Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20271

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da oposición.

En sesión que tivo lugar o día 24 de abril de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de xullo de 2013 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 15 de maio de 2014, na aula nº 14 da Escola Galega de Administración Pública, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul. Os aspirantes serán provistos de calculadora polo tribunal, quedando prohibido o uso de calculadoras distintas ás que se lles faciliten.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal