa pública.

Poderanse visitar os inmobles, para o cal se deberá concertar cita previa.

Para máis información poderán dirixirse á Subdirección Xeral do Patrimonio. Teléfonos: 981 54 41 51 e 881 99 90 55.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2014

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda