Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20272

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 24 de abril de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de xullo de 2013 para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día 14 de maio de 2014, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, aula 5.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul. Os aspirantes serán provistos de calculadora polo tribunal, quedando prohibido o uso de calculadoras distintas ás que se lle faciliten.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal