Faise pública a decisión do 9 de abril de 2014 de non someter a modificación puntual núm. 5 do Plan xeral de ordenación municipal, concello de Sanxenxo, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, de 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da devandita lei.
Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:
http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1629/2014.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2014
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental