Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20068

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 205/2013, do 27 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é da competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia o regulamento e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme a alínea primeira do seu artigo 81, o desenvolvan.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das modalidades formativas.

Esa lei establece que a Administración xeral do Estado, de conformidade co que se dispón no artigo 149.1, 30ª e 7ª da Constitución española, e logo da consulta ao Consello Xeral de Formación Profesional, determinará os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade que constituirán as ofertas de formación profesional referidas ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cuxos contidos poderán ampliar as administracións educativas no ámbito das súas competencias.

Establece así mesmo que os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado e serán expedidos polas administracións competentes, a educativa e a laboral respectivamente.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu capítulo III do título preliminar que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei.

No seu capítulo V do título I establece os principios xerais da formación profesional inicial e dispón que o Goberno, logo da consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional, así como os aspectos básicos do currículo de cada unha delas.

A Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable, e a Lei orgánica 4/2011, do 11 de marzo, complementaria da Lei de economía sustentable, introducen modificacións na Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, e na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, no marco legal das ensinanzas de formación profesional, que pretenden, entre outros aspectos, adecuar a oferta formativa ás demandas dos sectores produtivos.

O Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo e toma como base o Catálogo Nacional de cualificacións profesionais, as directrices fixadas pola Unión Europea e outros aspectos de interese social.

No seu artigo 8, dedicado á definición do currículo polas administracións educativas en desenvolvemento do artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as administracións educativas, no ámbito das súas competencias, establecerán os currículos correspondentes ampliando e contextualizando os contidos dos títulos á realidade socioeconómica do territorio da súa competencia, e respectando o seu perfil profesional.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, determina nos seus capítulos III e IV, dedicados ao currículo e á organización das ensinanzas, a estrutura que deben seguir os currículos e os módulos profesionais dos ciclos formativos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicado o Real decreto 1684/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística e se fixan as súas ensinanzas mínimas, de acordo co seu artigo 10.2, correspóndelle á consellería con competencias en materia de educación establecer o currículo correspondente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte o anterior, este decreto desenvolve o currículo do ciclo formativo de formación profesional de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística. Este currículo adapta a nova titulación ao campo profesional e de traballo da realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo canto á especialización e polivalencia, e posibilita unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura.

Para estes efectos, e de acordo co establecido no citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, determínase a identificación do título, o seu perfil profesional, o contorno profesional, a prospectiva do título no sector ou nos sectores, as ensinanzas do ciclo formativo, a correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención, así como os parámetros do contexto formativo para cada módulo profesional no que se refire a espazos, equipamentos, titulacións e especialidades do profesorado, e as súas equivalencias para efectos de docencia.

Así mesmo, determínanse os accesos a outros estudos, as modalidades e as materias de bacharelato que facilitan a conexión co ciclo formativo, as validacións, exencións e equivalencias e a información sobre os requisitos necesarios segundo a lexislación vixente para o exercicio profesional, cando proceda.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta o perfil profesional do título a través dos obxectivos xerais que o alumnado debe alcanzar ao finalizar o ciclo formativo e os obxectivos propios de cada módulo profesional, expresados a través dunha serie de resultados de aprendizaxe, entendidos como as competencias que deben adquirir os alumnos e as alumnas nun contexto de aprendizaxe, que lles permitirán conseguir os logros profesionais necesarios para desenvolver as súas funcións con éxito no mundo laboral.

Asociada a cada resultado de aprendizaxe establécese unha serie de contidos de tipo conceptual, procedemental e actitudinal redactados de xeito integrado, que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para lograr as competencias profesionais, persoais e sociais propias do perfil do título.

Neste sentido, a inclusión do módulo de Formación en centros de traballo posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades de produción e/ou de servizos, que non terán carácter laboral, en situacións reais de traballo no contorno produtivo do centro, de acordo coas exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional.

O módulo de proxecto que se inclúe no ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística permitirá integrar de forma global os aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaran no resto dos módulos profesionais, con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial.

A formación relativa á prevención de riscos laborais dentro do módulo de Formación e orientación laboral aumenta a empregabilidade do alumnado que supere estas ensinanzas e facilita a súa incorporación ao mundo do traballo, ao capacitalo para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

De acordo co artigo 10 do citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establécese a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración, coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida, respectando, en todo caso, a necesaria coherencia da formación asociada a cada unha delas.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, conforme os ditames do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de decembro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Capítulo I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística, establecido polo Real decreto 1684/2011, do 18 de novembro.

Capítulo II
Identificación do título, perfil profesional, contorno profesional
e prospectiva do título no sector ou nos sectores

Artigo 2. Identificación

O título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística identifícase polos seguintes elementos:

– Denominación: Animación Sociocultural e Turística.

– Nivel: formación profesional de grao superior.

– Duración: 2.000 horas.

– Familia profesional: servizos socioculturais e á comunidade.

– Referente europeo: CINE-5b (Clasificación internacional normalizada da educación).

Artigo 3. Perfil profesional do título

O perfil profesional do título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística determínase pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, así como pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título.

Artigo 4. Competencia xeral

A competencia xeral do título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística consiste en programar, organizar, pór en práctica e avaliar intervencións de animación sociocultural e turística, promovendo a participación activa das persoas e dos grupos destinatarios e coordinando as actuacións de profesionais e persoal voluntario ao seu cargo.

Artigo 5. Competencias profesionais, persoais e sociais

As competencias profesionais, persoais e sociais do título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística son as que se relacionan:

a) Obter información utilizando recursos, estratexias e instrumentos de análise da realidade, co fin de adecuar a intervención sociocultural ás necesidades das persoas destinatarias e ao contexto.

b) Elaborar proxectos de intervención sociocultural a partir da información obtida do contexto e das persoas destinatarias, incorporando a toma en consideración das diferenzas sexuais.

c) Dirixir a posta en práctica de proxectos de intervención sociocultural, coordinando as actuacións de profesionais e persoal voluntario ao seu cargo, supervisando a realización das actividades con criterios de calidade e facilitando o traballo en equipo.

d) Deseñar espazos, estratexias e materiais de promoción e difusión de proxectos de intervención sociocultural e aplicar os avances tecnolóxicos do ámbito da comunicación.

e) Organizar departamentos, programas e actividades de animación sociocultural e turística e xestionar a documentación, os recursos, o financiamento e o control do orzamento asignado.

f) Crear, dinamizar e supervisar equipos de monitores e monitoras en proxectos de intervención sociocultural e organizalos en función das actividades.

g) Deseñar, pór en práctica e avaliar actividades lúdicas, culturais e físico-recreativas, seleccionar as estratexias metodolóxicas, organizar os recursos e manexar os equipamentos e os medios técnicos necesarios para o seu desenvolvemento.

h) Proporcionar apoio técnico, documental e loxístico para a constitución e o funcionamento de grupos e asociacións, capacitar as persoas participantes para a autoxestión e facilitar as relacións entre os axentes sociais.

i) Organizar e xestionar os servizos de información xuvenil e realizar actividades de orientación, información e dinamización que atendan as necesidades e as demandas das persoas deste sector de poboación.

j) Deseñar, pór en práctica e avaliar actividades socioeducativas dirixidas á poboación xuvenil, favorecendo a igualdade de oportunidades e aplicando os principios da educación non formal.

k) Dinamizar grupos, aplicando técnicas participativas e de dinamización, xestionando os conflitos e promovendo o respecto e a solidariedade.

l) Aplicar os protocolos establecidos en materia de primeiros auxilios en situacións de accidente ou emerxencia.

m) Realizar o control e o seguimento da intervención con actitude autocrítica, aplicando criterios de calidade e procedementos de retroalimentación, para corrixir as desviacións detectadas.

n) Dar resposta a posibles solicitudes, suxestións e reclamacións para cumprir as súas expectativas e lograr a súa satisfacción, con capacidade para usar unha lingua estranxeira.

ñ) Adaptarse ás novas situacións laborais mantendo actualizados os coñecementos científicos, técnicos e tecnolóxicos relativos ao seu ámbito profesional, xestionando a súa formación e os recursos existentes na aprendizaxe ao longo da vida e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

o) Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo.

p) Organizar e coordinar equipos de traballo con responsabilidade e supervisar o seu desenvolvemento, mantendo relacións fluídas, asumindo o liderado e achegando solucións aos conflitos grupais que se presenten.

q) Comunicarse con iguais, superiores, clientela e persoas baixo a súa responsabilidade, utilizando vías eficaces de comunicación, transmitindo a información e os coñecementos adecuados e respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no ámbito do seu traballo.

r) Xerar ámbitos seguros no desenvolvemento do seu traballo e no do seu equipo, supervisar e aplicar os procedementos de prevención de riscos laborais e ambientais, de acordo co establecido pola normativa e cos obxectivos da empresa.

s) Supervisar e aplicar procedementos de xestión da calidade e da accesibilidade e do deseño universais nas actividades profesionais incluídas nos procesos de produción ou prestación de servizos.

t) Realizar a xestión básica para a creación e o funcionamento dunha pequena empresa e ter iniciativa na súa actividade profesional, con sentido da responsabilidade social.

u) Exercer os seus dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade profesional, de acordo co establecido na lexislación, participando activamente na vida económica, social e cultural.

Artigo 6. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título

1. Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Dinamización comunitaria, SSC321_3 (Real decreto 1368/2007, do 19 de outubro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1020_3: establecer e manter relación cos principais axentes comunitarios (poboación, técnico/a e administracións), dinamizando a relación recíproca entre eles.

– UC1021_3: promover a participación cidadá nos proxectos e nos recursos comunitarios.

– UC1022_3: dinamizar a planificación, o desenvolvemento e a avaliación de intervencións e proxectos comunitarios e de participación cidadá que se desenvolvan entre os axentes que configuran unha comunidade ou unha zona territorial.

– UC1023_3: intervir, apoiar e acompañar na creación e no desenvolvemento do tecido asociativo.

– UC1024_3: establecer estratexias de comunicación e difusión dos proxectos e das actuacións comunitarias.

– UC1025_3: aplicar procesos e técnicas de mediación na xestión de conflitos entre axentes comunitarios.

– UC1026_3: incorporar a perspectiva de xénero nos proxectos de intervención social.

b) Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, SSC565_3 (Real decreto 567/2011, do 20 de abril), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1867_2: actuar en procesos grupais considerando o comportamento e as características evolutivas da infancia e da xuventude.

– UC1868_2: empregar técnicas e recursos educativos de animación no tempo libre.

– UC1869_3: planificar, organizar, xestionar e avaliar proxectos de tempo libre educativo.

– UC1870_3: xerar equipos de persoal monitor, dinamizalos e supervisalos en proxectos educativos de tempo libre infantil e xuvenil.

c) Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais, SSC445_3 (Real decreto 1096/2011, do 22 de xullo), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1431_3: programar, desenvolver e avaliar as programacións culturais realizadas polas persoas responsables de cultura.

– UC1432_3: programar e dinamizar proxectos de animación cultural coas redes asociativas culturais.

– UC1433_3: desenvolver accións de comunicación e márketing cultural.

d) Información xuvenil, SSC567_3 (Real decreto 567/2011, do 20 de abril), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1874_3: organizar e xestionar servizos de información de interese para a xuventude.

– UC1875_3: organizar e xestionar accións de dinamización da información para a xuventude.

– UC1023_3: intervir, apoiar e acompañar na creación e no desenvolvemento do tecido asociativo.

– UC1876_3: organizar accións socioeducativas dirixidas á xuventude no marco da educación non formal.

2. Cualificacións profesionais incompletas:

Animación turística, HOT329_3 (Real decreto 1700/2007, do 14 de decembro):

– UC1091_3: xestionar departamentos de animación turística.

– UC1092_3: deseñar, promover e avaliar proxectos de animación turística.

– UC1093_3: crear e dinamizar grupos en situacións de lecer.

Artigo 7. Contorno profesional

1. As persoas que obteñan o título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística exercerán a súa actividade no sector dos servizos á comunidade (desenvolvemento comunitario e información xuvenil), no sector dos servizos culturais (lectura e información, tecnoloxías da información e da comunicación, etc.) e de recursos e produtos culturais diversos, e nos sectores de servizos turísticos e de lecer e tempo libre (actividades lúdicas e deportivas, ambientais e de aire libre).

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

– Coordinador/ora de tempo libre educativo infantil e xuvenil.

– Director/ora de tempo libre educativo infantil e xuvenil.

– Responsable de proxectos de tempo libre educativo infantil e xuvenil.

– Coordinador/ora ou director/ora de campamentos, albergues de xuventude, casas de colonias, granxas-escola e aulas de casas de xuventude e escolas de natureza.

– Monitor/ora de tempo libre.

– Animador/ora sociocultural.

– Dinamizador/ora comunitario/a.

– Asesor/ora para o sector asociativo.

– Técnico/a comunitario/a.

– Xestor/ora de asociacións.

– Técnico/a de servizos culturais.

– Animador/ora cultural.

– Informador/ora xuvenil.

– Animador/ora de hotel.

– Animador/ora de veladas e espectáculos.

– Animador/ora de actividades recreativas ao aire libre en complexos turísticos.

– Xefe/a de departamento en animación turística.

Artigo 8. Prospectiva do título no sector ou nos sectores

1. A empregabilidade do título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística vén avalada polo amplo número de sectores profesionais en que desenvolve a súa actividade e que abranguen desde os servizos á comunidade –a través do desenvolvemento comunitario e a información xuvenil– aos servizos culturais e turísticos e de lecer e tempo libre.

2. A incorporación de actividades profesionais xeradas en novos sectores, como a animación xerontolóxica, aumentará considerablemente as posibilidades de inserción laboral das persoas con esta titulación.

3. A expansión das posibilidades que ofrece a rede para a información e a comunicación fai necesarias intervencións que promovan un uso responsable destes medios por parte da xuventude, polo que o maior peso da formación relacionada coa información xuvenil e a intervención socioeducativa con este sector da poboación redundará tamén nunha maior empregabilidade.

4. Tamén constitúen campos de inserción laboral emerxentes os relacionados coa animación á lectura e a difusión das tecnoloxías da información e da comunicación.

5. Finalmente, a empregabilidade das persoas con esta titulación aumenta considerablemente, porque a formación do título se dirixe tanto ao persoal monitor de tempo libre como ao de dirección de actividades de lecer e tempo libre, exixidos polas administracións das comunidades autónomas.

Capítulo III
Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros básicos de contexto

Artigo 9. Obxectivos xerais

Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística son os seguintes:

a) Seleccionar recursos, estratexias e instrumentos de análise da realidade e analizar as súas características, as súas posibilidades e as súas limitacións, para obter información acerca das necesidades das persoas destinatarias e do contexto de intervención.

b) Aplicar procedementos de planificación, tendo en conta a relación entre os seus elementos e a información obtida da análise da realidade, para elaborar proxectos de intervención sociocultural.

c) Interpretar o marco legal e social da igualdade de oportunidades, identificar criterios, estratexias e instrumentos, para incorporar a perspectiva de xénero aos proxectos de intervención sociocultural.

d) Analizar as competencias requiridas aos membros do equipo de traballo, así como o contexto de intervención e os criterios de calidade establecidos, para dirixir, coordinar e supervisar a posta en práctica de proxectos de intervención.

e) Seleccionar espazos, estratexias e materiais e analizar as posibilidades dos avances tecnolóxicos do ámbito da comunicación, para deseñar a promoción e a difusión dos proxectos de intervención.

f) Aplicar técnicas de xestión analizando os recursos necesarios, as fontes de financiamento e a documentación asociada ao control orzamentario, para organizar departamentos, programas e actividades de animación sociocultural e turística.

g) Seleccionar técnicas de grupo, logo de analizar as súas posibilidades de aplicación para crear, dinamizar e supervisar equipos de persoal monitor.

h) Analizar as características e a composición do equipo de traballo en relación coas actividades que cumpra realizar, para establecer a súa estrutura organizativa e funcional.

i) Seleccionar recursos e estratexias metodolóxicas e analizar os obxectivos da intervención e as características do contexto e das persoas destinatarias, para deseñar, pór en práctica e avaliar actividades lúdicas, culturais e físico-recreativas.

j) Manexar equipamentos básicos de iluminación e son, así como os medios e os recursos informáticos, audiovisuais e técnicos necesarios para o desenvolvemento das actividades socioculturais e turísticas.

k) Interpretar os procesos e as estratexias do desenvolvemento comunitario, analizando o marco legal e os recursos dispoñibles, para proporcionar apoio técnico, documental e loxístico aos axentes sociais e facilitar as súas relacións e a autoxestión.

l) Analizar a finalidade e as funcións dos servizos de información xuvenil para organizar e xestionar o servizo e realizar actividades de orientación, información e dinamización.

m) Seleccionar estratexias, técnicas, instrumentos e recursos e analizar os principios da educación non formal, para deseñar, pór en práctica e avaliar actividades de intervención socioeducativa dirixidas á poboación xuvenil.

n) Seleccionar técnicas participativas e de dinamización e analizar as posibles fontes de conflito, para dinamizar grupos promovendo o respecto e a solidariedade.

ñ) Describir os protocolos de actuación en caso de accidente ou emerxencia e seleccionar as técnicas adecuadas para aplicar primeiros auxilios.

o) Seleccionar técnicas e instrumentos de avaliación e analizar os criterios e os indicadores de calidade establecidos na planificación e a documentación asociada ao proceso, para realizar o control, o seguimento e a retroalimentación da intervención.

p) Analizar protocolos de actuación ante posibles demandas da clientela, identificando as características de cada caso, para dar resposta a posibles solicitudes, suxestións e reclamacións, con capacidade para utilizar unha lingua estranxeira.

q) Analizar e utilizar as oportunidades e os recursos de aprendizaxe relacionados coa evolución científica, tecnolóxica e organizativa do sector e as tecnoloxías da información e a comunicación, para manter o espírito de actualización e adaptarse a novas situacións laborais e persoais.

r) Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presentan nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal.

s) Tomar decisións de xeito fundamentado, analizando as variables implicadas, integrando saberes de distinto ámbito e aceptando os riscos e a posibilidade de equivocación, para afrontar e resolver situacións, problemas ou continxencias.

t) Desenvolver técnicas de liderado, motivación, supervisión e comunicación en contextos de traballo en grupo, para facilitar a organización e a coordinación de equipos de traballo.

u) Aplicar estratexias e técnicas de comunicación adaptándose aos contidos que se vaian transmitir, á finalidade e ás características das persoas receptoras, para asegurar a eficacia nos procesos de comunicación.

v) Avaliar situacións de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, propondo e aplicando medidas de prevención persoais e colectivas de acordo coa normativa aplicable nos procesos do traballo, para garantir ámbitos seguros.

w) Identificar e propor as accións profesionais necesarias para dar resposta á accesibilidade e ao deseño universais.

x) Identificar e aplicar parámetros de calidade nas actividades e nos traballos realizados no proceso de aprendizaxe, para valorar a cultura da avaliación e da calidade e ser quen de supervisar e mellorar procedementos de xestión da calidade.

y) Utilizar procedementos relacionados coa cultura emprendedora, empresarial e de iniciativa profesional, para realizar a xestión básica dunha pequena empresa ou emprender un traballo.

z) Recoñecer os dereitos e os deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

aa) Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes.

Artigo 10. Módulos profesionais

Os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística, que se desenvolven no anexo I, son os que se relacionan:

– MP0020. Primeiros auxilios.

– MP0179. Inglés.

– MP0344. Metodoloxía da intervención social.

– MP1123. Actividades de lecer e tempo libre.

– MP1124. Dinamización grupal.

– MP1125. Animación e xestión cultural.

– MP1126. Animación turística.

– MP1128. Desenvolvemento comunitario.

– MP1129. Información xuvenil.

– MP1130. Intervención socioeducativa con xente nova.

– MP1131. Contexto da animación sociocultural.

– MP1132. Proxecto de Animación Sociocultural e Turística.

– MP1133. Formación e orientación laboral.

– MP1134. Empresa e iniciativa emprendedora.

– MP1135. Formación en centros de traballo.

Artigo 11. Espazos e equipamentos

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística son os establecidos no anexo II.

2. Os espazos formativos establecidos respectarán a normativa sobre prevención de riscos laborais, a normativa sobre seguridade e saúde no posto de traballo e cantas outras normas sexan de aplicación.

3. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado que curse o mesmo ou outros ciclos formativos, ou etapas educativas.

4. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

5. A cantidade e as características dos equipamentos que se inclúen en cada espazo deberá estar en función do número de alumnos e alumnas e serán os necesarios e suficientes para garantir a calidade do ensino e a adquisición dos resultados de aprendizaxe.

6. O equipamento disporá da instalación necesaria para o seu correcto funcionamento, cumprirá as normas de seguridade e prevención de riscos e cantas outras sexan de aplicación, e respectaranse os espazos ou as superficies de seguridade que exixan as máquinas en funcionamento.

Artigo 12. Profesorado

1. A docencia dos módulos profesionais que constitúen as ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística correspóndelle ao profesorado do corpo de catedráticos e catedráticas de ensino secundario, do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional, segundo proceda, das especialidades establecidas no anexo III A).

2. As titulacións requiridas para acceder aos corpos docentes citados son, con carácter xeral, as establecidas no artigo 13 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da dita lei. As titulacións equivalentes ás anteriores para efectos de docencia, para as especialidades do profesorado, son as recollidas no anexo III B).

3. O profesorado especialista terá atribuída a competencia docente dos módulos profesionais especificados no anexo III A).

4. O profesorado especialista deberá cumprir os requisitos xerais exixidos para o ingreso na función pública docente establecidos no artigo 12 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da dita lei.

5. Ademais, co fin de garantir que responda ás necesidades dos procesos involucrados no módulo profesional, cómpre que o profesorado especialista acredite no comezo de cada nomeamento unha experiencia profesional recoñecida no campo laboral correspondente, debidamente actualizada, con polo menos dous anos de exercicio profesional nos catro anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

6. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que formen o título, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas, concrétanse no anexo III C).

A consellería con competencias en materia de educación establecerá un procedemento de habilitación para exercer a docencia, no cal se exixirá o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

– Que as ensinanzas conducentes ás titulacións citadas engloben os obxectivos dos módulos profesionais.

– Se os ditos obxectivos non estivesen incluídos, ademais da titulación, deberá acreditarse mediante certificación unha experiencia laboral de, polo menos, tres anos no sector vinculado á familia profesional realizando actividades produtivas en empresas relacionadas implicitamente cos resultados de aprendizaxe.

Capítulo IV
Accesos e vinculación a outros estudos e correspondencia de módulos profesionais coas unidades de competencia

Artigo 13. Preferencias para o acceso ao ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística en relación coas modalidades e as materias de bacharelato cursadas

Terá preferencia para acceder ao ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística o alumnado que cursara a modalidade de bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais.

Artigo 14. Acceso e vinculación a outros estudos

1. O título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de admisión que se establezan.

2. O título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.

3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre o título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística.

Artigo 15. Validacións e exencións

1. As validacións de módulos profesionais dos títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, cos módulos profesionais do título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística, establécense no anexo IV.

2. As persoas que tiveran superado o módulo profesional de Formación e orientación laboral, ou o módulo profesional de Empresa e iniciativa emprendedora, en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terán validados estes módulos en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.

3. As persoas que obtiveran a acreditación de todas as unidades de competencia incluídas no título, mediante o procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, poderán validar o módulo de Formación e orientación laboral sempre que:

– Acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral.

– Estean en posesión da acreditación da formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

4. De acordo co establecido no artigo 39 do Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, poderá determinarse a exención total ou parcial do módulo profesional de Formación en centros de traballo pola súa correspondencia coa experiencia laboral, sempre que se acredite unha experiencia relacionada co ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística nos termos previstos no devandito artigo.

Artigo 16. Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención

1. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos profesionais que forman as ensinanzas do título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística para a súa validación ou exención queda determinada no anexo V A).

2. A correspondencia dos módulos profesionais que forman as ensinanzas do título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo V B).

Capítulo V
Organización da impartición

Artigo 17. Distribución horaria

Os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística organizaranse polo réxime ordinario segundo se establece no anexo VI.

Artigo 18. Unidades formativas

1. Consonte o artigo 10 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional no sistema educativo de Galicia, e coa finalidade de promover a formación ao longo da vida e servir de referente para a súa impartición, establécese no anexo VII a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

2. A consellería con competencias en materia de educación determinará os efectos académicos da división dos módulos profesionais en unidades formativas.

Artigo 19. Módulo de proxecto

1. O módulo de proxecto incluído no currículo do ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística ten por finalidade a integración efectiva dos aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaran no resto dos módulos profesionais, xunto con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial. Organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva. A atribución docente será a cargo do profesorado que imparta docencia no ciclo formativo.

2. Desenvolverase logo da avaliación positiva de todos os módulos profesionais de formación no centro educativo, coincidindo coa realización dunha parte do módulo profesional de Formación en centros de traballo e avaliarase logo de cursado este, co obxecto de posibilitar a incorporación das competencias adquiridas nel.

Disposición adicional primeira. Oferta nas modalidades semipresencial e a distancia do título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística

A impartición das ensinanzas dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística nas modalidades semipresencial ou a distancia, que se ofrecerán unicamente polo réxime para as persoas adultas, requirirá a autorización previa da consellería con competencias en materia de educación, conforme o procedemento que se estableza, e garantirá que o alumnado poida conseguir os resultados de aprendizaxe destes, de acordo co disposto neste decreto.

Disposición adicional segunda. Titulacións equivalentes e vinculación coas capacitacións profesionais

1. Os títulos que se relacionan a continuación terán os mesmos efectos profesionais e académicos que o título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística, establecido no Real decreto 1684/2011, do 18 de novembro, cuxo currículo para Galicia se desenvolve neste decreto:

– Título de técnico especialista en Actividades Socioculturais, rama administrativa e comercial, da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.

– Título de técnico especialista en Axencias de Viaxe, rama de hostalaría e turismo, da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.

– Título de técnico superior en Animación Sociocultural establecido polo Real decreto 2058/1995, do 22 de decembro, cuxo currículo para Galicia foi establecido polo Decreto 331/2005, do 28 de xullo.

– Título de técnico superior en Animación Turística establecido polo Real decreto 274/2000, do 25 de febreiro.

2. A formación establecida neste decreto no módulo profesional de Formación e orientación laboral capacita para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención.

3. A formación establecida no presente decreto, nos seus módulos profesionais, garante o nivel de coñecemento exixido nos diplomas de director/ora e coordinador/ora de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, para os efectos de cumprir os requisitos de titulación exixidos nas comunidades autónomas para o desempeño profesional nas actividades de tempo libre.

Disposición adicional terceira. Regulación do exercicio da profesión

1. Os elementos recollidos neste decreto non constitúen regulación do exercicio de ningunha profesión regulada.

2. Así mesmo, as equivalencias de titulacións académicas establecidas no punto 1 da disposición adicional segunda entenderanse sen prexuízo do cumprimento das disposicións que habilitan para o exercicio das profesións reguladas.

Disposición adicional cuarta. Accesibilidade universal nas ensinanzas do título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística

1. A consellería con competencias en materia de educación garantirá que o alumnado poida acceder e cursar o ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística nas condicións establecidas na disposición derradeira décima da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

2. As programacións didácticas que desenvolvan o currículo establecido neste decreto deberán ter en conta o principio de deseño universal. Para tal efecto, recollerán as medidas necesarias co fin de que o alumnado poida conseguir a competencia xeral do título, expresada a través das competencias profesionais, persoais e sociais, así como os resultados de aprendizaxe de cada un dos módulos profesionais.

3. En calquera caso, estas medidas non poderán afectar de forma significativa a consecución dos resultados de aprendizaxe previstos para cada un dos módulos profesionais.

Disposición adicional quinta. Autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas reguladas neste decreto

A autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística exixirá que desde o inicio do curso escolar se cumpran os requisitos de profesorado, espazos e equipamentos regulados neste decreto.

Disposición adicional sexta. Desenvolvemento do currículo

1. O currículo establecido neste decreto require un posterior desenvolvemento a través das programacións didácticas elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo, consonte o establecido no artigo 34 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Estas programacións concretarán e adaptarán o currículo ao contorno socioeconómico do centro, tomando como referencia o perfil profesional do ciclo formativo a través dos seus obxectivos xerais e dos resultados de aprendizaxe establecidos para cada módulo profesional.

2. Os centros educativos desenvolverán este currículo de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Disposición transitoria única. Centros privados con autorización para impartir os ciclos formativos de grao superior correspondentes aos títulos de técnico superior en Animación Sociocultural e de técnico superior en Animación Turística, ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro

A autorización concedida aos centros educativos de titularidade privada para impartir as ensinanzas dos títulos establecidos no artigo 1.2 do Real decreto 1684/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística, entenderase referida ás ensinanzas reguladas neste decreto.

Disposición derrogatoria única. Derrogación de normas

Queda derrogado o Decreto 331/2005, do 28 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Animación Sociocultural, e todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto, sen prexuízo do establecido na disposición derradeira primeira.

Disposición derradeira primeira. Implantación das ensinanzas recollidas neste decreto

1. No curso 2014-2015 implantarase o primeiro curso polo réxime ordinario e deixará de impartirse o primeiro curso das ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 331/2005, do 28 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Animación Sociocultural, e o primeiro curso das ensinanzas do título a que se fai referencia no Real decreto 274/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece o título de técnico superior en Animación Turística.

2. No curso 2015-2016 implantarase o segundo curso polo réxime ordinario e deixará de impartirse o segundo curso das ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 331/2005, do 28 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Animación Sociocultural, e o segundo curso das ensinanzas do título a que se fai referencia no Real decreto 274/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece o título de técnico superior en Animación Turística.

3. No curso 2014-2015 implantaranse as ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime para as persoas adultas.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento normativo

1. Autorízase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

2. Autorízase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para modificar o anexo II B), relativo a equipamentos, cando por razóns de obsolescencia ou actualización tecnolóxica así se xustifique.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e sete de decembro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

1. Anexo I. Módulos profesionais.

1.1. Módulo profesional: Primeiros auxilios.

• Equivalencia en créditos ECTS: 3.

• Código: MP0020.

• Duración: 53 horas.

1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Realiza a valoración inicial da asistencia nunha urxencia e describe os riscos, os recursos dispoñibles e o tipo de axuda necesaria.

– CA1.1. Asegurouse a zona segundo o procedemento oportuno.

– CA1.2. Identificáronse as técnicas de autoprotección na manipulación de persoas accidentadas.

– CA1.3. Describiuse o contido mínimo dunha caixa de urxencias e as indicacións dos produtos e dos medicamentos.

– CA1.4. Establecéronse as prioridades de actuación en múltiples vítimas.

– CA1.5. Describíronse os procedementos para verificar a permeabilidade das vías aéreas.

– CA1.6. Identificáronse as condicións de funcionamento adecuadas da ventilación e da oxixenación.

– CA1.7. Describíronse e executáronse os procedementos de actuación en caso de hemorraxia.

– CA1.8. Describíronse procedementos para comprobar o nivel de consciencia.

– CA1.9. Tomáronse as constantes vitais.

– CA1.10. Identificouse a secuencia de actuación segundo o protocolo establecido polo comité de coordinación internacional sobre a reanimación (Ilcor).

• RA2. Aplica e describe as técnicas de soporte vital básico en relación co obxectivo perseguido.

– CA2.1. Describíronse os fundamentos da reanimación cardiopulmonar.

– CA2.2. Aplicáronse técnicas de apertura da vía aérea.

– CA2.3. Aplicáronse técnicas de soporte ventilatorio e circulatorio.

– CA2.4. Realizouse desfibrilación externa semiautomática (DEA).

– CA2.5. Aplicáronse medidas posreanimación.

– CA2.6. Indicáronse as lesións, as patoloxías o os traumatismos máis frecuentes.

– CA2.7. Describiuse a valoración primaria e secundaria da persoa accidentada.

– CA2.8. Aplicáronse primeiros auxilios ante lesións por axentes físicos, químicos e biolóxicos.

– CA2.9. Aplicáronse primeiros auxilios ante patoloxías orgánicas de urxencia.

– CA2.10. Especificáronse casos ou circunstancias en que non se deba intervir.

• RA3. Aplica procedementos de inmobilización e mobilización de vítimas e selecciona os medios materiais e as técnicas.

– CA3.1. Efectuáronse as manobras necesarias para acceder á vítima.

– CA3.2. Identificáronse os medios materiais de inmobilización e de mobilización.

– CA3.3. Caracterizáronse as medidas posturais ante unha persoa lesionada.

– CA3.4. Describíronse as repercusións dunha mobilización e dun traslado inadecuados.

– CA3.5. Confeccionáronse sistemas para a inmobilización e a mobilización de persoas doentes ou accidentadas con materiais convencionais e inespecíficos, ou medios de fortuna.

– CA3.6. Aplicáronse normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

• RA4. Aplícalles técnicas de apoio psicolóxico e de autocontrol á persoa accidentada e ás acompañantes e describe as estratexias de comunicación aplicadas.

– CA4.1. Describíronse as estratexias básicas de comunicación coa persoa accidentada e coas acompañantes.

– CA4.2. Detectáronse as necesidades psicolóxicas da persoa accidentada.

– CA4.3. Aplicáronse técnicas básicas de soporte psicolóxico para mellorar o estado emocional da persoa accidentada.

– CA4.4. Valorouse a importancia de lle infundir confianza e optimismo á persoa accidentada durante toda a actuación.

– CA4.5. Identificáronse os factores que predispoñen á ansiedade nas situacións de accidente, emerxencia e dó.

– CA4.6. Especificáronse as técnicas para controlar unha situación de dó, ansiedade, angustia ou agresividade.

– CA4.7. Especificáronse as técnicas para superar psicoloxicamente o fracaso na prestación do auxilio.

– CA4.8. Valorouse a importancia do autocontrol ante situacións de estrés.

1.1.2. Contidos básicos.

BC1. Valoración inicial da asistencia en urxencia.

• Sistemas de emerxencias.

• Obxectivos e límites dos primeiros auxilios.

• Marco legal, responsabilidade e ética profesional.

• Tipos de accidentes e as súas consecuencias.

• Signos de compromiso vital en persoas adultas, en nenos e nenas e en lactantes.

• Métodos e materiais de protección da zona.

• Medidas de autoprotección.

• Caixa de primeiros auxilios.

• Prioridades de actuación en múltiples vítimas. Métodos de triaxe simple.

• Signos e síntomas de urxencia.

• Valoración do nivel de consciencia.

• Toma de constantes vitais.

• Protocolos de exploración.

• Terminoloxía médico-sanitaria en primeiros auxilios.

• Protocolo de transmisión da información.

BC2. Aplicación de técnicas de soporte vital.

• Control da permeabilidade das vías aéreas.

• Reanimación cardiopulmonar básica.

• Desfibrilación externa semiautomática (DEA).

• Valoración da persoa accidentada.

• Atención inicial en lesións por axentes físicos (traumatismos, calor ou frío, electricidade e radiacións).

• Atención inicial en lesións por axentes químicos e biolóxicos.

• Atención inicial en patoloxía orgánica de urxencia.

• Actuación limitada ao marco das súas competencias.

BC3. Aplicación de procedementos de inmobilización e mobilización.

• Avaliación da necesidade de traslado.

• Posicións de seguridade e espera.

• Técnicas de inmobilización.

• Técnicas de mobilización.

• Confección de padiolas e materiais de inmobilización.

BC4. Aplicación de técnicas de apoio psicolóxico e de autocontrol.

• Estratexias básicas de comunicación.

• Valoración do papel do primeiro interveniente.

• Técnicas facilitadoras da comunicación interpersoal.

• Factores que predispoñen á ansiedade en situacións de accidente ou emerxencia.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de prevención e seguridade.

Esta función abrangue aspectos como a aplicación de primeiros auxilios e a xeración de ámbitos seguros.

As aprendizaxes realizadas neste módulo son de aplicación nos sectores de servizos educativos, culturais, de lecer e tempo libre e servizos ás persoas e á comunidade.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais ñ), o), p), q), r), s) e v) do ciclo formativo e as competencias l), m), n), ñ), o), p) e r).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas:

– Coa valoración inicial de persoas accidentadas e a selección das técnicas oportunas de primeiros auxilios.

– Coa correcta aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

– Coa correcta aplicación das técnicas de soporte vital.

– Coa aplicación de estratexias de comunicación adecuadas para o apoio psicolóxico a persoas accidentadas e familiares.

1.2. Módulo profesional: Inglés.

• Equivalencia en créditos ECTS: 7.

• Código: MP0179.

• Duración: 160 horas.

1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece información profesional e cotiá contida en discursos orais emitidos por calquera medio de comunicación en lingua estándar e interpreta con precisión o contido da mensaxe.

– CA1.1. Identificouse a idea principal da mensaxe.

– CA1.2. Recoñeceuse a finalidade de mensaxes radiofónicas e doutro material gravado ou retransmitido pronunciado en lingua estándar e identificouse o estado de ánimo e o ton da persoa falante.

– CA1.3. Extraeuse información de gravacións en lingua estándar relacionadas coa vida social, profesional ou académica.

– CA1.4. Identificáronse os puntos de vista e as actitudes da persoa falante.

– CA1.5. Identificáronse as ideas principais de declaracións e de mensaxes sobre temas concretos e abstractos, en lingua estándar e cun ritmo normal.

– CA1.6. Comprendeuse con todo detalle o que se di en lingua estándar, mesmo nun ambiente con ruído de fondo.

– CA1.7. Extraéronse as ideas principais de conferencias, charlas e informes e doutros xeitos de presentación académica e profesional lingüisticamente complexos.

– CA1.8. Tomouse conciencia da importancia de comprender globalmente unha mensaxe, mesmo sen entender todos os seus elementos.

• RA2. Interpreta información profesional contida en textos escritos complexos e analiza comprensivamente os seus contidos.

– CA2.1. Léronse cun alto grao de independencia textos de diverso tipo, adaptando o estilo e a velocidade da lectura ás finalidades, e utilizáronse fontes de referencia acaídas de xeito selectivo.

– CA2.2. Interpretouse a correspondencia relativa á súa especialidade e captouse doadamente o significado esencial.

– CA2.3. Interpretáronse con todo detalle textos extensos e de relativa complexidade relacionados ou non coa súa especialidade, con posibilidade de volver ler as seccións difíciles.

– CA2.4. Relacionouse o texto co ámbito do sector a que se refira.

– CA2.5. Identificouse con rapidez o contido e a importancia de noticias, artigos e informes sobre unha ampla serie de temas profesionais, e decidiuse sobre a opor-tunidade dunha análise máis fonda.

– CA2.6. Realizáronse traducións de textos complexos utilizando material de apoio, en caso necesario.

– CA2.7. Interpretáronse mensaxes técnicas recibidas a través de soportes telemáticos (correo electrónico, fax, etc.).

– CA2.8. Interpretáronse instrucións extensas e complexas que estean dentro da súa especialidade.

• RA3. Emite mensaxes orais claras e ben estruturadas e analiza o contido da situación, adaptándose ao rexistro lingüístico da persoa interlocutora.

– CA3.1. Identificáronse os rexistros utilizados para a emisión da mensaxe.

– CA3.2. Expresouse con fluidez, precisión e eficacia sobre unha ampla serie de temas xerais, académicos, profesionais ou de lecer, marcando con claridade a rela-ción entre as ideas.

– CA3.3. Comunicouse espontaneamente e adoptouse un nivel de formalidade adecuado ás circunstancias.

– CA3.4. Utilizáronse normas de protocolo en presentacións formais e informais.

– CA3.5. Utilizouse correctamente a terminoloxía da profesión.

– CA3.6. Expresáronse e defendéronse con claridade puntos de vista e achegáronse explicacións e argumentos axeitados.

– CA3.7. Describiuse e determinouse a secuencia dun proceso de traballo da súa competencia.

– CA3.8. Argumentouse con todo detalle a elección dunha determinada opción ou dun procedemento de traballo elixido.

– CA3.9. Solicitouse a reformulación do discurso ou dunha parte del, en caso necesario.

• RA4. Elabora documentos e informes propios do sector e relaciona os recursos lingüísticos cos seus propósitos.

– CA4.1. Redactáronse textos claros e detallados sobre unha variedade de temas relacionados coa súa especialidade, para o que se sintetizaron e se avaliaron as informacións e os argumentos procedentes de varias fontes.

– CA4.2. Organizouse a información con corrección, precisión, coherencia e cohesión e solicitouse ou facilitouse información xeral ou detallada.

– CA4.3. Redactáronse informes onde se salienten os aspectos significativos e se ofrezan detalles relevantes que sirvan de apoio.

– CA4.4. Formalizouse documentación específica do seu campo profesional.

– CA4.5. Aplicáronse as fórmulas establecidas e o vocabulario específico na formalización de documentos.

– CA4.6. Resumíronse artigos, manuais de instrucións e outros documentos escritos e utilizouse un vocabulario amplo para evitar a repetición frecuente.

– CA4.7. Utilizáronse as fórmulas de cortesía propias do documento que se elabore.

• RA5. Aplica actitudes e comportamentos profesionais en situacións de comunicación e describe as relacións típicas características do país da lingua inglesa.

– CA5.1. Definíronse os trazos máis salientables dos costumes e dos usos da comunidade onde se fale a lingua inglesa.

– CA5.2. Describíronse os protocolos e as normas de relación social propios do país.

– CA5.3. Identificáronse os valores e as crenzas da comunidade en que se fale lingua inglesa.

– CA5.4. Identificáronse os aspectos socioprofesionais propios do sector en calquera tipo de texto.

– CA5.5. Aplicáronse os protocolos e as normas de relación social do país de lingua inglesa.

– CA5.6. Recoñecéronse os marcadores lingüísticos da procedencia rexional.

1.2.2. Contidos básicos.

BC1. Análise de mensaxes orais.

• Comprensión de mensaxes profesionais e cotiás.

– Mensaxes directas, telefónicas, radiofónicas e gravadas.

– Terminoloxía específica do sector.

– Ideas principais e secundarias.

– Recursos gramaticais: tempos verbais, preposicións, phrasal verbs, locucións, expresión da condición e da dúbida, uso da voz pasiva, oracións de relativo, estilo indirecto e verbos modais.

– Outros recursos lingüísticos: acordos e desacordos, hipóteses e especulacións, opinións e consellos, persuasión e advertencia.

– Acentos de lingua oral.

BC2. Interpretación de mensaxes escritos.

• Comprensión de mensaxes, textos e artigos básicos profesionais e cotiáns.

– Soportes telemáticos: fax, correo electrónico e burofax.

– Terminoloxía específica do sector. Falsos amigos.

– Ideas principais e secundarias.

– Recursos gramaticais: tempos verbais, preposicións, phrasal verbs, I wish + pasado simple ou perfecto, I wish + would, If only; uso da voz pasiva, oracións de relativo, estilo indirecto e verbos modais.

– Relacións lóxicas: oposición, concesión, comparación, condición, causa, finalidade e resultado.

• Relacións temporais: anterioridade, posterioridade, simultaneidade.

BC3. Produción de mensaxes orais.

• Mensaxes orais.

– Rexistros utilizados na emisión de mensaxes orais.

– Terminoloxía específica do sector. Falsos amigos.

– Recursos gramaticais: tempos verbais, preposicións, phrasal verbs, locucións, expresión da condición e da dúbida, uso da voz pasiva, oracións de relativo, estilo indirecto e verbos modais.

– Outros recursos lingüísticos: acordos e desacordos, hipóteses e especulacións, opinións e consellos, persuasión e advertencia.

– Fonética. Sons e fonemas vocálicos e as súas combinacións. Sons e fonemas consonánticos e as súas agrupacións.

– Marcadores lingüísticos de relacións sociais, normas de cortesía e diferenzas de rexistro.

• Mantemento e seguimento do discurso oral.

– Toma, mantemento e cesión da quenda de palabra.

– Apoio, demostración de entendemento, petición de aclaración, etc.

– Entoación como recurso de cohesión do texto oral: uso dos patróns de entoación.

BC4. Emisión de textos escritos.

• Expresión e formalización de mensaxes e textos profesionais e cotiáns.

– Currículo e soportes telemáticos: fax, correo electrónico e burofax.

– Terminoloxía específica do sector.

– Idea principal e ideas secundarias.

– Recursos gramaticais: tempos verbais, preposicións, phrasal verbs, verbos modais, locucións, uso da voz pasiva, oracións de relativo e estilo indirecto.

– Relacións lóxicas: oposición, concesión, comparación, condición, causa, finalidade e resultado.

• Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.

• Coherencia textual:

– Adecuación do texto ao contexto comunicativo.

– Tipo e formato de texto.

– Variedade de lingua. Rexistro.

– Selección léxica, de estruturas sintácticas e de contido salientable.

– Inicio do discurso e introdución do tema. Desenvolvemento e expansión.

– Exemplificación.

– Conclusión e/ou resumo do discurso.

– Uso dos signos de puntuación.

BC5. Identificación e interpretación dos elementos culturais máis significativos dos países de lingua inglesa.

• Valoración das normas socioculturais e protocolarias nas relacións internacionais.

• Uso dos recursos formais e funcionais en situacións que requiren un comportamento socioprofesional, co fin de proxectar unha boa imaxe da empresa.

• Recoñecemento da lingua inglesa para afondar en coñecementos que resulten de interese ao longo da vida persoal e profesional.

• Uso de rexistros adecuados segundo o contexto da comunicación, o interlocutor e a intención dos interlocutores.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado adquira as competencias que lle permitan comunicarse en inglés no desenvolvemento das actividades profesionais propias do nivel formativo deste técnico superior neste sector.

Trátase dun módulo eminentemente procedemental, no cal se desenvolve a competencia comunicativa en inglés necesaria no contorno profesional, tanto a nivel oral como a nivel escrito.

A competencia comunicativa en inglés ten que ver tanto coas relacións interpersoais como co manexo da documentación propia do sector.

A formación do módulo contribúe a alcanzar o obxectivo xeral p), q), r), s) e u) do ciclo formativo e as competencias n), ñ), o), p) e r).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas:

– Coa utilización da lingua inglesa tanto a nivel oral como a nivel escrito, en todo o desenvolvemento deste módulo.

– Coa introdución do vocabulario inglés correspondente á terminoloxía específica do sector.

– Coa selección e execución de estratexias didácticas que incorporen o uso do idioma inglés en actividades propias do sector profesional.

– Coa utilización das técnicas de comunicación para potenciar o traballo en equipo.

1.3. Módulo profesional: Metodoloxía da intervención social.

• Equivalencia en créditos ECTS: 7.

• Código: MP0344.

• Duración: 133 horas.

1.3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Determina métodos, técnicas e instrumentos para a análise da realidade social e interpreta as súas características e o ámbito de aplicación.

– CA1.1. Identificáronse os métodos, as técnicas e os instrumentos principais de obtención de información.

– CA1.2. Concretáronse os requisitos de aplicación dos instrumentos e dos recursos.

– CA1.3. Identificáronse as aplicacións, as posibilidades e as limitacións das técnicas e dos instrumentos.

– CA1.4. Elaboráronse instrumentos coherentes coa súa finalidade.

– CA1.5. Empregáronse as tecnoloxías da comunicación na elaboración de instrumentos para a obtención de información.

– CA1.6. Seleccionáronse as técnicas de análise adecuadas á situación.

– CA1.7. Xustificouse o papel da análise da realidade no éxito da intervención.

– CA1.8. Valoráronse os aspectos éticos da recollida e do tratamento da información.

• RA2. Determina os elementos que constitúen un proxecto de intervención social en relación cos modelos de planificación.

– CA2.1. Comparáronse modelos teóricos de intervención social.

– CA2.2. Identificáronse os niveis de planificación na intervención social.

– CA2.3. Comparáronse modelos de planificación.

– CA2.4. Describíronse as fases do proceso de planificación.

– CA2.5. Xustificouse a necesidade de fundamentar adecuadamente os proxectos de intervención social.

– CA2.6. Identificáronse os elementos fundamentais da planificación.

– CA2.7. Comparáronse métodos, técnicas e instrumentos aplicables na intervención social.

• RA3. Determina estratexias de promoción e difusión de proxectos de intervención social, tendo en conta a relación entre os recursos dispoñibles e os obxectivos perseguidos.

– CA3.1. Explicáronse os conceptos e os procesos básicos relativos á publicidade e aos medios de comunicación.

– CA3.2. Argumentouse a importancia dos medios de comunicación na promoción e na difusión dos proxectos sociais.

– CA3.3. Identificáronse os elementos fundamentais dunha campaña de promoción e difusión.

– CA3.4. Describíronse os medios, as estratexias e as técnicas principais para a promoción e a difusión dos proxectos sociais.

– CA3.5. Utilizáronse as tecnoloxías da información e da comunicación para a elaboración de materiais de promoción e difusión.

– CA3.6. Deseñáronse campañas de promoción e difusión de proxectos sociais utilizando recursos de diversa índole.

– CA3.7. Argumentouse a necesidade de promover e difundir os proxectos sociais.

– CA3.8. Xustificouse a necesidade de garantir a veracidade informativa nos procesos de promoción e difusión dos proxectos sociais.

• RA4. Incorpora a toma en consideración das diferenzas sexuais na elaboración dos proxectos de intervención social, tendo en conta a relación entre o marco teórico e legal vixente e as estratexias e os criterios utilizados.

– CA4.1. Argumentouse a importancia da análise da realidade tendo en conta a consideración das diferenzas sexuais.

– CA4.2. Argumentouse a necesidade de incorporar a consideración das diferenzas sexuais na elaboración dos proxectos de intervención social.

– CA4.3. Interpretouse o marco lexislativo que promove a igualdade de oportunidades.

– CA4.4. Analizouse a información e os recursos das institucións e dos organismos de igualdade que existan no ámbito da intervención.

– CA4.5. Identificáronse os criterios para incorporar a consideración das diferenzas sexuais nos proxectos.

– CA4.6. Analizáronse os protocolos internacionais sobre o uso da linguaxe non sexista.

– CA4.7. Asegurouse o uso non sexista da linguaxe na planificación dos proxectos de intervención social.

– CA4.8. Identificáronse as estratexias para incorporar a consideración das diferenzas sexuais nos instrumentos de promoción e difusión.

– CA4.9. Identificáronse as principais manifestacións de violencia de xénero como un reflexo da desigualdade entre homes e mulleres.

• RA5. Define procedementos de avaliación de proxectos de intervención social, para o que analiza os modelos teóricos, tendo en conta a consideración das diferenzas sexuais.

– CA5.1. Describíronse modelos, técnicas e instrumentos de avaliación na intervención social.

– CA5.2. Explicáronse as funcións e os principios xerais da avaliación.

– CA5.3. Describíronse as fases da avaliación.

– CA5.4. Concretáronse as técnicas, os indicadores, os criterios e os instrumentos de avaliación de proxectos de intervención social.

– CA5.5. Establecéronse os procedementos xerais para a xestión da calidade nos proxectos deseñados.

– CA5.6. Determináronse estratexias e instrumentos para verificar a incorporación da consideración das diferenzas sexuais en proxectos de intervención social.

– CA5.7. Argumentouse a necesidade da avaliación para mellorar o funcionamento dos programas e garantir a súa calidade.

– CA5.8. Empregáronse as tecnoloxías da información e da comunicación para a elaboración e a presentación de informes de avaliación e memorias.

1.3.2. Contidos básicos.

BC1. Determinación de métodos, técnicas e instrumentos de análise da realidade.

• Métodos e técnicas da investigación social:

– Conceptos e aspectos teóricos básicos.

– Investigación-acción.

– Técnicas e instrumentos cualitativos e cuantitativos.

– Análise das técnicas básicas de mostraxe.

– Análise das fontes e dos sistemas principais de rexistro da información: observación, entrevista, cuestionario, enquisa e compilación documental.

• Elaboración, planificación e aplicación de instrumentos de análise da realidade: observación, entrevista, cuestionario e enquisa.

• Fiabilidade e validez da información. Valoración das posibilidades e as limitacións dos sistemas de obtención e rexistro da información.

• Uso das tecnoloxías da información e da comunicación na investigación social.

• Análise e interpretación de datos: métodos, técnicas e instrumentos. Estatística básica.

• Valoración dos aspectos éticos da recollida de información.

BC2. Determinación dos elementos de proxectos de intervención social.

• Modelos teóricos na intervención social.

• Planificación na intervención social. Principais modelos e tipos de planificación.

• Técnicas de programación características da intervención social.

• Proceso de planificación.

• Toma de conciencia da importancia dunha adecuada fundamentación do proxecto de intervención social.

• Valoración do proxecto como eixe da intervención da persoa coa titulación de técnico superior.

BC3. Determinación de estratexias de promoción e difusión de proxectos de intervención.

• Conceptos básicos de publicidade e comunicación.

• Publicidade e medios de comunicación na intervención social.

• Elementos básicos na organización dunha campaña de promoción e difusión dun proxecto social.

• Medios, estratexias e técnicas de promoción e difusión de proxectos sociais.

• Elaboración de materiais para a promoción e a difusión de proxectos sociais.

• Uso de tecnoloxías da información e da comunicación na promoción e na difusión de proxectos sociais.

• Deseño de campañas de promoción e difusión de proxectos sociais.

• Valoración da importancia da veracidade nos procesos de promoción e difusión de proxectos sociais.

BC4. Incorporación da consideración das diferenzas sexuais nos proxectos de intervención social.

• Análise da realidade tomando en consideración as diferenzas sexuais.

• Consideración das diferenzas sexuais no deseño de proxectos de intervención social.

• Marco legal da igualdade de oportunidades. Lei galega para a igualdade de mulleres e homes.

• Análise de recursos e organismos que promoven a igualdade entre mulleres e homes.

• Protocolos internacionais. Guías e manuais de linguaxe non sexista.

• Criterios para a consideración das diferenzas sexuais nos proxectos de intervención social.

• Consideración das diferenzas sexuais nos instrumentos de promoción e de difusión.

• A violencia de xénero: factores, manifestacións e consecuencias.

BC5. Definición de procedementos de avaliación de proxectos de intervención social.

• Avaliación de proxectos de intervención social: modelos, técnicas e instrumentos.

• Análise do proceso de avaliación.

• Soportes informáticos no tratamento, na organización e na comunicación da información.

• Elaboración de informes e memorias.

• Xestión da calidade nos proxectos de intervención social.

• Avaliación e seguimento nas intervencións para impulsar a igualdade entre homes e mulleres.

• Valoración da obxectividade na avaliación.

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de organización, intervención e execución, avaliación, promoción e difusión e xestión da calidade e administración, pois permite coñecer os principais modelos de intervención social e os métodos, as estratexias e os instrumentos para realizar a análise da realidade en que se interveña, así como os modelos e os principios xerais de planificación.

A función de organización abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación.

– Xestión e coordinación da intervención.

– Elaboración de informes.

A función de intervención e execución abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización da actuación.

– Aplicación de estratexias de intervención.

– Control, seguimento e avaliación das actividades.

– Elaboración e formalización da documentación asociada.

A función de avaliación fai referencia á posta en práctica dos procedementos deseñados para o control e o seguimento da intervención no seu conxunto.

A función de promoción e difusión abrangue aspectos como:

– Promoción de campañas e proxectos.

– Elaboración de soportes publicitarios.

A función de xestión da calidade abrangue aspectos como:

– Valoración do servizo.

– Control do proceso.

A función de administración abrangue aspectos como:

– Xestión de inventarios e documentación.

– Xestión de recursos humanos, materiais e económicos.

– Atención á clientela.

– Xestión de licenzas, autorizacións, permisos, etc.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse nos sectores de servizos á comunidade, culturais, turísticos e de lecer e tempo libre.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), i), j), l), m), o), q), r), s), t), u), w) e x) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), g), i), j), m), ñ), o), p) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Análise documental de programas.

– Traballo en equipo para:

– Elaboración e aplicación de instrumentos de análise da realidade social.

– Deseño de estratexias e campañas de promoción e difusión, con elaboración dos materiais pertinentes.

– Avaliación de proxectos de intervención social.

– Uso de tecnoloxías da información e da comunicación para obter, xestionar e comunicar información, así como para promover e difundir proxectos.

– Sensibilización acerca do valor da planificación na intervención social.

1.4. Módulo profesional: Actividades de lecer e tempo libre.

• Equivalencia en créditos ECTS: 9.

• Código: MP1123.

• Duración: 156 horas.

1.4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Planifica proxectos de lecer e tempo libre, tendo en conta a relación dos principios da animación no lecer e no tempo libre coas necesidades das persoas usuarias e as características dos equipamentos e dos recursos.

– CA1.1. Valoráronse os contextos de intervención no lecer e no tempo libre.

– CA1.2. Caracterizáronse os principios da animación no lecer e no tempo libre.

– CA1.3. Establecéronse as bases da educación no tempo libre.

– CA1.4. Adecuouse o proxecto de lecer e tempo libre ás necesidades das persoas usuarias.

– CA1.5. Valoráronse estratexias para o desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre.

– CA1.6. Seleccionáronse os equipamentos e recursos de lecer e tempo libre.

– CA1.7. Identificáronse as funcións e o papel do persoal animador nas actividades de lecer e tempo libre.

– CA1.8. Xustificouse a importancia da intencionalidade educativa no lecer e no tempo libre.

• RA2. Organiza actividades de lecer e tempo libre educativo, para o que analiza os espazos e os recursos, así como a normativa en materia de prevención e seguridade.

– CA2.1. Identificáronse os principios da pedagoxía do xogo.

– CA2.2. Identificáronse os tipos e as pautas de evolución do xogo.

– CA2.3. Seleccionáronse xogos para o desenvolvemento das habilidades sociais, intelectuais e motrices.

– CA2.4. Seleccionáronse espazos, recursos e materiais para o desenvolvemento de actividades lúdicas.

– CA2.5. Establecéronse criterios para a organización de espazos e materiais.

– CA2.6. Establecéronse estratexias para a utilización de recursos lúdicos nas actividades de lecer e tempo libre.

– CA2.7. Tivéronse en conta as medidas de seguridade e prevención na realización das actividades de lecer e tempo libre educativo.

– CA2.8. Argumentouse o valor educativo do xogo.

• RA3. Pon en práctica actividades de lecer e tempo libre seleccionando recursos e técnicas educativas de animación.

– CA3.1. Utilizáronse técnicas para o desenvolvemento da expresión oral, corporal, musical, plástica e audiovisual.

– CA3.2 Seleccionáronse xogos para o desenvolvemento das habilidades sociais, intelectuais e motrices.

– CA3.3. Seleccionáronse os recursos tendo en conta os obxectivos da intervención.

– CA3.4. Utilizáronse recursos audiovisuais e informáticos como ferramentas de animación no lecer e no tempo libre.

– CA3.5. Acondicionáronse os espazos atendendo á potencialidade educativa das actividades.

– CA3.6. Adaptáronse os recursos e as técnicas de animación ás necesidades das persoas usuarias.

– CA3.7. Argumentouse a importancia das técnicas de expresión para o desenvolvemento da creatividade das persoas usuarias.

• RA4. Realiza actividades de lecer e tempo libre no medio natural respectando os principios de conservación ambiental e as medidas de prevención e seguridade.

– CA4.1. Valorouse a importancia da educación ambiental a través das actividades de lecer e tempo libre.

– CA4.2. Definíronse as características do medio natural como espazo de lecer e tempo libre.

– CA4.3. Aplicáronse técnicas e ferramentas coherentes cos obxectivos do proxecto de actividades de lecer e tempo libre no medio natural.

– CA4.4. Seleccionáronse estratexias e pautas de actuación para o desenvolvemento de actividades educativas no medio natural.

– CA4.5. Valorouse a importancia de xerar ámbitos seguros no medio natural, reducindo os riscos.

– CA4.6. Identificáronse os recursos necesarios para o desenvolvemento das actividades no medio natural.

– CA4.7. Organizáronse os recursos humanos para garantir o desenvolvemento da actividade.

– CA4.8. Aplicáronse protocolos de atención en casos de situacións de emerxencia nas actividades desenvolvidas no medio natural.

– CA4.9. Analizouse o impacto ambiental das actividades de lecer e tempo libre.

• RA5. Desenvolve actividades de seguimento e avaliación das actividades de lecer e tempo libre seleccionando estratexias, técnicas e recursos para identificar os aspectos susceptibles de mellora.

– CA5.1. Seleccionáronse os indicadores que cumpra seguir na avaliación de proxectos e actividades de lecer e tempo libre.

– CA5.2. Definíronse as técnicas e os instrumentos para a realización da avaliación no ámbito do lecer e do tempo libre.

– CA5.3. Elaboráronse e cubríronse rexistros de seguimento dos proxectos e das actividades de lecer e tempo libre.

– CA5.4. Elaboráronse informes e memorias de avaliación.

– CA5.5. Usáronse as tecnoloxías da información e da comunicación para a elaboración do seguimento e a avaliación das actividades.

– CA5.6. Transmitíronselles os resultados da avaliación ás persoas implicadas.

– CA5.7. Tivéronse en conta procesos de calidade e mellora no desenvolvemento do proxecto de animación de lecer e tempo libre.

– CA5.8. Xustificouse a importancia da avaliación no proceso de intervención educativa na animación de lecer e tempo libre.

1.4.2. Contidos básicos.

BC1. Planificación de proxectos de lecer e tempo libre.

• Lecer e tempo libre. Uso dos tempos: tempo libre. Lecer: dimensións.

• Pedagoxía do lecer.

• Fundamentos pedagóxicos da educación para o tempo libre.

• Necesidades de lecer actuais.

• Lecer inclusivo: ocupación do tempo libre nas persoas con discapacidade.

• Planificación de proxectos de lecer e tempo libre: adaptación a colectivos específicos.

• Metodoloxía da animación de lecer e tempo libre: estratexias e técnicas.

• Análise de recursos e equipamentos de lecer e tempo libre. Centros de lecer e tempo libre.

– Análise de institucións e políticas de lecer a nivel comunitario, estatal, autonómico, provincial e local.

– Administración, sector privado, sector comunitario e terceiro sector.

– Centros de lecer e tempo libre. Centros escolares: actividades extraescolares.

– Análise de servizos e programas.

• Análise do papel do persoal animador e dos diferentes profesionais nas actividades de lecer e tempo libre.

• Valoración do lecer e do tempo libre para a educación en valores.

• Valoración do lecer como dereito.

BC2. Organización de actividades de lecer e tempo libre educativo.

• Pedagoxía do xogo: valor educativo do xogo.

• Xogo: teorías e tipoloxía.

• Uso do xogo na animación de lecer e tempo libre.

• Recursos lúdicos.

• Provisión de xogos.

• Xogos para o desenvolvemento das habilidades sociais e intelectuais.

• Xogos para o desenvolvemento motor da persoa.

• Organización de espazos de lecer.

• Espazos de xogo: ludoteca, parques infantís de lecer, etc.

• Tipos de actividades lúdicas: grandes xogos: xincanas, feiras, rallyes, pistas e rastrexamentos.

• Organización e selección de materiais para as actividades de lecer e tempo libre.

• Xoguetes: tipos.

• Deseño e confección de materiais alternativos para o seu uso nas actividades lúdicas.

• Prevención e seguridade en espazos de lecer e tempo libre.

• Valoración da importancia da xeración de ámbitos seguros nas actividades de lecer e tempo libre.

• Identificación do valor educativo do xogo.

BC3. Posta en práctica de actividades de lecer e tempo libre.

• Animación e técnicas de expresión.

• Creatividade: significado e recursos.

• Introdución á expresión oral, plástica, corporal, motora, musical e audiovisual.

• Obradoiros na educación no tempo libre. Organización e acondicionamento de espazos.

• Aplicación de técnicas para o desenvolvemento da expresión oral, plástica, corporal, motora, musical e audiovisual.

• Deseño de actividades para o lecer e tempo libre a partir de recursos e técnicas expresivas.

• Deseño de actividades de lecer e tempo libre normalizadas para persoas con discapacidade.

• Realización de actividades para o desenvolvemento da expresión.

• Elaboración de recursos.

• Adecuación dos recursos expresivos ás necesidades da poboación usuaria.

• Aplicacións dos recursos audiovisuais e informáticos na animación de lecer e tempo libre.

• Valoración da importancia da expresión no ámbito do lecer e do tempo libre.

BC4. Realización de actividades de lecer e tempo libre no medio natural.

• Educación ambiental: fins e obxectivos. Educación ambiental no medio natural e no medio urbano. Marco lexislativo nas actividades ao aire libre.

• Instalacións para a práctica de actividades no medio natural.

• Uso e mantemento dos recursos no medio natural.

• Organización e desenvolvemento de actividades para o medio natural.

• Actividades en instalacións ao aire libre: campos de traballo, granxas escola e aulas de natureza.

• Técnicas de descuberta do medio natural.

• Xogos e actividades ambientais: xogos de interpretación e simulación ambiental.

• Análise e aplicación de recursos de excursionismo.

• Actividades de orientación no medio natural.

• Rutas e campamentos.

• Coordinación dos recursos humanos ao seu cargo.

• Prevención e seguridade nas actividades de lecer e tempo libre no medio natural.

• Situacións de emerxencia no medio natural.

• Impacto das actividades de lecer e tempo libre na natureza.

BC5. Desenvolvemento de actividades de seguimento e avaliación dos proxectos e das actividades de lecer e tempo libre.

• Avaliación de proxectos de animación de lecer e tempo libre.

• Técnicas e instrumentos para a realización da avaliación no ámbito do lecer e do tempo libre.

• Indicadores de avaliación.

• Elaboración e formalización de rexistros de seguimento.

• Elaboración de memorias e informes.

• Uso das tecnoloxías da información e da comunicación para a avaliación e o seguimento das actividades de lecer e tempo libre.

• Importancia da transmisión da información para o desenvolvemento de proxectos de animación de lecer e tempo libre.

• Xestión da calidade nos proxectos e actividades de lecer e tempo libre.

• Importancia da avaliación no proceso de intervención educativa nas actividades de lecer e tempo libre.

1.4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén formación necesaria para desempeñar as funcións de organización da intervención, dirección ou supervisión, intervención ou execución, avaliación da intervención, promoción e difusión, coordinación ou mediación, xestión da calidade e administración.

A función de dirección ou supervisión fai referencia aos aspectos relacionados coa dirección do equipo de traballo ou do grupo de persoas que participan na organización e na posta en práctica da intervención.

A función de organización abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación.

– Xestión, coordinación e supervisión da intervención.

– Elaboración de informes.

A función de intervención ou execución abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización e desenvolvemento da actuación.

– Control, seguimento e avaliación das actividades.

– Elaboración da documentación asociada.

– Información e comunicación ás persoas usuarias e outras.

A función de avaliación fai referencia á posta en práctica dos procedementos deseñados para o control e o seguimento da intervención no seu conxunto.

A función de promoción abrangue aspectos como:

– Promoción de campañas e proxectos.

– Elaboración de soportes publicitarios.

A función de coordinación ou mediación abrangue aspectos como:

– Establecemento de retroalimentación.

– Xestión de conflitos.

A función de xestión da calidade abrangue aspectos como:

– Valoración do servizo.

– Control do proceso.

A función de administración abrangue aspectos como:

– Xestión de inventarios e documentación.

– Xestión de recursos humanos, materiais e económicos.

– Xestión do mantemento.

– Xestión de licenzas, autorizacións, permisos, etc.

– Xestión da prevención.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse no sector de servizos de lecer e tempo libre, nos subsectores de actividades lúdicas, deportivas, ambientais e ao aire libre.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), g), h), i), j), o), p), q), r), s), t), u), v) w) e x) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), f), g), m), n), ñ), o), p), q), r) e s).

As liñas de actuación no proceso ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo partirán dun enfoque procedemental do módulo realizando simulacións na aula e fóra dela e utilizando unha metodoloxía activa e motivadora que implique a participación do alumnado como axente activo dun proceso de ensino e aprendizaxe para realizar:

– Análise do ámbito de intervención de lecer e tempo libre.

– Planificación de proxectos de animación de lecer e tempo libre.

– Adaptación dos proxectos de animación de lecer e tempo libre ás necesidades dos colectivos.

– Realización de actividades de tempo libre garantindo as condicións de seguridade.

– Técnicas de dirección e negociación.

– Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación.

– Autoavaliación e reflexión crítica.

– Respecto e atención á diversidade.

1.5. Módulo profesional: Dinamización grupal.

• Equivalencia en créditos ECTS: 7.

• Código: MP1124.

• Duración: 123 horas.

1.5.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Desenvolve estratexias de creación de grupos, tendo en conta a relación entre as intervencións en contornos de lecer e as necesidades do grupo.

– CA1.1. Aplicáronse os principios de intervención con grupos.

– CA1.2. Caracterizouse o ámbito de intervención da titulación de técnico superior.

– CA1.3. Valoráronse as necesidades de intervención no grupo.

– CA1.4. Relacionáronse os procesos de cognición social coa creación de grupos.

– CA1.5. Valoráronse os motivos sociais de participación nun grupo.

– CA1.6. Valorouse a importancia de implicar as persoas participantes na creación do grupo.

– CA1.7. Xustificouse a importancia do respecto mutuo na interacción dentro dun grupo.

– CA1.8. Aplicáronse técnicas participativas para a posta en marcha dos grupos, considerando os principios de intervención grupal.

• RA2. Dinamiza un grupo adecuando o uso das técnicas de dinámica de grupo ás súas fases.

– CA2.1. Caracterizouse a estrutura dun grupo.

– CA2.2. Identificáronse as fases dun grupo.

– CA2.3. Aplicáronse técnicas de grupo para cada fase en que se ache o grupo.

– CA2.4. Propuxéronse medidas para garantir un ambiente cooperativo e de satisfacción en situacións de lecer.

– CA2.5. Utilizáronse métodos activos para xerar a participación dentro do grupo.

– CA2.6. Organizáronse os espazos en función das características do grupo.

– CA2.7. Adecuáronse os tempos á realización das técnicas de grupo.

– CA2.8. Valorouse a importancia da utilización de dinámicas de grupo para interactuar con todos os membros do grupo.

• RA3. Selecciona técnicas de comunicación analizando as características dos grupos e das persoas implicadas no proceso.

– CA3.1. Analizáronse os elementos do proceso de comunicación.

– CA3.2. Seleccionáronse estratexias para superar barreiras de comunicación grupal.

– CA3.3. Adaptáronse as técnicas de comunicación a contextos e grupos.

– CA3.4. Definíronse os estilos de comunicación que fan máis eficaz o proceso de comunicación en función do contexto.

– CA3.5. Describíronse as habilidades de comunicación necesarias para favorecer o proceso de comunicación.

– CA3.6. Determináronse as técnicas de comunicación adecuadas á situación e atendendo á diversidade cultural e funcional, sobre todo ás situacións de discapacidade.

– CA3.7. Establecéronse sistemas de avaliación da eficacia dos procesos de comunicación.

• RA4. Organiza equipos de traballo segundo os proxectos, para o que selecciona as técnicas de cooperación e coordinación.

– CA4.1. Caracterizouse a situación de traballo do equipo e os perfís das persoas que o compoñen.

– CA4.2. Formuláronse os obxectivos do grupo de traballo.

– CA4.3. Utilizáronse técnicas participativas para dinamizar o equipo de traballo.

– CA4.4. Distribuíronse tarefas e cometidos entre compoñentes do grupo en relación coas capacidades de cadaquén.

– CA4.5. Coordinouse a secuencia das tarefas das persoas compoñentes do grupo de traballo.

– CA4.6. Determináronse os procedementos de supervisión e avaliación do cumprimento das tarefas e das funcións dos membros do grupo de traballo.

– CA4.7. Valorouse a importancia de crear un clima de traballo adecuado e da promoción da igualdade nos equipos de traballo.

– CA4.8. Especificáronse tarefas de formación para os membros do grupo sobre as técnicas e os protocolos que garanten a seguridade nas actividades.

• RA5. Aplica estratexias de xestión de conflitos grupais e solución de problemas e selecciona técnicas en función do contexto de intervención.

– CA5.1. Analizáronse as principais fontes dos problemas e conflitos no funcionamento dos grupos.

– CA5.2. Desenvolvéronse técnicas de xestión de conflitos de grupos dentro do grupo.

– CA5.3. Desenvolvéronse habilidades sociais de solución de problemas dentro do grupo.

– CA5.4. Valoráronse as estratexias para a solución de problemas.

– CA5.5. Seguíronse as fases do proceso de toma de decisións.

– CA5.6. Valorouse a importancia do uso das estratexias de comunicación na xestión de conflitos e na solución de problemas.

• RA6. Avalía os procesos de grupo e a propia competencia social para o desenvolvemento das súas funcións profesionais e identifica os aspectos susceptibles de mellora.

– CA6.1. Seleccionáronse os indicadores de avaliación.

– CA6.2. Aplicáronse técnicas de investigación social e sociométricas.

– CA6.3. Avaliouse a situación persoal e social de partida como profesional.

– CA6.4. Deseñáronse instrumentos de recollida de información.

– CA6.5. Rexistráronse os datos en soportes establecidos.

– CA6.6. Valoráronse os datos recollidos.

– CA6.7. Identificáronse as situacións que cumpra mellorar.

– CA6.8. Marcáronse as pautas de mellora.

1.5.2. Contidos básicos.

BC1. Desenvolvemento de estratexias de creación dun grupo.

• Psicoloxía social aplicada a grupos.

• Cognición social: análise de elementos relacionados (esquemas sociais e percepción social).

• Motivación social: emocións e motivacións.

• Grupo: características, elementos que o forman e tipos.

• Principios de intervención con grupos: iniciación e dinamización de procesos grupais.

• Análise das necesidades dos grupos en diferentes ámbitos de intervención das persoas coa titulación de técnico superior: instalacións hoteleiras, cámpings, casas de colonias, campamentos, ludotecas, instalacións deportivas, centros escolares en horario extraescolar, etc.

• Métodos activos e técnicas de participación grupal en animación sociocultural e turística.

• Aplicación de técnicas orientadas á creación de grupos en situación de lecer.

• Importancia da participación na creación de grupos.

• Valoración do respecto mutuo como principio de interacción nun grupo.

BC2. Dinamización de grupo.

• Procesos e estrutura dun grupo.

• Fases de desenvolvemento dun grupo.

• Fenómenos que afectan o grupo. Cohesión social: factores que favorecen a cohesión grupal.

• Liderado: tipos; habilidades para o desenvolvemento do liderado.

• Técnicas de dinámica de grupos como metodoloxía de intervención.

• Aplicación de técnicas de grupo: técnicas de presentación, de motivación, de traballo, de comunicación, de resolución de conflitos e finais ou de avaliación.

• Organización de espazos, tempos e medios necesarios.

• Papel do persoal animador na iniciación e na dinamización de procesos grupais. Función relacional orientada ao mantemento dun grupo: seguimento grupal.

• Importancia de garantir un ambiente cooperativo e de satisfacción en situacións de lecer.

• Valoración da importancia do uso de dinámicas de grupo para a interactuación.

BC3. Selección de técnicas de comunicación.

• Proceso de comunicación. Características e funcións: interacción grupal, retroalimentación, comunicación interpersoal e comunicación en grandes grupos.

• Elementos no proceso da comunicación.

• Sistemas de comunicación.

• Tipos de comunicación: verbal, non verbal e escrita.

• Barreiras na comunicación.

– Dificultades máis habituais. Comunicación e persoas con discapacidade. Localización das barreiras no persoal animador, na poboación usuaria e no contexto.

– Estratexias de superación de barreiras e de potenciación da comunicación.

• Técnicas de comunicación: adaptación a contextos e grupos.

• Estilos de comunicación. Asertividade.

• Habilidades sociais básicas de comunicación.

– Características xerais das habilidades básicas de comunicación. Pautas de conduta na atención a participantes.

– Escoita activa.

• Tipos de estratexias para valorar os sistemas de comunicación.

• Aplicación das novas tecnoloxías para a comunicación.

BC4. Organización de equipos de traballo.

• Traballo en equipo: composición.

• Comunicación horizontal e vertical no equipo de traballo.

• Coordinación e dinamización de equipos de traballo dentro dunha organización.

• Estratexias de distribución de tarefas e funcións.

• Técnicas de motivación e apoio no desenvolvemento das funcións dos membros do equipo de traballo.

• Condución de reunións: tipos de reunións e técnicas.

• Técnicas de información, motivación e orientación dentro do equipo de traballo.

• Formación das persoas que forman parte do equipo sobre as normas de seguridade das actividades e das instalacións.

• Supervisión e seguimento de tarefas e funcións.

• Ambiente de traballo. Problemas relacionados co ambiente de traballo: burning e moobing.

• Valoración da promoción da igualdade na xeración de equipos de traballo.

• Valoración da importancia dos procesos de comunicación e coordinación dentro dun equipo de traballo.

BC5. Aplicación de estratexias de solución de conflitos.

• Conflitos individuais e colectivos no grupo.

– Causas e efectos na integración grupal.

– Carácter do conflito: funcional e disfuncional.

– Tipos de conflitos: de tarefas, de relacións e polos procesos.

• Toma de decisións: fases do proceso.

• Actitudes dos grupos ante os conflitos.

• Técnicas para a xestión e a resolución de conflito.

– Negociación e mediación.

– Debate, resolución de problemas e reestruturación cognitiva.

– Técnicas e procedemento.

• Importancia das estratexias de comunicación na solución de problemas grupais.

BC6. Avaliación dos procesos de grupo e da propia competencia social.

• Avaliación da estrutura e dos procesos grupais: indicadores.

• Avaliación da situación e da dinámica grupal.

• Análise de estratexias e instrumentos para o estudo de grupos.

• Aplicación das técnicas de investigación social ao traballo con grupos.

• Técnicas de observación e sociometría básica.

• Técnicas de recollida, análise e interpretación de datos.

• Avaliación da competencia social.

• Valoración da autoavaliación como estratexia para a mellora da competencia social.

1.5.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén formación necesaria para desempeñar as funcións de organización da intervención, dirección ou supervisión, intervención ou execución, avaliación da intervención, coordinación ou mediación e xestión da calidade.

A función de organización abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación.

– Xestión, coordinación e supervisión da intervención.

– Elaboración de informes.

A función de dirección ou supervisión fai referencia aos aspectos relacionados coa dirección do equipo de traballo ou grupo de persoas que participan na organización e a posta en práctica da intervención.

A función de intervención ou execución abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización e desenvolvemento da actuación.

– Control, seguimento e avaliación das actividades.

– Elaboración da documentación asociada.

– Información e comunicación ás persoas usuarias e outras.

A función de avaliación fai referencia á posta en práctica dos procedementos deseñados para o control e seguimento da intervención no seu conxunto.

A función de coordinación/mediación abrangue aspectos como:

– Establecemento de retroalimentación.

– Xestión de conflitos.

A función de xestión da calidade abrangue aspectos como:

– Valoración do servizo.

– Control do proceso.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), d), g), h), n), o), q), r), s), t), u), v), w) e x) do ciclo formativo e as competencias a), c), f), k), m), ñ), o), p), q), r) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo partirán dun enfoque procedemental do módulo e realizaranse simulacións na aula e fóra dela, utilizando unha metodoloxía activa e motivadora que implique a participación do alumnado como axente activo dun proceso de ensino e aprendizaxe para realizar:

– Creación e dinamización de grupos.

– Adecuación das técnicas de grupo aos grupos con que intervén.

– Organización de equipos de traballo.

– Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación.

– Autoavaliación e reflexión crítica.

– Respecto e atención á diversidade.

As actividades de aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas:

– Coa indagación sobre os ámbitos de actuación e as características das persoas usuarias no ámbito profesional da animación.

– Coa análise e as exposicións críticas acerca de temas relacionados co papel da animación nas dinámicas sociais e na transmisión de valores.

– Co desenvolvemento e a experimentación de técnicas de liderado, de motivación, de supervisión e de comunicación en contextos de traballo en grupo para facilitar a organización e a coordinación de equipos de traballo.

– Coa aplicación de estratexias e técnicas de comunicación adaptadas a diferentes contextos e tendo en conta os contidos que se vaian transmitir, a finalidade e as características das persoas receptoras, para asegurar a eficacia nos procesos de comunicación.

– Reflexión sobre a importancia do funcionamento dos grupos sobre a socialización, o desenvolvemento persoal e a eficiencia do traballo.

1.6. Módulo profesional: Animación e xestión cultural.

• Equivalencia en créditos ECTS: 14.

• Código: MP1125.

• Duración: 213 horas.

1.6.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza a intervención cultural en relación co marco teórico e xurídico e coas necesidades e as demandas culturais.

– CA1.1. Identificáronse as características significativas do ámbito cultural na sociedade.

– CA1.2. Analizáronse os conceptos de animación, xestión e márketing cultural.

– CA1.3. Describíronse os campos e os contextos da intervención cultural.

– CA1.4. Analizáronse as institucións e as políticas culturais a nivel comunitario, estatal, autonómico e local.

– CA1.5. Comparáronse os modelos de intervención dos axentes culturais.

– CA1.6. Interpretouse o marco legal da acción cultural e as fórmulas xurídicas que regulan a colaboración entre organismos públicos e redes culturais.

– CA1.7. Describíronse técnicas e instrumentos para a análise do territorio e a identificación das demandas e as preferencias culturais de diversos segmentos de mercado.

– CA1.8. Valorouse a importancia da análise do territorio para fundamentar a intervención.

• RA2. Deseña programacións culturais, para o que interpreta os criterios e as directrices da planificación estratéxica en relación co marco conceptual da xestión cultural.

– CA2.1. Interpretouse o marco conceptual da xestión cultural.

– CA2.2. Interpretáronse as políticas culturais ou empresariais como directrices aplicables ao deseño e ao desenvolvemento dunha programación cultural.

– CA2.3. Identificáronse as prioridades e os criterios reitores para o deseño e o desenvolvemento de programacións culturais, establecidos nunha planificación estratéxica.

– CA2.4. Obtívose información de diversas fontes e recursos para a realización da programación cultural.

– CA2.5. Estableceuse a organización temporal dos eventos da programación cultural, en coordinación coa realización doutros eventos.

– CA2.6. Establecéronse e desenvolvéronse de xeito coherente os elementos dunha programación cultural atendendo aos obxectivos da planificación estratéxica.

– CA2.7. Describíronse estratexias para posibilitar a participación das entidades ou empresas do sector no desenvolvemento da programación cultural.

– CA2.8. Utilizáronse as tecnoloxías da información e da comunicación na procura de información e no deseño da programación cultural.

• RA3. Deseña proxectos de animación cultural en relación cos modelos e cos principios da intervención e da dinamización cultural.

– CA3.1. Interpretouse o marco conceptual da animación cultural.

– CA3.2. Caracterizouse a animación cultural en función dos colectivos e dos contextos de intervención.

– CA3.3. Describíronse a estrutura e as características dos proxectos de animación cultural.

– CA3.4. Establecéronse e desenvolvéronse de xeito coherente os elementos dun proxecto de animación cultural atendendo á realidade cultural e ao contexto específico de intervención.

– CA3.5. Describíronse estratexias e instrumentos que promovan a participación e a colaboración das redes asociativas culturais na planificación e no desenvolvemento da intervención cultural.

– CA3.6. Analizáronse as características e as aplicacións de diversos tipos de actividades culturais.

– CA3.7. Valorouse a importancia das redes asociativas culturais no desenvolvemento dos proxectos culturais.

– CA3.8. Valorouse a importancia de incorporar criterios de accesibilidade e deseño universais na planificación dos proxectos de animación cultural.

• RA4. Organiza actividades de animación cultural, para o que analiza as características e as posibilidades de uso do patrimonio cultural e os equipamentos culturais especializados.

– CA4.1. Establecéronse os usos e as posibilidades dos bens patrimoniais como recurso para a animación cultural.

– CA4.2. Identificáronse as características e as posibilidades de uso na animación cultural das bibliotecas, dos museos e doutros equipamentos culturais especializados.

– CA4.3. Obtívose información sobre a estrutura organizativa e funcional, os fins, as funcións e os obxectivos dos equipamentos, para fundamentar a intervención.

– CA4.4. Realizáronse actividades de animación cultural coherentes co equipamento ou co recurso utilizado.

– CA4.5. Seleccionáronse estratexias para a realización de actividades de animación cultural a partir dos fondos dos equipamentos culturais especializados.

– CA4.6. Definiuse o papel do persoal animador sociocultural nos recursos ou equipamentos culturais especializados.

– CA4.7. Realizáronse adaptacións no desenvolvemento das actividades para posibilitar a participación de colectivos con necesidades específicas.

– CA4.8. Valorouse a importancia do patrimonio e dos equipamentos culturais especializados como recursos para a animación cultural.

• RA5. Realiza actividades de xestión cultural, para o que analiza os recursos dispoñibles relacionados coa acción cultural que se vaia desenvolver.

– CA5.1. Elaboráronse inventarios de equipamentos e infraestruturas de espazos culturais.

– CA5.2. Seleccionáronse equipamentos e infraestruturas culturais en función do evento ou da actividade que se vaia realizar.

– CA5.3. Estableceuse a secuencia das actividades ordenadas en función das necesidades de posta en práctica.

– CA5.4. Determináronse os recursos, os medios técnicos e a loxística necesarios para cada evento ou actividade cultural.

– CA5.5. Asignáronselles tempos de execución e recursos materiais e humanos aos traballos relacionados co desenvolvemento dos eventos culturais.

– CA5.6. Elaboráronse e cubríronse patróns de organización que lles faciliten o coñecemento da previsión de actuacións ás persoas implicadas no proceso.

– CA5.7. Elaboráronse orzamentos para dar resposta ás condicións do desenvolvemento da actividade.

– CA5.8. Elaboráronse e cubríronse os documentos de xestión asociados á loxística e á organización dos eventos culturais.

• RA6. Realiza actividades de animación cultural, para o que analiza as características e as posibilidades de uso de diferentes expresións culturais.

– CA6.1. Respectáronse os criterios establecidos na programación.

– CA6.2. Seleccionáronse estratexias para a realización de actividades de animación cultural a partir de diversas expresións culturais.

– CA6.3. Obtívose información para fundamentar a intervención.

– CA6.4. Realizáronse actividades de animación cultural coherentes co recurso utilizado.

– CA6.5. Manexáronse os equipamentos e os medios audiovisuais e técnicos necesarios para a posta en práctica das actividades culturais.

– CA6.6. Realizáronse adaptacións no desenvolvemento das actividades para posibilitar a participación de colectivos con necesidades específicas.

– CA6.7. Establecéronse protocolos de actuación na montaxe e na comprobación dos equipamentos.

– CA6.8. Valorouse a importancia de respectar os protocolos de prevención e seguridade.

• RA7. Realiza actividades de comunicación e márketing de produtos e programas culturais, para o que analiza as estratexias e as técnicas de promoción e difusión dos proxectos.

– CA7.1. Argumentouse a importancia dos medios de comunicación na promoción e na difusión dos proxectos de animación cultural.

– CA7.2. Describíronse os medios, as estratexias e as técnicas principais para a promoción e a difusión dos proxectos de animación cultural.

– CA7.3. Identificáronse os factores que inflúen no éxito das campañas promocionais dos produtos e dos programas culturais.

– CA7.4. Elaboráronse recursos en diferentes soportes para a promoción e a difusión de proxectos de animación cultural.

– CA7.5. Deseñáronse campañas de promoción e difusión de proxectos de animación cultural, utilizando recursos de diversa índole.

– CA7.6. Identificáronse os elementos fundamentais dunha campaña de promoción e difusión.

– CA7.7. Utilizáronse as tecnoloxías da información e da comunicación para a difusión das actividades culturais.

– CA7.8. Xustificouse a necesidade de garantir a veracidade informativa nos procesos de promoción e difusión dos proxectos de animación cultural.

• RA8. Realiza actividades de control, seguimento e avaliación da intervención cultural, aplicando criterios de calidade e garantindo, de ser o caso, a participación dos axentes implicados.

– CA8.1. Definiuse o procedemento de avaliación da intervención cultural.

– CA8.2. Seleccionáronse técnicas, instrumentos, criterios e indicadores para a avaliación da intervención cultural, atendendo ao contexto de realización desta.

– CA8.3. Utilizáronse as tecnoloxías da información e da comunicación para a xestión da documentación asociada ao proceso de avaliación.

– CA8.4. Establecéronse canles e instrumentos para a retroalimentación dos proxectos e a toma de decisións.

– CA8.5. Establecéronse os procedementos xerais para a xestión da calidade nas intervencións culturais.

– CA8.6. Establecéronse indicadores de calidade medibles nas intervencións culturais.

– CA8.7. Estableceuse o procedemento para a participación na avaliación das persoas usuarias ou da clientela e das asociacións culturais.

– CA8.8. Argumentouse a necesidade da avaliación para mellorar o funcionamento dos programas e garantir a súa calidade.

1.6.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización da intervención cultural.

• Cultura e sociedade: situación actual; produción e consumo cultural.

• Animación, xestión e márketing cultural.

• Sectores de intervención cultural.

• Análise de institucións e políticas culturais a nivel comunitario, estatal, autonómico e local.

• Axentes culturais: Administración, sector privado, sector comunitario e terceiro sector.

• Asociacións e colectivos no ámbito cultural: estudo e análise. Tecido asociativo no marco do territorio.

• Marco legal da acción cultural: asociacións culturais e fundacións, patrimonio histórico-artístico, produtos culturais e a súa exhibición, propiedade intelectual.

• Análise do territorio na intervención cultural: técnicas e instrumentos.

• Mercado cultural:

– Necesidades e demandas culturais.

– Indicadores.

– Hábitos culturais: fontes de información.

– Segmentación do mercado cultural.

– Tipoloxías na poboación usuaria ou consumidora cultural.

– Procedemento de estudo de preferencias da poboación usuaria ou consumidora cultural.

• Importancia da análise do territorio para fundamentar a intervención.

BC2. Deseño de programacións culturais.

• Análise do marco conceptual da xestión cultural: referentes teóricos, marcos institucionais e fundamentos da política cultural ou empresarial.

• Sociedade da información e do coñecemento no marco da xestión cultural. Análise de planificacións estratéxicas no ámbito cultural. Identificación de prioridades e criterios de actuación.

• Elaboración de programacións de xestión cultural. Xestión estratéxica. Deseño de organizacións. Lóxicas e procesos administrativos.

• Análise de proxectos e organizacións culturais.

– Instrumentos para a xestión da cultura.

– Recursos de información cultural.

– Operadores de cultura.

– Elaboración de programacións de xestión cultural.

• Instrumentos para a xestión da cultura a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

• Importancia das tecnoloxías da información e da comunicación na xestión cultural.

BC3. Deseño de proxectos de animación cultural.

• Animación cultural: antecedentes, evolución e situación actual. Animación cultural con diversos colectivos.

• Identificación das necesidades especiais dentro do campo cultural con colectivos específicos. Accesibilidade e deseño universais.

• Dinamización cultural.

• Análise de modelos de participación no ámbito da cultura. Instrumentos metodolóxicos para a planificación de proxectos de grupo.

• Elaboración de proxectos de animación cultural: estrutura e características.

– Análise da realidade nos proxectos de animación cultural: técnicas e instrumentos; detección de necesidades e demandas.

– Investigación de recursos para o desenvolvemento de proxectos de animación cultural.

– Análise da metodoloxía de intervención na animación cultural.

• Deseño de actividades de animación cultural: organización de eventos, obradoiros, circuítos e itinerarios culturais, visitas guiadas, concursos e certames e outros xeitos de achegarse á cultura e á creatividade cultural.

• Elaboración de axendas culturais.

• Recursos humanos: persoas voluntarias, afeccionadas e profesionais.

BC4. Organización de actividades de animación cultural.

• Patrimonio cultural:

– Análise de usos e posibilidades como recurso para a animación cultural.

– Organización de actividades de animación cultural relacionadas co patrimonio cultural.

• Entidades culturais. Produtos culturais: utilización e exhibición.

• Fondos de produtos culturais como recurso para a animación cultural.

• Bibliotecas e mediatecas:

– Características, fins, obxectivos e funcións.

– Estrutura organizativa e funcional.

– Servizos e programas.

– Análise dos usos e das posibilidades da biblioteca e da mediateca como recursos para a animación cultural.

– Organización de actividades de animación cultural desde a biblioteca.

– Papel do persoal animador sociocultural nas bibliotecas e nas mediatecas.

• Museos:

– Características, fins, obxectivos e funcións.

– Estrutura organizativa e funcional.

– Servizos e programas.

– Análise dos usos e das posibilidades do museo como recurso para a animación cultural.

– Educación museística: organización de actividades de animación cultural desde o museo.

– Papel do/da animador/ora sociocultural nos museos.

• Elaboración de guías de recursos culturais.

• Importancia do patrimonio e dos equipamentos culturais especializados como recursos para a animación.

BC5. Realización de actividades de xestión cultural.

• Equipamentos e infraestruturas culturais. Elaboración de inventarios de equipamentos e infraestruturas culturais. Criterios para a selección de equipamentos e infraestruturas culturais.

• Xestión de espazos e tempos.

• Xestión de recursos materiais e técnicos: análise de necesidades, protocolos de alugamento e adquisición, protocolos de comprobación de equipamentos.

• Permisos e autorizacións.

• Xestión de recursos humanos: distribución de funcións (instrumentos e protocolos de organización) e protocolos de transmisión da información.

• Xestión de recursos financeiros: orzamentos públicos; coñecemento, aplicación e bases de execución; criterios de valoración económica de produtos culturais.

• Xestión da documentación asociada á loxística e á organización de eventos culturais. Uso de tecnoloxías da información e da comunicación na xestión da documentación.

• Importancia da necesidade de aproveitar optimamente os recursos.

BC6. Realización de actividades de animación cultural.

• Actividades de animación cultural relacionadas coas expresións culturais: artes escénicas (animación teatral); artes plásticas, linguaxes e medios audiovisuais e os seus modelos de uso (fotografía, vídeo, radio, televisión e tecnoloxías da información e da comunicación); artes literarias, artesanías, folclore e ciencia e tecnoloxía.

• Desenvolvemento de actividades: pautas de actuación.

• Manexo básico de equipamentos e medios técnicos para a realización de actividades de animación cultural: tecnoloxías da información e da comunicación, equipamentos audiovisuais, etc.

• Importancia de respectar os protocolos de prevención e seguridade.

BC7. Realización de actividades de comunicación e márketing no ámbito cultural.

• Patrocinadores e mecenado no ámbito da cultura.

• Comunicación e promoción da cultura. Obxectivos da publicidade no ámbito da cultura. Política e accións de comunicación: características e obxectivos.

• Difusión de proxectos culturais.

– Márketing cultural como ferramenta de promoción cultural e imaxe institucional.

– Elaboración do plan de márketing: estrutura e funcionalidade. Variables do márketing mix.

– Implantación do plan de márketing.

– Ética e responsabilidade na comunicación de actividades culturais.

• Difusión de actividades culturais a través das tecnoloxías da información e da comunicación: páxinas web, boletíns electrónicos, listas de distribución, xestores de contidos, etc.

• Responsabilidade social como estratexia de comunicación.

BC8. Realización de actividades de control, seguimento e avaliación da intervención cultural.

• Avaliación nos proxectos de animación cultural: elementos para a avaliación.

• Avaliación do plan de márketing e o seu desenvolvemento: indicadores de impacto e eficacia das accións, satisfacción da clientela.

• Elementos para a análise de eventos culturais.

• Folla de ruta e sistemas de medición.

• Sistemas de xestión da calidade no ámbito da intervención cultural.

• Problemas operativos da posta en práctica da intervención cultural.

1.6.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén formación necesaria para desempeñar as funcións de organización da intervención, intervención ou execución, avaliación da intervención, promoción e difusión, xestión da calidade e administración de actividades de animación cultural.

A función de organización abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación.

– Xestión, coordinación e supervisión da intervención.

– Elaboración de informes.

A función de intervención ou execución abrangue aspectos como:

–  Recollida de información.

–  Organización e desenvolvemento da actuación.

–  Control, seguimento e avaliación das actividades.

–  Elaboración da documentación asociada.

–  Información e comunicación ás persoas usuarias e outras.

A función de avaliación fai referencia á posta en práctica dos procedementos deseñados para o control e o seguimento da intervención no seu conxunto.

A función de promoción abrangue aspectos como:

– Promoción de campañas e proxectos.

– Elaboración de soportes publicitarios.

A función de xestión da calidade abrangue aspectos como:

– Valoración do servizo.

– Control do proceso.

A función de administración abrangue aspectos como:

– Xestión de inventarios e documentación.

– Xestión de recursos humanos, materiais e económicos.

– Xestión do mantemento.

– Xestión de licenzas, autorizacións, permisos, etc.

– Xestión da prevención.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse no sector de servizos culturais.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), h), i), j), o), q), r), s), t), u), v), w) e x) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), g), m), ñ), o), p), q), r) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Análise da realidade cultural.

– Traballo en equipo para:

– Elaborar e aplicar instrumentos de análise da realidade cultural.

– Realizar mapas de recursos culturais.

– Deseñar, pór en práctica e avaliar programacións culturais, así como proxectos e actividades de animación cultural a partir de diferentes recursos.

– Manexo de equipamentos e medios técnicos a un nivel básico.

– Utilización de tecnoloxías da información e da comunicación para obter, xestionar e comunicar información, así como para promover e difundir proxectos.

1.7. Módulo profesional: Animación turística.

• Equivalencia en créditos ECTS: 9.

• Código: MP1126.

• Duración: 140 horas.

1.7.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza a animación turística e contextualízaa nos ámbitos en que se poida levar a cabo.

– CA1.1. Describíronse os servizos de animación turística e a súa evolución.

– CA1.2. Interpretouse o marco normativo da animación turística.

– CA1.3. Caracterizáronse as funcións dos tipos de servizos de animación turística.

– CA1.4. Clasificáronse os servizos de animación turística segundo os ámbitos onde se poidan levar a cabo.

– CA1.5. Analizáronse as tendencias do mercado nos servizos de animación turística.

– CA1.6. Definíronse as actitudes e as aptitudes do persoal profesional da animación turística.

– CA1.7. Valorouse a importancia dos servizos de animación turística como elementos complementarios e dinamizadores dos produtos, dos servizos e dos destinos turísticos.

• RA2. Organiza a área de animación turística, para o que analiza a súa estrutura organizativa e funcional.

– CA2.1. Caracterizouse a área ou departamento de animación turística.

– CA2.2. Describíronse os modelos de organización propios das áreas de animación turística.

– CA2.3. Definíronse as estruturas organizativas e funcionais propias dos servizos de animación turística.

– CA2.4. Analizáronse as relacións entre as áreas do establecemento turístico.

– CA2.5. Deseñáronse organigramas atendendo ás características do servizo de animación turística.

– CA2.6. Describíronse as instalacións, os equipamentos, a moblaxe e os utensilios necesarios para cada servizo de animación turística.

– CA2.7. Valorouse a importancia da organización eficiente na área ou no departamento de animación turística.

• RA3. Realiza actividades de control da xestión económica, financeira e administrativa da área de animación turística e recoñece os circuítos documentais.

– CA3.1. Definiuse a xestión económica e financeira da área de animación turística.

– CA3.2. Elaboráronse diversos tipos de orzamento para a área de animación turística.

– CA3.3. Estableceuse a estrutura dos ingresos e gastos na área de animación turística.

– CA3.4. Aplicáronse procesos para o cálculo e a imputación de custos.

– CA3.5. Establecéronse métodos de control orzamentario.

– CA3.6. Utilizáronse documentos internos e externos nos circuítos administrativos dos servizos de animación turística.

– CA3.7. Utilizáronse ferramentas informáticas de xestión.

– CA3.8. Valorouse o rigor no control da xestión da área de animación turística.

• RA4. Realiza actividades de xestión dos recursos humanos da área de animación turística, aplicando as directrices do manual de empresa.

– CA4.1. Definíronse sistemas de dirección de equipos de traballo segundo o tipo de área de animación turística.

– CA4.2. Describíronse as fases da planificación de cadros de persoal e da previsión das necesidades de persoal ao longo do proceso produtivo da área.

– CA4.3. Planificouse o tempo de traballo do persoal da área.

– CA4.4. Establecéronse os métodos de selección de persoal da área de animación turística.

– CA4.5. Elaboráronse instrumentos para a integración de profesionais.

– CA4.6. Utilizáronse ferramentas informáticas de xestión de persoal.

– CA4.7. Valorouse a importancia das ferramentas informáticas na xestión do persoal.

• RA5. Deseña programas de animación turística, tendo en conta as necesidades das persoas usuarias e os espazos de intervención.

– CA5.1. Diferenciáronse os programas de animación turística.

– CA5.2. Determináronse as persoas destinatarias do servizo de animación turística.

– CA5.3. Determináronse os espazos e a temporalización das actividades.

– CA5.4. Seleccionáronse os recursos humanos, materiais e financeiros do programa de animación turística.

– CA5.5. Valorouse a importancia da promoción do programa de animación turística.

– CA5.6. Previuse a aparición de continxencias e elaboráronse programas ou actividades alternativas.

– CA5.7. Establecéronse as medidas de prevención e seguridade.

• RA6. Realiza veladas e espectáculos adecuados ao ámbito turístico e ás características das persoas participantes.

– CA6.1. Caracterizáronse as actividades das veladas e dos espectáculos no ámbito turístico.

– CA6.2. Respectáronse os obxectivos programados das actividades.

– CA6.3. Acondicionáronse os espazos e as instalacións aos requisitos da actividade e das persoas usuarias.

– CA6.4. Organizáronse os recursos humanos e materiais para garantir o desenvolvemento da actividade.

– CA6.5. Estableceuse a secuencia dos tempos para o desenvolvemento da velada e o espectáculo.

– CA6.6. Valorouse a importancia de implicar todas as persoas participantes no desenvolvemento da velada.

– CA6.7. Previuse a aparición de continxencias e elaborouse un programa alternativo para a velada ou o espectáculo.

– CA6.8. Tivéronse en conta as medidas de prevención e seguridade.

• RA7. Realiza o seguimento e a avaliación dos programas e das actividades de animación turística, aplicando sistemas de xestión da calidade.

– CA7.1. Describíronse as fases do proceso de seguimento e avaliación.

– CA7.2. Concretáronse as técnicas, os indicadores, os criterios e os instrumentos.

– CA7.3. Elaboráronse e cubríronse rexistros de seguimento, informes e memorias.

– CA7.4. Transmitíronselles os resultados da avaliación ás persoas implicadas.

– CA7.5. Tivéronse en conta procesos de calidade e mellora no desenvolvemento do proxecto e das actividades de animación turística.

– CA7.6. Interpretouse un plan de calidade no ámbito da animación turística para a obtención, de ser o caso, de certificados de calidade.

– CA7.7. Utilizáronse as tecnoloxías da información e da comunicación para a xestión da documentación asociada ao proceso.

– CA7.8. Xustificouse a importancia da avaliación para mellorar o funcionamento dos programas e das actividades de animación turística.

1.7.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización da animación turística.

• Aspectos históricos e conceptuais.

• Marco lexislativo.

• Obxectivos e funcións dos servizos.

• Ámbitos de aplicación: aloxamentos, terminais de transporte, transportes, restauración e outros servizos turísticos, como parques temáticos, museos, etc.

• Tendencias e ámbitos emerxentes.

• Persoal profesional da animación turística: perfís, tarefas e deontoloxía profesional, carreira profesional.

• Importancia dos servizos de animación turística nos produtos, nos servizos e nos destinos turísticos.

BC2. Organización da área de animación turística.

• Área de animación turística.

• Modelos de organización da área: departamentalización, organigramas.

• Análise das relacións intradepartamentais e interdepartamentais.

• Localización e deseño das instalacións: accesibilidade.

• Recursos materiais da área.

• Importancia da organización eficiente na área ou no departamento.

BC3. Realización de actividades de control da xestión económica, financeira e administrativa da área de animación turística.

• Xestión económica e financeira na área de animación turística: características.

• Elaboración de orzamentos: elementos e tipos.

• Cálculo e imputación de custos derivados da xestión da área.

• Métodos de control orzamentario.

• Xestión administrativa: circuítos documentais e informativos nos servizos de animación turística.

• Utilización de ferramentas informáticas de xestión en animación turística.

• Rigor no control da xestión da área.

BC4. Realización de actividades de xestión de recursos humanos da área de animación turística.

• Manual de empresa: contido e función.

• Dirección de equipos de traballo: sistemas de dirección, modelos.

• Previsión de cadros de persoal: determinación de postos de traballo.

• Planificación do tempo de traballo do persoal da área: quendas, horarios, calendarios e vacacións.

• Selección de persoal: métodos e actividades.

• Integración do persoal: plan de acollemento e programas de adaptación.

• Utilización de aplicacións informáticas para a xestión do persoal.

• Importancia das ferramentas informáticas na xestión do persoal.

BC5. Deseño de programas de animación turística.

• Análise de programas de animación turística en función do público obxectivo da actividade, en función da actividade e en función do momento de realización.

• Elaboración de programas de animación turística.

• Demandantes destes servizos: tipoloxías.

• Programas alternativos para continxencias.

• Determinación de medidas de prevención e seguridade.

BC6. Desenvolvemento de veladas e espectáculos.

• Veladas e espectáculos no ámbito turístico: características.

• Análise dos tipos de actividades nocturnas: concursos culturais, musicais e lúdicos, galas, noites temáticas, bailes, espectáculos contratados, etc. Tendencias.

• Estruturación das actividades nocturnas: fases, temporalización, acondicionamento de espazos e instalacións e organización de recursos humanos e materiais.

• Estratexias metodolóxicas para o desenvolvemento de actividades nocturnas.

• Resposta a continxencias: programas alternativos.

• Determinación de medidas de prevención e seguridade.

BC7. Realización do seguimento e da avaliación dos programas e actividades de animación turística.

• Análise do proceso de avaliación.

• Determinación de técnicas, indicadores, criterios e instrumentos de avaliación.

• Elaboración e formalización de rexistros de seguimento: memorias e informes.

• Calidade: concepto e características no ámbito turístico.

• Xestión da calidade nos proxectos e nas actividades de animación turística.

• Plan, manual e certificacións de calidade. Tendencias no mercado.

• Utilización de tecnoloxías da información e da comunicación para a xestión da documentación asociada ao proceso.

• Importancia da transmisión da información para o desenvolvemento de proxectos e actividades de animación turística.

1.7.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén formación necesaria para desempeñar as funcións de organización da intervención, dirección ou supervisión, intervención ou execución, avaliación da intervención, promoción e difusión, coordinación ou mediación, xestión da calidade e administración da animación turística.

A función de organización abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación.

– Xestión, coordinación e supervisión da intervención.

– Elaboración de informes.

A función de dirección ou supervisión fai referencia aos aspectos relacionados coa dirección do equipo de traballo ou grupo de persoas que participan na organización e na posta en práctica da intervención.

A función de intervención ou execución abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización e desenvolvemento da actuación.

– Control, seguimento e avaliación das actividades.

– Elaboración da documentación asociada.

– Información e comunicación ás persoas usuarias e outras.

A función de avaliación fai referencia á posta en práctica dos procedementos deseñados para o control e o seguimento da intervención no seu conxunto.

A función de promoción e difusión abrangue aspectos como:

– Promoción de campañas e proxectos.

– Elaboración de soportes publicitarios.

A función de coordinación ou mediación abrangue aspectos como:

– Establecemento de retroalimentación.

– Xestión de conflitos.

A función de xestión de calidade abrangue aspectos como:

– Valoración do servizo.

– Control do proceso.

A función de administración abrangue aspectos como:

– Xestión de inventarios e documentación.

– Xestión de recursos humanos, materiais e económicos.

– Xestión do mantemento.

– Xestión de licenzas, autorizacións, permisos, etc.

– Xestión da prevención.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse no sector de servizos turísticos, no subsector da animación turística.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), i), j), o), p), q), r), s), t), u), v), w) e x) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), g), m), n), ñ), o), p), q), r) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo partirán dun enfoque procedemental do módulo realizando simulacións na aula e fóra dela e utilizando unha metodoloxía activa e motivadora que implique a participación do alumnado como axente activo dun proceso de ensino e aprendizaxe para:

– Análise dos sistemas de organización, planificación e control das empresas ou entidades de animación turística.

– Aplicación de procedementos de xestión económica, financeira e administrativa.

– Aplicación de procedementos de xestión comercial e de recursos humanos.

– Técnicas de dirección e negociación.

– Elaboración de programas de animación turística.

– Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación.

– Análise dos métodos de implantación e control de calidade.

1.8. Módulo profesional: Desenvolvemento comunitario.

• Equivalencia en créditos ECTS: 7.

• Código: MP1128.

• Duración: 107 horas.

1.8.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Deseña proxectos comunitarios, para o que selecciona estratexias que garantan a participación dos axentes sociais na análise da realidade social e a planificación da intervención.

– CA1.1. Identificáronse os elementos estruturais da comunidade e os principais axentes do proceso comunitario.

– CA1.2. Identificáronse os contextos, ámbitos e sectores de intervención do desenvolvemento comunitario.

– CA1.3. Definíronse estratexias para crear e manter relacións cos axentes comunitarios.

– CA1.4. Creáronse bases de datos de axentes, redes sociais, proxectos e programas comunitarios.

– CA1.5. Analizáronse programas e experiencias de desenvolvemento comunitario.

– CA1.6. Definíronse instrumentos para identificar as aspiracións e os intereses das persoas, colectivos, grupos e institucións.

– CA1.7. Describíronse as fases, as estratexias e os instrumentos para a planificación participativa de proxectos comunitarios.

– CA1.8. Argumentouse a importancia de manter actualizados os datos relativos a vías e fontes de información.

• RA2. Realiza actividades para promover a participación cidadá na construción de procesos comunitarios, en relación co marco legal e cos recursos dispoñibles.

– CA2.1. Caracterizáronse os procesos de participación social e cidadá e o seu marco legal.

– CA2.2. Elaboráronse instrumentos para identificar o nivel de participación de grupos, colectivos, entidades e institucións da comunidade ou zona.

– CA2.3. Identificáronse os factores que facilitan ou inhiben a participación comunitaria.

– CA2.4. Seleccionáronse recursos e estratexias para promover a participación e a colaboración dos axentes comunitarios.

– CA2.5. Caracterizáronse as intervencións comunitarias baseadas en apoio social.

– CA2.6. Describiuse o papel do persoal dinamizador comunitario nos procesos de apoio social.

– CA2.7. Identificáronse os espazos de encontro formais e informais existentes nunha comunidade ou zona.

– CA2.8. Establecéronse protocolos para o control e a xestión participativa dos materiais e dos espazos de encontro.

• RA3. Aplica recursos e estratexias para promover a comunicación e o intercambio de información entre os axentes comunitarios e identifica as características do territorio e a comunidade e as súas necesidades informativas.

– CA3.1. Seleccionáronse técnicas e estratexias de comunicación atendendo ás características do territorio e da comunidade.

– CA3.2. Elaboráronse instrumentos para identificar as necesidades informativas da comunidade.

– CA3.3. Identificáronse os instrumentos de comunicación formal e informal existentes no territorio de actuación.

– CA3.4. Identificáronse as principais fontes de información na dinamización comunitaria.

– CA3.5. Elaboráronse instrumentos para recoller e sistematizar a información xerada nos procesos comunitarios.

– CA3.6. Utilizáronse recursos e estratexias de comunicación e difusión de proxectos e actuacións comunitarias.

– CA3.7. Elaboráronse protocolos de intercambio e difusión de información no ámbito comunitario.

– CA3.8. Definíronse indicadores para valorar o nivel de difusión das actividades e o impacto da información transmitida.

• RA4. Realiza actuacións de apoio e soporte técnico ao tecido asociativo e analiza o marco legal e administrativo para a súa constitución e a súa xestión.

– CA4.1. Analizouse o marco legal e os procedementos administrativos para a constitución e a xestión dunha entidade ou asociación.

– CA4.2. Cubríronse os documentos de constitución dunha entidade ou asociación.

– CA4.3. Describiuse a estrutura organizativa e funcional das entidades e asociacións.

– CA4.4. Describiuse o papel e as funcións do persoal dinamizador comunitario no desenvolvemento e no mantemento do tecido asociativo.

– CA4.5. Identificáronse as vías para solicitar documentación de diferentes organismos, institucións e recursos que xestionan información.

– CA4.6. Identificáronse as axudas e as prestacións que poidan recibir as entidades ou asociacións por parte das administracións.

– CA4.7. Elaboráronse bases de datos e guías sobre recursos de apoio ao tecido asociativo.

• RA5. Pon en práctica procesos de mediación comunitaria, para o que analiza as características do conflito e dos axentes sociais implicados.

– CA5.1. Obtívose información salientable para caracterizar a situación de conflito.

– CA5.2. Argumentouse se a situación analizada é susceptible de mediación.

– CA5.3. Respectáronse as fases e as condicións de realización do proceso de mediación comunitaria.

– CA5.4. Argumentouse a selección das técnicas e dos procedementos empregados.

– CA5.5. Mantívose unha actitude de escoita activa durante o proceso de mediación.

– CA5.6. Establecéronse as liñas de actuación para realizar a avaliación do proceso e o seguimento dos acordos.

– CA5.7. Cubriuse a documentación asociada ao proceso de mediación.

– CA5.8. Valorouse a necesidade de que a información asociada ao proceso sexa fiable, válida e confidencial.

• RA6. Realiza actividades de avaliación dos proxectos comunitarios, para o que selecciona estratexias, técnicas e instrumentos que posibiliten a participación dos axentes.

– CA6.1. Seleccionáronse estratexias e instrumentos de avaliación participativa atendendo ás características da comunidade e aos obxectivos.

– CA6.2. Elaboráronse instrumentos para realizar o seguimento dos procesos de participación en colaboración cos axentes.

– CA6.3. Adecuáronse as técnicas e os instrumentos de recollida e análise da avaliación á realidade dos axentes.

– CA6.4. Establecéronse protocolos para a comunicación dos resultados da avaliación a todos os membros do equipo e os axentes implicados.

– CA6.5. Identificáronse os instrumentos de análise que permitan identificar a relación establecida entre os axentes comunitarios e o seu nivel de coordinación.

– CA6.6. Establecéronse criterios e indicadores para verificar a utilidade das estratexias e dos instrumentos de comunicación empregados no proxecto comunitario.

– CA6.7. Empregáronse as tecnoloxías da información e da comunicación para a elaboración, presentación e difusión de informes de avaliación e memorias.

– CA6.8. Establecéronse os procedementos xerais para a xestión da calidade da intervención.

1.8.2. Contidos básicos.

BC1. Deseño de proxectos comunitarios.

• Análise da estrutura comunitaria: organización da comunidade, delimitación de estruturas comunitarias, indicadores socioculturais.

– Concepto de comunidade.

– Elementos estruturais da comunidade: territorio, poboación, demanda e recursos.

– Rede social, grupos, colectivos e barrios.

• Desenvolvemento comunitario: concepcións e antecedentes históricos do desenvolvemento.

– Contextos, ámbitos e sectores de intervención.

– Ámbito rural e desenvolvemento comunitario.

• Axentes do proceso comunitario:

– Administración e institucións.

– Poboación e as súas organizacións.

– Recursos técnicos e profesionais.

• Equipo comunitario.

• Persoal dinamizador comunitario: papel e funcións; protocolos de presentación.

• Creación e mantemento de relacións cos axentes comunitarios: estratexias.

• Elaboración de bases de datos no ámbito comunitario.

– Selección, clasificación e arquivamento da información: fundamentos.

– Criterios para a súa realización: actualizables, con facilidade para o uso autónomo e accesible.

– Mantemento e actualización da información.

• Análise participativa da realidade.

– Instrumentos para identificar necesidades, aspiracións e intereses de persoas, colectivos, grupos e institucións.

– Técnicas e instrumentos de recollida de datos no ámbito comunitario.

– Análise de programas e experiencias concretas de desenvolvemento comunitario.

• Planificación participativa orientada a procesos e resultados: enfoque do marco lóxico.

• Valoración da participación como eixe do desenvolvemento comunitario.

BC2. Realización de actividades para promover a participación cidadá na construción de procesos comunitarios.

• Participación social e cidadá: orixe, historia e situación actual.

• Voluntariado social.

– Evolución histórica.

– Marco legal do voluntariado a nivel internacional, estatal e autonómico.

– Voluntariado e cooperación.

– Papel do voluntariado na actualidade.

• Marco legal da participación cidadá.

• Análise da participación comunitaria: técnicas e instrumentos, criterios e indicadores.

• Análise dos factores influentes no proceso de participación social: actitudes e motivación.

• Estratexias de participación: sensibilización e motivación, preparación e capacitación da comunidade.

• Apoio social para a intervención comunitaria.

– Redes sociais: tipos e conformación.

– Grupos de autoaxuda.

– Papel do persoal profesional.

• Espazos como recurso metodolóxico.

• Espazos de encontro. Xestión participativa: protocolos de uso e funcionamento.

• Importancia dos espazos de encontro como recurso para a participación.

BC3. Aplicación de recursos e estratexias para promover a comunicación e o intercambio de información entre axentes comunitarios.

• Técnicas comunicativas aplicadas á participación social.

• Factores que interveñen na comunicación na dinamización comunitaria.

• Aplicación de métodos e técnicas para a detección de necesidades informativas na comunidade.

• Identificación de medios de comunicación no ámbito comunitario: medios formais e informais, investigación de recursos.

• Realización de campañas informativas e formativas no desenvolvemento comunitario.

• Xestión da información no ámbito comunitario.

– Vías e fontes de información.

– Bases de datos.

– Importancia da actualización da información.

• Protocolos de intercambios de información.

– Criterios de elaboración: eficiencia, adaptación.

– Vías, soportes, tempos, períodos e rendibilización de instrumentos.

– Impacto da información. Indicadores.

BC4. Realización de actuacións de apoio e soporte técnico ao tecido asociativo.

• Organizacións non gobernamentais (ONG), fundacións e asociacións de carácter social: marco histórico.

• Marco legal: leis de asociacións e de fundacións.

• Proceso para a creación dunha asociación e dunha fundación: características de cada fase.

• Análise da estrutura organizativa e funcional das asociacións e das entidades sociais: organización do traballo, comunicación, formación interna e xestión do persoal. Perfís e funcións.

• Organización administrativa: arquivos e procedementos.

• Os recursos humanos en asociacións, fundacións e ONG.

• Papel e funcións do persoal profesional no apoio e no soporte técnico ao tecido asociativo.

• Administración pública no apoio asociativo.

• Selección de recursos de apoio ao tecido asociativo. Elaboración de bases de datos e de guías: criterios

• Obtención de recursos.

• Tipos de financiamento: subvencións, convenios, contratos e prestación de servizos.

BC5. Desenvolvemento de procesos de mediación comunitaria.

• Xestión de conflitos no ámbito comunitario: conceptualización, características, tipos e protagonistas do conflito; compoñentes e ciclos do conflito.

• Mediación comunitaria: principios, beneficiarios e ámbitos de aplicación. Vantaxes e desvantaxes.

• Realización de procesos de mediación comunitaria:

– Identificación das etapas.

– Aplicación de técnicas de xestión de conflitos na comunidade.

– Acordos na mediación comunitaria: características e condicións.

– Papel das partes implicadas na mediación comunitaria.

– Persoal profesional no proceso de mediación: funcións e habilidades.

• Avaliación e seguimento dos procesos de mediación. Coordinación con persoal avaliador externo na mediación comunitaria.

• Formalización da documentación asociada ao proceso de mediación.

BC6. Realización de actividades de avaliación dos proxectos comunitarios.

• Avaliación no ámbito comunitario: características e proceso.

• Avaliación participativa: técnicas e instrumentos. Adecuación aos axentes.

• Avaliación dos procesos de participación: criterios e indicadores.

• Avaliación das relacións e nivel de coordinación entre axentes: criterios e indicadores.

• Avaliación das estratexias e instrumentos de comunicación: criterios e indicadores (indicadores de difusión e impacto da información).

• Coordinación con persoal avaliador externo.

• Elaboración de informes e memorias no ámbito comunitario. Adecuación aos axentes comunitarios.

• Presentación e difusión de resultados.

• Uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

• Xestión da calidade no ámbito comunitario.

1.8.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén formación necesaria para desempeñar as funcións de organización da intervención, dirección ou supervisión, intervención ou execución, avaliación da intervención, promoción e difusión, coordinación ou mediación, xestión da calidade e administración de proxectos comunitarios.

A función de organización abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación.

– Xestión, coordinación e supervisión da intervención.

– Elaboración de informes.

A función de dirección ou supervisión fai referencia aos aspectos relacionados coa dirección do equipo de traballo ou grupo de persoas que participan na organización e posta en práctica da intervención.

A función de intervención ou execución abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización e desenvolvemento da actuación.

– Control, seguimento e avaliación das actividades.

– Elaboración da documentación asociada.

– Información e comunicación ás persoas usuarias e outras.

A función de avaliación fai referencia á posta en práctica dos procedementos deseñados para o control e seguimento da intervención no seu conxunto.

A función de promoción e difusión abrangue aspectos como:

– Promoción de campañas e proxectos.

– Elaboración de soportes publicitarios.

A función de coordinación ou mediación abrangue aspectos como:

– Establecemento de retroalimentación.

– Xestión de conflitos.

A función de xestión da calidade abrangue aspectos como:

– Valoración do servizo.

– Control do proceso.

A función de administración abrangue aspectos como:

– Xestión de inventarios e documentación.

– Xestión de recursos humanos, materiais e económicos.

– Xestión do mantemento.

– Xestión de licenzas, autorizacións, permisos, etc.

– Xestión da prevención.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse no sector de servizos á comunidade no subsector de dinamización comunitaria.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), k), o), q), r), s), t), u), v), w) e x) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), h), m), ñ), o), p) q), r) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Análise da realidade comunitaria.

– Traballo en equipo para:

– Elaborar e aplicar instrumentos de análise da realidade social.

– Deseñar estratexias e campañas de promoción da participación nos proxectos comunitarios.

– Utilización de tecnoloxías da información e comunicación para obter, xestionar e comunicar información, así como para promover e difundir proxectos.

1.9. Módulo profesional: Información xuvenil.

• Equivalencia en créditos ECTS: 7.

• Código: MP1129.

• Duración: 133 horas.

1.9.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza o contexto dos servizos de información para a xuventude, para o que analiza o marco legal e competencial.

– CA1.1. Describiuse a organización e a xestión dos servizos de información xuvenil (SIX) e comprobouse a súa especificidade respecto a outros servizos de información.

– CA1.2. Identificouse a lexislación autonómica reguladora dos servizos de información xuvenil.

– CA1.3. Identificáronse os recursos humanos do servizo de información xuvenil coas súas correspondentes funcións, de acordo coas súas titulacións e a súa formación.

– CA1.4. Identificáronse os recursos materiais e espaciais que se precisen.

– CA1.5. Definíronse os elementos da xestión de recursos materiais e económicos (orzamentos, normas, tipos de subvencións, etc.) que interveñen en programas e proxectos de información xuvenil.

– CA1.6. Diferenciáronse as vías de financiamento dos servizos de información xuvenil.

– CA1.7. Valoráronse os recursos relacionais da información xuvenil.

• RA2. Planifica a intervención en información xuvenil identificando a estrutura do servizo de información xuvenil, as demandas e os medios de difusión.

– CA2.1. Describíronse as necesidades e as demandas da xuventude, aplicando a lexislación e de acordo cos plans estratéxicos de referencia e cos principios deontolóxicos da información xuvenil.

– CA2.2. Diferenciáronse as fontes de documentación sobre a xuventude: observatorios de xuventude, estudos sociolóxicos, bibliotecas especializadas, censos, publicacións, etc.

– CA2.3. Identificáronse técnicas de selección e elaboración de información, orientación e asesoramento en concordancia coa xente nova usuaria en espazos físicos e virtuais.

– CA2.4. Identificouse a linguaxe e os soportes da información adaptados ao contexto e ás circunstancias socioculturais e lingüísticas da poboación receptora.

– CA2.5. Describíronse os medios de difusión a través dos cales se realiza a transmisión da información e da documentación.

– CA2.6. Identificáronse os sistemas de recollida de demandas da xente nova nos servizos de información xuvenil que faciliten a mellora do proceso de atención e información.

– CA2.7. Xustificouse a necesidade de aplicación de procedementos de resposta personalizada ás demandas da xuventude.

– CA2.8. Valoráronse as boas prácticas e o seu intercambio como medio para as melloras e as innovacións.

• RA3. Selecciona recursos de información para a xente nova en relación coas técnicas de procura e recuperación de información.

– CA3.1. Definíronse recursos de información para utilizar.

– CA3.2. Clasificáronse recursos de información tendo como referencia as necesidades da poboación xuvenil.

– CA3.3. Describíronse os recursos sobre os servizos de vivenda.

– CA3.4. Valoráronse os recursos sobre servizos de emprego.

– CA3.5. Describíronse os recursos de servizos de formación.

– CA3.6. Consideráronse os recursos de servizos de lecer e tempo libre.

– CA3.7. Describíronse os recursos de información sobre servizos de mobilidade.

• RA4. Realiza accións de información e asesoramento para a xuventude en relación coas necesidades detectadas.

– CA4.1. Consideráronse os programas existentes.

– CA4.2. Identificáronse os fundamentos das técnicas de asesoramento nos programas de información xuvenil.

– CA4.3. Argumentouse a importancia dos programas de emancipación xuvenil.

– CA4.4. Describíronse proxectos europeos e intercambios xuvenís.

– CA4.5. Xustificouse a necesidade dos programas de participación xuvenil e voluntariado.

– CA4.6. Definíronse programas de formación para a xuventude.

• RA5. Desenvolve o seguimento do proceso e xustifica a selección das estratexias, técnicas e instrumentos de avaliación.

– CA5.1. Describíronse os protocolos previstos no seguimento do usuario e das intervencións.

– CA5.2. Estableceuse a secuencia dos momentos do proceso de control e seguimento da intervención.

– CA5.3. Analizáronse sistemas de observación e avaliación continuos para a mellora da calidade dos servizos e das actividades na información xuvenil.

– CA5.4. Elaboráronse indicadores, entre a xente nova e o persoal formador, para a avaliación das accións de formación.

– CA5.5. Identificáronse os protocolos e os rexistros de avaliación de actividades formativas no marco da información xuvenil.

– CA5.6. Identificáronse os procedementos para realizar unha memoria que reflictan a información salientable para lle transmitir ao promotor dun servizo de información xuvenil.

– CA5.7. Valorouse a avaliación como elemento de calidade.

1.9.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización do contexto dos servizos de información xuvenil.

• Análise dos procesos de información, orientación e asesoramento xuvenil.

– Procesos de información, orientación e asesoramento no ámbito da xuventude. Historia da información xuvenil.

– Fundamentos e principios da información xuvenil.

– Consideración das diferenzas sexuais na análise dos procesos de información, orientación e asesoramento xuvenil.

• Organización dos servizos de información xuvenil (SIX).

– Información xuvenil nas políticas de xuventude.

– Marco lexislativo e normativo da información xuvenil. Procedemento administrativo. Protección de datos.

– Tipoloxía dos servizos de información xuvenil.

– Redes de información xuvenil.

– Sistemas de calidade nos servizos de información xuvenil.

• Xestión dos servizos de información xuvenil (SIX):

– Recursos materiais nos servizos de información xuvenil: elementos físicos. Organización de espazos informativos.

– Recursos económicos: orzamento.

– Vías de financiamento: subvencións.

– Recursos humanos nos servizos de información xuvenil: perspectiva profesional. Coordinación entre profesionais.

– Sinerxías na información xuvenil: transversalidade, cooperación e traballo en rede. Recursos relacionais da información xuvenil.

BC2. Planificación da intervención en información xuvenil.

• Perfil biopsicosocial da realidade xuvenil:

– Características diferenciais dos contextos xeográficos e socioculturais de intervención.

– Necesidades e demandas da xente nova.

– Técnicas de investigación social no ámbito da xuventude.

– Observatorios de xuventude.

– Fontes de información e documentación sobre a xente nova: observatorios de xuventude, estudos sociolóxicos, bibliotecas especializadas, censos, publicacións, etc.

• Intervención no traballo coa xente nova: información, equipamentos e actividades.

– Planificación da información xuvenil.

– Procedementos de resposta personalizada.

– Sistemas de recollida de demandas: instrumentos físicos e informáticos.

• Elaboración e difusión da información para a xuventude.

– Deseño e organización de campañas informativas para a xuventude.

– Metodoloxía de elaboración da información para a xuventude: linguaxes expresivas. Ficha informativa.

– Selección e tratamento da información e da documentación nos espazos físicos e virtuais. Técnicas de información e documentación xuvenil.

– Difusión de información xuvenil: soportes, publicacións físicas e virtuais na información para a xuventude.

– Dinamización e márketing da información para a xuventude.

– Innovación nos proxectos de información xuvenil: técnicas de creatividade e de motivación.

– Difusión e transferencia de boas prácticas.

BC3. Selección de recursos de información para a xuventude.

• Análise de recursos para a xuventude.

– Guías de información xuvenil.

– Recursos e servizos de vivenda: axudas, bolsas de aloxamento, aloxamentos para universitarios/as e outras modalidades.

– Recursos de traballo e servizos de emprego.

– Portais.

– Convocatorias e ofertas.

– Información sobre o emprego público.

– Redes de emprego.

– Bolsas de traballo.

– Guías interactivas sociolaborais.

– Rede territorial de oficinas de emancipación para a xuventude.

– Oficina Transfronteiriza de Emancipación para a Xuventude.

– Recursos de formación.

– Escolas de formación.

– Tecnoloxías da información e da comunicación.

– Procura activa de emprego.

– Procura a través da internet: axudas e subvencións.

– Recursos para o lecer e o tempo libre.

– Rede española de albergues xuvenís.

– Federación Internacional de Albergues Xuvenís.

– Servizos de voluntariado.

– Clubs de idiomas.

– Recursos para a mobilidade.

– Guías turísticas para a xuventude viaxeira.

– Aloxamentos xuvenís: residencias, albergues, campamentos, etc.

– Organismos internacionais.

BC4. Realización de accións de información e asesoramento á xuventude.

• Selección de programas para a xuventude: fundamentos.

– Programas de información e asesoramento: asesoría xurídica para a xuventude, asesoría psicosocial, asesoría académico-laboral. Eurodesk.

– Programas de emancipación: rendas de emancipación.

– Programas de proxectos europeos e intercambios xuvenís.

– Proxectos de intercambios de xente nova (Europa, América latina, etc.).

– Programas de participación xuvenil e voluntariado. Asociacionismo xuvenil: constitución e tipos, fontes de financiamento.

– Programas de formación para a xuventude. Organización e xestión de cursos, encontros, foros, xornadas, etc.

– Outros programas.

• Realización de accións de información e asesoramento sobre programas para a xuventude.

• Aplicación de estratexias de asesoramento: pautas de actuación.

BC5. Desenvolvemento do seguimento do proceso.

• A avaliación no proceso de información xuvenil.

• Metodoloxía e ferramentas de avaliación participativa.

• Protocolos e rexistros de avaliación de actividades formativas de información xuvenil.

• Análise de datos das avaliacións.

• Elaboración de informes e memorias das actividades formativas de información xuvenil.

• Valoración da avaliación como elemento de calidade en futuras accións formativas.

• Apreciación da importancia da coordinación e do traballo en equipo na avaliación da intervención.

• Avaliación da xestión de calidade nos servizos de información xuvenil.

1.9.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén formación necesaria para desempeñar as funcións de organización da intervención, intervención ou execución, avaliación da intervención, promoción e difusión e xestión da calidade.

A función de organización abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación.

– Xestión, coordinación e supervisión da intervención.

– Elaboración de informes.

A función de intervención ou execución abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización e desenvolvemento da actuación.

– Control, seguimento e avaliación das actividades.

– Elaboración da documentación asociada.

– Información e comunicación ás persoas usuarias e outras.

A función de avaliación fai referencia á posta en práctica dos procedementos deseñados para o control e o seguimento da intervención no seu conxunto.

A función de promoción e difusión abrangue aspectos como:

– Promoción de campañas e proxectos.

– Elaboración de soportes publicitarios.

A función de xestión da calidade abrangue aspectos como:

– Valoración do servizo.

– Control do proceso.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse no sector de servizos de información xuvenil.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos a), b), c), d), e), f), i), j), k), l), m), o), p), q), r), s), t), u), v), w) e x) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), g), h), i), j), m), n), ñ), o), p), q), r) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Traballo en equipo para:

– Elaboración e aplicación de instrumentos que permitan detectar as necesidades informativas da xuventude.

– Elaboración de guías de recursos de información.

– Deseño, organización, posta en práctica e avaliación, en situacións reais ou simuladas, de accións informativas en diferentes ámbitos dirixidas a colectivos de xente nova.

– Utilización de tecnoloxías da información e comunicación para obter, xestionar e comunicar información, para a promover e para a difundir.

1.10. Módulo profesional: Intervención socioeducativa con xente nova.

• Equivalencia en créditos ECTS: 7.

• Código: MP1130.

• Duración: 105 horas.

1.10.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza o contexto da intervención socioeducativa con xente nova e analiza o marco da educación non formal no concepto global de educación.

– CA1.1. Describíronse as características da intervención socioeducativa con xente nova no ámbito da educación non formal.

– CA1.2. Interpretouse o marco lexislativo e competencial da intervención socioeducativa dirixida á poboación nova no ámbito da educación non formal.

– CA1.3. Analizouse o papel e a importancia da educación non formal nas políticas de xuventude.

– CA1.4. Valoráronse as accións formativas desde a educación non formal como fonte de recursos para a toma de decisións por parte das persoas destinatarias.

– CA1.5. Identificáronse os procedementos de recoñecemento da educación non formal.

• RA2. Deseña accións formativas dirixidas á xuventude, analizando as súas demandas e necesidades e a metodoloxía de traballo no ámbito da educación non formal.

– CA2.1. Establecéronse técnicas e instrumentos para identificar necesidades e demandas formativas da poboación nova.

– CA2.2. Describiuse o proceso de ensino e aprendizaxe na educación non formal.

– CA2.3. Describíronse dinámicas e metodoloxías de aprendizaxe que posibiliten a adquisición de coñecementos que contribúan ao desenvolvemento de actitudes.

– CA2.4. Argumentouse a importancia da educación non formal para o desenvolvemento de actitudes de participación nunha sociedade democrática.

– CA2.5. Deseñáronse estratexias formativas de orientación e asesoramento que proporcionan recursos para a toma de decisións.

– CA2.6. Establecéronse criterios de accesibilidade e deseño universais no deseño das accións formativas.

– CA2.7. Incorporouse a perspectiva de xénero no deseño das accións formativas.

– CA2.8. Valorouse a intervención socioeducativa coa xuventude desde a educación non formal como un recurso para o seu desenvolvemento integral.

• RA3. Organiza accións formativas analizando as posibilidades educativas dos servizos de información xuvenil e as formas de coordinación de metodoloxías e contidos con outros/as formadores/as para a consecución de obxectivos comúns.

– CA3.1. Describiuse o papel dos axentes formativos na educación non formal.

– CA3.2. Analizouse o traballo en rede e os procesos de creación, mantemento e uso das redes implantadas a nivel comunitario, estatal e autonómico.

– CA3.3. Deseñáronse estratexias para o traballo en rede.

– CA3.4. Establecéronse espazos de encontro accesibles á poboación nova.

– CA3.5. Identificáronse obxectivos, demandas e necesidades de formación comúns a diferentes servizos de información xuvenil.

– CA3.6. Describíronse as posibilidades das tecnoloxías da información e da comunicación para a cooperación e a coordinación interprofesional no deseño e no desenvolvemento de accións formativas.

– CA3.7. Seleccionáronse ferramentas para a difusión das ofertas formativas a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

– CA3.8. Describíronse as funcións dos centros coordinadores de redes de información na formación para a xuventude.

• RA4. Desenvolve accións formativas en educación non formal, para o que selecciona os recursos necesarios en función das características específicas do ámbito de intervención.

– CA4.1. Identificáronse os ámbitos de intervención socioeducativa con xente nova desde a educación non formal.

– CA4.2. Realizáronse actividades dirixidas á intervención socioeducativa con xente nova en diferentes ámbitos.

– CA4.3. Seleccionáronse temas de interese para a xuventude.

– CA4.4. Seleccionáronse fontes e recursos documentais para o desenvolvemento das accións formativas.

– CA4.5. Seleccionáronse infraestruturas e materiais acordes cos obxectivos da intervención.

– CA4.6. Establecéronse procedementos para a organización de infraestruturas e materiais tendo en conta os criterios de desenvolvemento integral e participación.

– CA4.7. Elaboráronse materiais para o desenvolvemento das accións formativas.

– CA4.8. Valorouse a importancia da creación dun clima adecuado no desenvolvemento das accións formativas.

• RA5. Realiza actividades de avaliación de intervencións socioeducativas con xente nova seleccionando elementos e instrumentos propios da educación non formal.

– CA5.1. Identificáronse sistemas de avaliación das accións de formación na educación non formal.

– CA5.2. Seleccionouse o sistema de avaliación en función da actividade de formación desenvolvida.

– CA5.3. Elaboráronse protocolos de avaliación e rexistro para recoller a información das persoas participantes na acción de formación.

– CA5.4. Establecéronse indicadores para realizar a avaliación das accións formativas.

– CA5.5. Seleccionáronse estratexias, técnicas e instrumentos que posibiliten unha avaliación participativa das accións de formación.

– CA5.6. Utilizáronse estratexias e técnicas de análise de datos para realizar a avaliación das accións formativas.

– CA5.7. Identificáronse as estratexias de avaliación e recoñecemento da aprendizaxe non formal.

– CA5.8. Establecéronse protocolos de uso dos resultados da avaliación para mellorar a calidade de accións futuras.

1.10.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización do contexto da intervención socioeducativa con xente nova.

• Intervención socioeducativa con xente nova no ámbito da educación non formal: características.

• Marco lexislativo e competencial da intervención socioeducativa con xente nova no ámbito da educación non formal.

• Análise das políticas xuvenís no ámbito estatal e autonómico: plans de xuventude.

• Educación non formal nas políticas de xuventude: obxectivos educativos, características e funcións. Importancia da educación non formal.

• Valoración da importancia da intervención socioeducativa nos procesos de toma de decisións por parte da poboación nova.

• Recoñecemento da educación non formal.

BC2. Deseño de accións formativas dirixidas á xuventude.

• Análise de necesidades e demandas formativas da poboación nova.

– Métodos de detección de necesidades formativas.

– Estratexias, técnicas, instrumentos e recursos.

– Compilación documental.

• Análise do proceso de ensino e aprendizaxe na educación non formal: dinámicas e metodoloxías de aprendizaxe.

• Deseño de proxectos formativos. Actividades formativas.

• Análise de métodos de educación activa: participación como sistema de aprendizaxe.

• Tipos de accións formativas.

– Estratexias para a toma de decisións: orientación e asesoramento.

– Sensibilización.

– Motivación á participación.

• Criterios de accesibilidade e deseño universais no deseño das accións formativas.

• Consideración das diferenzas sexuais nos proxectos destinados á xente nova.

• Valoración da importancia da educación non formal para o desenvolvemento integral das persoas novas.

BC3. Organización de accións formativas.

• Análise do perfil dos axentes formativos na educación non formal: papel e funcións. Persoal educador de rúa.

• Traballo en equipo con persoal formador:

– Coordinación, metodoloxías e xestión.

– Coordinación e cooperación interprofesional no deseño e no desenvolvemento de accións formativas.

– Posibilidades das tecnoloxías da información e da comunicación.

• Traballo en rede e redes de intervención socioeducativa:

– Redes comunitarias, estatais e autonómicas.

– Análise dos procesos de creación, mantemento e uso de redes.

– Centros coordinadores de redes de información na formación para a xuventude.

– Estratexias para o traballo en rede.

– Identificación de obxectivos, necesidades e demandas de formación comúns.

• Espazos de encontro destinados á poboación nova.

– Servizos de información xuvenil como espazos educativos.

– Espazos destinados á creatividade.

– Utilización de espazos vitais para a intervención socioeducativa.

• Difusión das ofertas formativas a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

• Valoración da importancia das tecnoloxías da información e da comunicación nos procesos de intervención con xente nova.

BC4. Desenvolvemento de accións formativas en educación non formal.

• Ámbitos de intervención socioeducativa:

– Alfabetización informacional.

– Desenvolvemento de habilidades sociais.

– Educación en valores: educación intercultural.

– Promoción de hábitos saudables, de sustentabilidade e de cidadanía.

– Prevención de condutas de risco.

– Promoción da igualdade entre mulleres e homes: prevención da violencia de xénero.

– Bases da formación en procesos de emancipación.

• Realización de accións formativas.

– Selección de fontes documentais e de recursos.

– Selección e elaboración de materiais.

– Organización de infraestruturas e materiais.

– Estratexias e pautas de actuación no traballo con xente nova.

• Valoración da importancia de establecer un clima adecuado no desenvolvemento das accións formativas.

BC5. Realización de actividades de avaliación de intervencións socioeducativas con xente nova.

• Avaliación participativa na educación non formal. Análise de estratexias para a avaliación participativa.

• Estratexias de avaliación e recoñecemento da aprendizaxe non formal.

• Elaboración de protocolos e rexistros de avaliación de actividades formativas.

• Formalización de protocolos e rexistros de avaliación. Análise de datos das avaliacións: estratexias e técnicas.

• Elaboración de informes e memorias das actividades formativas.

• Avaliación como elemento de calidade na intervención socioeducativa con xente nova. Indicadores e criterios de calidade.

• Valoración da importancia da participación das persoas destinatarias no proceso de avaliación.

1.10.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén formación necesaria para desempeñar as funcións de organización da intervención, intervención ou execución, avaliación da intervención, promoción e difusión e xestión da calidade da intervención socioeducativa con xente nova.

A función de organización abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación.

– Xestión, coordinación e supervisión da intervención.

– Elaboración de informes.

A función de intervención ou execución abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización e desenvolvemento da actuación.

– Control, seguimento e avaliación das actividades.

– Elaboración da documentación asociada.

– Información e comunicación ás persoas usuarias e outras.

A función de avaliación fai referencia á posta en práctica dos procedementos deseñados para o control e o seguimento da intervención no seu conxunto.

A función de promoción e difusión abrangue aspectos como a promoción de campañas e proxectos.

A función de xestión da calidade abrangue aspectos como a valoración do servizo e o control do proceso.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse no sector de servizos de información.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), i), j), k), m), o), p), q), r), s), t), u), v), w) e x) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), g), h), j), m), n), ñ), o), p), q), r) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Traballo en equipo para:

– Elaboración e aplicación de instrumentos que permitan detectar as necesidades e as demandas formativas da xuventude.

– Deseño, organización, posta en práctica e avaliación, en situacións reais ou simuladas, de accións formativas dirixidas a colectivos de persoas novas.

– Utilización de tecnoloxías da información e comunicación para:

– Procura de información e recursos para o desenvolvemento das accións formativas.

– Creación de redes de traballo.

– Difusión de accións formativas.

1.11. Módulo profesional: Contexto da animación sociocultural.

• Equivalencia en créditos ECTS: 7.

• Código: MP1131.

• Duración: 107 horas.

1.11.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Contextualiza a animación sociocultural, para o que analiza as características da educación non formal.

– CA1.1. Explicáronse as características da sociedade actual.

– CA1.2. Analizáronse os modelos de intervención sociocultural na sociedade actual.

– CA1.3. Analizouse a educación non formal como espazo de intervención dos procesos de animación sociocultural.

– CA1.4. Describíronse as áreas de actuación da educación non formal.

– CA1.5. Relacionouse a educación non formal e a animación sociocultural.

– CA1.6. Valorouse a importancia da educación permanente como base dos procesos educativos.

• RA2. Caracteriza os procesos de animación sociocultural, para o que analiza os principios de intervención.

– CA2.1. Identificáronse as bases pedagóxicas da intervención sociocultural.

– CA2.2. Describíronse os antecedentes e o desenvolvemento da animación sociocultural ao longo da historia.

– CA2.3. Explicáronse os enfoques da animación sociocultural a nivel internacional.

– CA2.4. Relacionáronse os conceptos relacionados coa animación sociocultural.

– CA2.5. Relacionouse a animación sociocultural con algúns conceptos próximos.

– CA2.6. Describíronse os principios da animación sociocultural.

– CA2.7. Valorouse a animación sociocultural como promotora do desenvolvemento da comunidade.

• RA3. Determina as características dos colectivos de intervención nos procesos de intervención sociocultural e analiza as súas necesidades.

– CA3.1. Definíronse os fitos evolutivos das persoas.

– CA3.2. Analizáronse as características psicolóxicas e sociais dos colectivos.

– CA3.3. Describíronse as necesidades das persoas a que vaian destinados os procesos de intervención sociocultural.

– CA3.4. Organizáronse os espazos de intervención de xeito que se lles garanta a accesibilidade a todas as persoas.

– CA3.5. Relacionáronse os espazos de animación sociocultural coas necesidades das persoas usuarias.

– CA3.6. Establecéronse as medidas de prevención e seguridade nas intervencións socioculturais, tendo en conta as necesidades dos colectivos de intervención.

– CA3.7. Valorouse a importancia do respecto e da tolerancia ás persoas usuarias.

• RA4. Caracteriza os ámbitos de animación sociocultural, para o que analiza as características e as necesidades das persoas destinatarias.

– CA4.1. Describíronse os ámbitos da animación sociocultural.

– CA4.2. Relacionáronse os ámbitos de intervención coas características das persoas usuarias.

– CA4.3. Analizouse o marco legal dos ámbitos de animación sociocultural.

– CA4.4. Caracterizouse a profesión de animación sociocultural e turística atendendo á súa formación e a outros criterios ou atributos.

– CA4.5. Identificáronse as funcións do/da técnico/a en animación sociocultural e turística, tendo en conta os ámbitos de intervención.

– CA4.6. Identificáronse as principais fontes de información no ámbito da animación sociocultural.

– CA4.7. Utilizáronse as tecnoloxías da información como fonte de información sobre as necesidades das persoas usuarias.

• RA5. Caracteriza servizos e programas de animación sociocultural en relación coas necesidades e as características das persoas usuarias.

– CA5.1. Analizáronse as políticas de animación cultural a nivel comunitario, estatal, autonómico e local.

– CA5.2. Identificáronse os axentes sociais que poñen en práctica as políticas.

– CA5.3. Caracterizáronse os servizos, programas e axentes de intervención sociocultural con persoas maiores.

– CA5.4. Describíronse os servizos, programas e axentes de intervención sociocultural coas persoas con discapacidade.

– CA5.5. Identificáronse as medidas de accesibilidade aos servizos de intervención sociocultural.

– CA5.6. Describíronse os servizos de animación sociocultural a través das tecnoloxías da información.

– CA5.7. Valorouse a importancia do proxecto social como ferramenta da intervención en animación sociocultural.

– CA5.8. Valoráronse as medidas de promoción da igualdade de oportunidades nos servizos de intervención sociocultural.

1.11.2. Contidos básicos.

BC1. Contextualización da animación sociocultural.

• Características da sociedade actual.

• Análise de modelos de intervención sociocultural na sociedade actual.

• Educación non formal: características, áreas e medios.

• Animación sociocultural e educación non formal.

• Importancia da configuración da sociedade actual no desenvolvemento da animación sociocultural.

• Valoración da educación non formal na educación permanente.

BC2. Caracterización dos procesos de animación sociocultural.

• Intervención sociocultural e animación sociocultural.

• Animación sociocultural.

• Análise de aspectos históricos e evolutivos da animación.

• Animación sociocultural e conceptos próximos: pedagoxía social, educación social, educación permanente, educación popular, educación de persoas adultas e animación de lecer e tempo libre.

• Tendencias da animación sociocultural en Europa e en América latina.

• Principios da animación sociocultural.

• Importancia da animación sociocultural como promotora do desenvolvemento da comunidade.

BC3. Determinación das características dos colectivos de intervención.

• Psicoloxía evolutiva. Desenvolvemento evolutivo das persoas.

• Características psicolóxicas e sociais da poboación destinataria da intervención sociocultural.

• Necesidades de cada colectivo en intervención sociocultural.

• Organización dos espazos segundo as necesidades dos colectivos de intervención.

• Accesibilidade e deseño universais.

• Prevención e seguridade na intervención sociocultural.

• Valoración do respecto e a tolerancia polas necesidades dos colectivos.

BC4. Caracterización dos ámbitos de animación sociocultural.

• Ámbitos de intervención sociocultural: animación cultural, desenvolvemento comunitario e animación de lecer e tempo libre.

• Análise dos ámbitos de intervención e das necesidades das persoas usuarias.

• Análise do marco lexislativo da animación sociocultural: lexislación internacional, estatal, autonómica e local.

• Animación sociocultural e persoas maiores.

• Animación sociocultural e persoas con discapacidade.

• Profesionalización da animación sociocultural.

• Funcións do persoal animador sociocultural.

• Identificación de fontes de información.

• Uso das tecnoloxías da información e da comunicación como recurso.

• Importancia do respecto e da tolerancia na intervención sociocultural.

BC5. Caracterización de servizos e programas de intervención sociocultural.

• Políticas de animación sociocultural.

• Análise dos recursos de intervención sociocultural.

• Programas de animación sociocultural: infancia, xuventude, persoas adultas e persoas maiores; persoas con discapacidade e outros colectivos.

• Promoción da igualdade de oportunidades nos servizos de intervención sociocultural.

• Servizos de animación sociocultural e tecnoloxías da información e da comunicación.

• Accesibilidade nos servizos de intervención sociocultural.

• Valoración do proxecto social como ferramenta de intervención na animación sociocultural.

1.11.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén formación necesaria para desempeñar as funcións de organización da intervención, intervención ou execución, avaliación da intervención e xestión da calidade da animación sociocultural.

A función de organización abrangue aspectos como:

– Detección de necesidades.

– Programación.

– Xestión, coordinación e supervisión da intervención.

– Elaboración de informes.

A función de intervención ou execución abrangue aspectos como:

– Recollida de información.

– Organización e desenvolvemento da actuación.

– Control, seguimento e avaliación das actividades.

– Elaboración da documentación asociada.

– Información e comunicación ás persoas usuarias e a outras.

A función de avaliación fai referencia á posta en práctica dos procedementos deseñados para o control e seguimento da intervención no seu conxunto.

A función de xestión da calidade abrangue aspectos como a valoración do servizo e o control do proceso.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse nos sectores de servizos á comunidade, culturais, turísticos, e de lecer e tempo libre.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), i), j), k), m), o), q), r), s), u), v) e w) do ciclo formativo e as competencias a), g), h), j), m), ñ), o), q), r) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo partirán dun enfoque procedemental do módulo, realizando simulacións na aula e fóra dela e utilizando unha metodoloxía activa e motivadora que implique a participación do alumnado como axente activo dun proceso de ensino e aprendizaxe para realizar:

– Contextualización das intervencións socioculturais.

– Adecuación das intervencións aos grupos (persoas da terceira idade, con discapacidade, etc.) con que interveña.

– Análise de programas e servizos relacionados coa intervención sociocultural.

– Traballo en equipo.

– Uso das tecnoloxías da información e da comunicación.

– Autoavaliación e reflexión crítica.

– Respecto e atención á diversidade.

1.12. Módulo profesional: Proxecto de Animación Sociocultural e Turística.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: MP1132.

• Duración: 26 horas.

1.12.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica necesidades do sector produtivo en relación con proxectos tipo que as poidan satisfacer.

– CA1.1. Clasificáronse as empresas do sector polas súas características organizativas e o tipo de produto ou servizo que ofrecen.

– CA1.2. Caracterizáronse as empresas tipo e indicouse a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

– CA1.3. Identificáronse as necesidades máis demandadas ás empresas.

– CA1.4. Valoráronse as oportunidades de negocio previsibles no sector.

– CA1.5. Identificouse o tipo de proxecto requirido para dar resposta ás demandas previstas.

– CA1.6. Determináronse as características específicas requiridas ao proxecto.

– CA1.7. Determináronse as obrigas fiscais, laborais e de prevención de riscos e as súas condicións de aplicación.

– CA1.8. Identificáronse as axudas e as subvencións para a incorporación das novas tecnoloxías de produción ou de servizo que se propoñan.

– CA1.9. Elaborouse o guión de traballo para seguir na elaboración do proxecto.

• RA2. Deseña proxectos relacionados coas competencias expresadas no título, onde inclúe e desenvolve as fases que o compoñen.

– CA2.1. Compilouse información relativa aos aspectos que se vaian tratar no proxecto.

– CA2.2. Realizouse o estudo da viabilidade técnica do proxecto.

– CA2.3. Identificáronse as fases ou as partes que compoñen o proxecto e o seu contido.

– CA2.4. Establecéronse os obxectivos procurados e identificouse o seu alcance.

– CA2.5. Prevíronse os recursos materiais e persoais necesarios para realizar o proxecto.

– CA2.6. Realizouse o orzamento correspondente.

– CA2.7. Identificáronse as necesidades de financiamento para a posta en marcha do proxecto.

– CA2.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para o seu deseño.

– CA2.9. Identificáronse os aspectos que se deben controlar para garantir a calidade do proxecto.

• RA3. Planifica a posta en práctica ou a execución do proxecto, para o que determina o plan de intervención e a documentación asociada.

– CA3.1. Estableceuse a secuencia de actividades ordenadas en función das necesidades de posta en práctica.

– CA3.2. Determináronse os recursos e a loxística necesarios para cada actividade.

– CA3.3. Identificáronse as necesidades de permisos e autorizacións para levar a cabo as actividades.

– CA3.4. Determináronse os procedementos de actuación ou execución das actividades.

– CA3.5. Identificáronse os riscos inherentes á posta en práctica e definiuse o plan de prevención de riscos, así como os medios e os equipamentos necesarios.

– CA3.6. Planificouse a asignación de recursos materiais e humanos e os tempos de execución.

– CA3.7. Fíxose a valoración económica que dea resposta ás condicións da posta en práctica.

– CA3.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a posta en práctica ou execución.

• RA4. Define os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxecto e xustifica a selección das variables e dos instrumentos empregados.

– CA4.1. Definiuse o procedemento de avaliación das actividades ou intervencións.

– CA4.2. Definíronse os indicadores de calidade para realizar a avaliación.

– CA4.3. Definiuse o procedemento para a avaliación das incidencias que se poidan presentar durante a realización das actividades, así como a súa solución e o seu rexistro.

– CA4.4. Definiuse o procedemento para xestionar os cambios nos recursos e nas actividades, incluíndo o sistema para o seu rexistro.

– CA4.5. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a avaliación das actividades e do proxecto.

– CA4.6. Estableceuse o procedemento para a participación na avaliación das persoas usuarias ou da clientela e elaboráronse os documentos específicos.

– CA4.7. Estableceuse un sistema para garantir o cumprimento do prego de condicións do proxecto, cando este exista.

• RA5. Elabora e expón o informe do proxecto realizado e xustifica o procedemento seguido.

– CA5.1. Enunciáronse os obxectivos do proxecto.

– CA5.2. Describiuse o proceso seguido para a identificación das necesidades das empresas do sector.

– CA5.3. Describiuse a solución adoptada a partir da documentación xerada no proceso de deseño.

– CA5.4. Describíronse as actividades en que se divide a execución do proxecto.

– CA5.5. Xustificáronse as decisións tomadas de planificación da execución do proxecto.

– CA5.6. Xustificáronse as decisións tomadas de seguimento e control na execución do proxecto.

– CA5.7. Formuláronse as conclusións do traballo realizado en relación coas necesidades do sector produtivo.

– CA5.8. Formuláronse, de ser o caso, propostas de mellora.

– CA5.9. Realizáronse, de ser o caso, as aclaracións solicitadas na exposición.

– CA5.10. Empregáronse ferramentas informáticas para a presentación dos resultados.

1.12.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional complementa a formación establecida para o resto dos módulos profesionais que integran o título nas funcións de análise do contexto, deseño do proxecto e organización da execución.

A función de análise do contexto inclúe as subfuncións de compilación de información, identificación de necesidades e estudo de viabilidade.

A función de deseño do proxecto ten como obxectivo establecer as liñas xerais para dar resposta ás necesidades presentadas e concretar os aspectos salientables para a súa realización. Inclúe as subfuncións de definición do proxecto, planificación da intervención e elaboración da documentación.

A función de organización da execución inclúe as subfuncións de programación de actividades, xestión de recursos e supervisión da intervención.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións desenvólvense no sector da animación sociocultural.

Fomentarase e valorarase a creatividade, o espírito crítico e a capacidade de innovación nos procesos realizados, así como a adaptación da formación recibida en supostos laborais e en novas situacións.

O equipo docente exercerá a titoría das seguintes fases de realización do traballo, que se realizarán fundamentalmente de xeito non presencial: estudo das necesidades do sector produtivo, deseño, planificación e seguimento da execución do proxecto.

A exposición do informe, que realizará todo o alumnado, é parte esencial do proceso de avaliación e defenderase ante o equipo docente.

Polas súas propias características, a formación do módulo relaciónase con todos os obxectivos xerais do ciclo e con todas as competencias profesionais, persoais e sociais, bardante no relativo á posta en práctica de diversos aspectos da intervención deseñada.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas:

– Coa execución de traballos en equipo.

– Coa autoavaliación do traballo realizado.

– Coa autonomía e iniciativa.

– Co uso das TIC.

1.13. Módulo profesional: Formación e orientación laboral.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: MP1133.

• Duración: 107 horas.

1.13.1. Unidade formativa 1: Prevención de riscos laborais.

• Código: MP1133_12.

• Duración: 45 horas.

1.13.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece os dereitos e as obrigas das persoas traballadoras e empresarias relacionados coa seguridade e a saúde laboral.

– CA1.1. Relacionáronse as condicións laborais coa saúde da persoa traballadora.

– CA1.2. Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

– CA1.3. Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

– CA1.4. Comprendéronse as actuacións adecuadas ante situacións de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

– CA1.5. Valoráronse as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e da lactación e de menores.

– CA1.6. Analizáronse os dereitos á vixilancia e protección da saúde no sector de animación sociocultural ou turística.

– CA1.7. Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos laborais.

• RA2. Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional, analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sector da animación sociocultural ou turística.

– CA2.1. Determináronse as condicións de traballo con significación para a prevención nos contornos de traballo relacionados co perfil profesional de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.

– CA2.2. Clasificáronse os factores de risco na actividade e os danos derivados deles.

– CA2.3. Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais, con especial referencia a accidentes de traballo e doenzas profesionais, relacionados co perfil profesional de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.

– CA2.4. Identificáronse as situacións de risco máis habituais nos contornos de traballo das persoas coa titulación de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.

– CA2.5. Levouse a cabo a avaliación de riscos nun contorno de traballo, real ou simulado, relacionado co sector de actividade.

• RA3. Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as responsabilidades de todos os axentes implicados.

– CA3.1. Valorouse a importancia dos hábitos preventivos en todos os ámbitos e en todas as actividades da empresa.

– CA3.2. Clasificáronse os xeitos de organización da prevención na empresa en función dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

– CA3.3. Determináronse os xeitos de representación das persoas traballadoras na empresa en materia de prevención de riscos.

– CA3.4. Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de riscos laborais.

– CA3.5. Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia.

– CA3.6. Estableceuse o ámbito dunha prevención integrada nas actividades da empresa e determináronse as responsabilidades e as funcións de cadaquén.

– CA3.7. Definiuse o contido do plan de prevención nun centro de traballo relacionado co sector profesional da titulación de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.

– CA3.8. Proxectouse un plan de emerxencia e evacuación para unha pequena ou mediana empresa do sector de actividade do título.

• RA4. Determina as medidas de prevención e protección no contorno laboral da titulación de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.

– CA4.1. Definíronse as técnicas e as medidas de prevención e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco, ou para reducir as súas consecuencias no caso de materializarse.

– CA4.2. Analizouse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diversos tipos.

– CA4.3. Seleccionáronse os equipamentos de protección individual (EPI) adecuados ás situacións de risco atopadas.

– CA4.4. Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

– CA4.5. Identificáronse as técnicas de clasificación de persoas feridas en caso de emerxencia onde existan vítimas de diversa gravidade.

– CA4.6. Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos, así como a composición e o uso da caixa de urxencias.

1.13.1.2. Contidos básicos.

BC1. Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral.

• Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

• Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

• Análise dos dereitos e das obrigas das persoas traballadoras e empresarias en prevención de riscos laborais.

• Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de risco no seu contorno laboral.

• Protección de persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos.

BC2. Avaliación de riscos profesionais.

• Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómicas e psicosociais.

• Determinación dos danos á saúde da persoa traballadora que poden derivar das condicións de traballo e dos factores de risco detectados.

• Riscos específicos no sector de animación sociocultural ou turística en función das probables consecuencias, do tempo de exposición e dos factores de risco implicados.

• Avaliación dos riscos atopados en situacións potenciais de traballo no sector de animación sociocultural ou turística.

BC3. Planificación da prevención de riscos na empresa.

• Xestión da prevención na empresa: funcións e responsabilidades.

• Órganos de representación e participación das persoas traballadoras en prevención de riscos laborais.

• Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

• Planificación da prevención na empresa.

• Plans de emerxencia e de evacuación en contornos de traballo.

• Elaboración dun plan de emerxencia nunha empresa do sector.

• Participación na planificación e na posta en práctica dos plans de prevención.

BC4. Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.

• Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

• Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

• Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

• Actuación responsable en situacións de emerxencias e primeiros auxilios.

1.13.2. Unidade formativa 2: Equipos de traballo, dereito do traballo e da Seguridade Social e procura de emprego.

• Código: MP1133_22.

• Duración: 62 horas.

1.13.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.

– CA1.1. Identificáronse os equipos de traballo en situacións de traballo relacionadas co perfil de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística e valoráronse as súas vantaxes sobre o traballo individual.

– CA1.2. Determináronse as características do equipo de traballo eficaz fronte ás dos equipos ineficaces.

– CA1.3. Adoptáronse responsablemente os papeis asignados para a eficiencia e a eficacia do equipo de traballo.

– CA1.4. Empregáronse adecuadamente as técnicas de comunicación no equipo de traballo para recibir e transmitir instrucións e coordinar as tarefas.

– CA1.5. Determináronse procedementos para a resolución dos conflitos identificados no seo do equipo de traballo.

– CA1.6. Aceptáronse de forma responsable as decisións adoptadas no seo do equipo de traballo.

– CA1.7. Analizáronse os obxectivos alcanzados polo equipo de traballo en relación cos obxectivos establecidos e coa participación responsable e activa dos seus membros.

• RA2. Identifica os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais e recoñéceos en diferentes situacións de traballo.

– CA2.1. Identificáronse o ámbito de aplicación, as fontes e os principios de aplicación do dereito do traballo.

– CA2.2. Distinguíronse os principais organismos que interveñen nas relacións laborais.

– CA2.3. Identificáronse os elementos esenciais dun contrato de traballo.

– CA2.4. Analizáronse as principais modalidades de contratación e identificáronse as medidas de fomento da contratación para determinados colectivos.

– CA2.5. Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

– CA2.6. Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional relacionado co título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.

– CA2.7. Valoráronse as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar e para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

– CA2.8. Analizouse o recibo de salarios e identificáronse os principais elementos que o integran.

– CA2.9. Identificáronse as causas e os efectos da modificación, a suspensión e a extinción da relación laboral.

– CA2.10. Identificáronse os órganos de representación das persoas traballadoras na empresa.

– CA2.11. Analizáronse os conflitos colectivos na empresa e os procedementos de solución.

– CA2.12. Identificáronse as características definitorias dos novos contornos de organización do traballo.

• RA3. Determina a acción protectora do sistema da Seguridade Social ante as continxencias cubertas e identifica as clases de prestacións.

– CA3.1. Valorouse o papel da Seguridade Social como piar esencial do Estado social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía.

– CA3.2. Delimitouse o funcionamento e a estrutura do sistema da Seguridade Social.

– CA3.3. Identificáronse, nun suposto sinxelo, as bases de cotización dunha persoa traballadora e as cotas correspondentes a ela e á empresa.

– CA3.4. Determináronse as principais prestacións contributivas da Seguridade Social, os seus requisitos e a súa duración, e realizouse o cálculo da súa contía nalgúns supostos prácticos.

– CA3.5. Determináronse as posibles situacións legais de desemprego en supostos prácticos sinxelos e realizouse o cálculo da duración e da contía dunha prestación por desemprego de nivel contributivo básico.

• RA4. Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida.

– CA4.1. Valoráronse as propias aspiracións, motivacións, actitudes e capacidades que permitan a toma de decisións profesionais.

– CA4.2. Tomouse conciencia da importancia da formación permanente como factor clave para a empregabilidade e a adaptación ás exixencias do proceso produtivo.

– CA4.3. Valoráronse as oportunidades de formación e emprego noutros estados da Unión Europea.

– CA4.4. Valorouse o principio de non-discriminación e de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

– CA4.5. Deseñáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.

– CA4.6. Determináronse as competencias e as capacidades requiridas para a actividade profesional relacionada co perfil do título e seleccionouse a formación precisa para as mellorar e permitir unha adecuada inserción laboral.

– CA4.7. Identificáronse as principais fontes de emprego e de inserción laboral para as persoas coa titulación de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.

– CA4.8. Empregáronse adecuadamente as técnicas e os instrumentos de procura de emprego.

– CA4.9. Prevíronse as alternativas de autoemprego nos sectores profesionais relacionados co título.

1.13.2.2. Contidos básicos.

BC1. Xestión do conflito e equipos de traballo.

• Diferenciación entre grupo e equipo de traballo.

• Valoración das vantaxes e os inconvenientes do traballo de equipo para a eficacia da organización.

• Equipos no sector de animación sociocultural ou turística segundo as funcións que desempeñen.

• Dinámicas de grupo.

• Equipos de traballo eficaces e eficientes.

• Participación no equipo de traballo: desempeño de papeis, comunicación e responsabilidade.

• Conflito: características, tipos, causas e etapas.

• Técnicas para a resolución ou a superación do conflito.

BC2. Contrato de traballo.

• Dereito do traballo.

• Organismos públicos (administrativos e xudiciais) que interveñen nas relacións laborais.

• Análise da relación laboral individual.

• Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

• Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.

• Modalidades de contrato de traballo e medidas de fomento da contratación.

• Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución, etc.

• Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

• Sindicatos e asociacións empresariais.

• Representación das persoas traballadoras na empresa.

• Conflitos colectivos.

• Novos contornos de organización do traballo.

BC3. Seguridade Social, emprego e desemprego.

• A Seguridade Social como piar do Estado social.

• Estrutura do sistema de Seguridade Social.

• Determinación das principais obrigas das persoas empresarias e das traballadoras en materia de seguridade social.

• Protección por desemprego.

• Prestacións contributivas da Seguridade Social.

BC4. Procura activa de emprego.

• Coñecemento dos propios intereses e das propias capacidades formativo-profesionais.

• Importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional das persoas coa titulación de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.

• Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.

• Itinerarios formativos relacionados coa titulación de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.

• Definición e análise do sector profesional do título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística.

• Proceso de toma de decisións.

• Proceso de procura de emprego no sector de actividade.

• Técnicas e instrumentos de procura de emprego.

1.13.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado se poida inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector de animación sociocultural ou turística.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais q), r), s), t), u), v), w) e z) do ciclo formativo e as competencias ñ), o), p), q), r) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Manexo das fontes de información para a elaboración de itinerarios formativo-profesionalizadores, en especial no referente ao sector de animación sociocultural ou turística.

– Posta en práctica de técnicas activas de procura de emprego:

– Realización de probas de orientación e dinámicas sobre as propias aspiracións, competencias e capacidades.

– Manexo de fontes de información, incluídos os recursos da internet para a procura de emprego.

– Preparación e realización de cartas de presentación e currículos (potenciarase o emprego doutros idiomas oficiais na Unión Europea no manexo de información e elaboración do currículo Europass).

– Familiarización coas probas de selección de persoal, en particular a entrevista de traballo.

– Identificación de ofertas de emprego público a que se pode acceder en función da titulación e resposta á súa convocatoria.

– Formación de equipos na aula para a realización de actividades mediante o emprego de técnicas de traballo en equipo.

– Estudo das condicións de traballo do sector de animación sociocultural ou turística a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do convenio colectivo de aplicación no sector de animación sociocultural ou turística.

– Superación de calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desenvolvemento profesional.

– Análise da normativa de prevención de riscos laborais que lle permita a avaliación dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo, así como a colaboración na definición dun plan de prevención para a empresa e das medidas necesarias para a súa posta en práctica.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que polo menos dúas sesións de traballo semanais sexan consecutivas.

1.14. Módulo profesional: Empresa e iniciativa emprendedora.

• Equivalencia en créditos ECTS: 4.

• Código: MP1134.

• Duración: 53 horas.

1.14.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.

– CA1.1. Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos.

– CA1.2. Analizouse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizadora do mercado laboral e fonte de benestar social.

– CA1.3. Valorouse a importancia da iniciativa individual, a creatividade, a formación, a responsabilidade e a colaboración como requisitos indispensables para ter éxito na actividade emprendedora.

– CA1.4. Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector de animación sociocultural ou turística.

– CA1.5. Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora.

– CA1.6. Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola creatividade e pola súa factibilidade.

– CA1.7. Decidiuse a partir das ideas emprendedoras unha determinada idea de negocio do ámbito de animación sociocultural ou turística, que servirá de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial.

– CA1.8. Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa.

• RA2. Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos.

– CA2.1. Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido empresarial galego.

– CA2.2. Analizouse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas.

– CA2.3. Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

– CA2.4. Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa clientela, con provedores/as, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico.

– CA2.5. Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa de animación sociocultural ou turística en función da súa posible localización.

– CA2.6. Analizouse o fenómeno da responsabilidade social das empresas e a súa importancia como un elemento da estratexia empresarial.

– CA2.7. Valorouse a importancia do balance social dunha empresa relacionada coa animación sociocultural e turística e describíronse os principais custos sociais en que incorren estas empresas, así como os beneficios sociais que producen.

– CA2.8. Identificáronse, en empresas de animación sociocultural e turística, prácticas que incorporen valores éticos e sociais.

– CA2.9. Definíronse os obxectivos empresariais incorporando valores éticos e sociais.

– CA2.10. Analizáronse os conceptos de cultura empresarial e de comunicación e imaxe corporativas, así como a súa relación cos obxectivos empresariais.

– CA2.11. Describíronse as actividades e os procesos básicos que se realizan nunha empresa de animación sociocultural e turística e delimitáronse as relacións de coordinación e dependencia dentro do sistema empresarial.

– CA2.12. Elaborouse un plan de empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabilidade social e o plan de márketing.

• RA3. Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha.

– CA3.1. Analizouse o concepto de persoa empresaria, así como os requisitos que cómpren para desenvolver a actividade empresarial.

– CA3.2. Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determináronse as vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio.

– CA3.3. Valorouse a importancia das empresas de economía social no sector de animación sociocultural ou turística.

– CA3.4. Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida.

– CA3.5. Diferenciouse o tratamento fiscal establecido para cada forma xurídica de empresa.

– CA3.6. Identificáronse os trámites exixidos pola lexislación para a constitución dunha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica.

– CA3.7. Identificáronse as vías de asesoramento e xestión administrativa externas á hora de pór en marcha unha pequena ou mediana empresa.

– CA3.8. Analizáronse as axudas e subvencións para a creación e posta en marcha de empresas de animación sociocultural e turística tendo en conta a súa localización.

– CA3.9. Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurídica, os trámites administrativos, as axudas e as subvencións.

• RA4. Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais e formaliza a documentación.

– CA4.1. Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

– CA4.2. Describíronse as técnicas básicas de análise da información contable, en especial no referente ao equilibrio da estrutura financeira e á solvencia, á liquidez e á rendibilidade da empresa.

– CA4.3. Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións trimestrais, resumos anuais, etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionada coa animación sociocultural e turística, e diferenciáronse os tipos de impostos no calendario fiscal (liquidacións trimestrais e liquidacións anuais).

– CA4.4. Formalizouse con corrección, mediante procesos informáticos, a documentación básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa de animación sociocultural e turística, e describíronse os circuítos que recorre esa documentación na empresa.

– CA4.5. Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial.

1.14.2. Contidos básicos.

BC1. Iniciativa emprendedora.

• Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade de animación sociocultural e turística (materiais, tecnoloxía, organización da produción, etc.).

• A cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia.

• Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración.

• Actuación das persoas emprendedoras no sector de animación sociocultural ou turística.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora.

• Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social.

• Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas.

• Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito de animación sociocultural e turística.

BC2. A empresa e o seu contorno.

• A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións.

• Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de animación sociocultural e turística: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

• Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa de animación sociocultural e turística: clientela, provedores/as, administracións públicas, entidades financeiras e competencia.

• Localización da empresa.

• A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial.

• Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable.

• Cultura empresarial e comunicación e imaxe corporativas.

• Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Externalización de actividades da empresa.

• Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de márketing.

BC3. Creación e posta en marcha dunha empresa.

• Formas xurídicas das empresas.

• Responsabilidade legal do empresariado.

• A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica.

• Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa.

• Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa.

• Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de animación sociocultural e turística.

• Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos e xestión de axudas e subvencións.

BC4. Función administrativa.

• Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector de animación sociocultural ou turística.

• Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

• Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e razóns financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa.

• Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira.

• Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa.

• Ciclo de xestión administrativa nunha empresa de animación sociocultural e turística: documentos administrativos e documentos de pagamento.

• Coidado na elaboración da documentación administrativo-financeira.

1.14.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desenvolver a propia iniciativa no ámbito empresarial, tanto cara ao autoemprego como cara á asunción de responsabilidades e funcións no emprego por conta allea.

A formación do módulo permite alcanzar os obxectivos xerais r), s), u), w), x) e y) do ciclo formativo e as competencias o), p), q), s) e t).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Manexo das fontes de información sobre o sector das empresas de animación sociocultural e turística, incluíndo a análise dos procesos de innovación sectorial en marcha.

– Realización de casos e dinámicas de grupo que permitan comprender e valorar as actitudes das persoas emprendedoras e axustar a súa necesidade ao sector de animación sociocultural ou turística.

– Utilización de programas de xestión administrativa e financeira para pequenas e medianas empresas do sector.

– Realización dun proxecto empresarial relacionado coa actividade de animación sociocultural e turística composto por un plan de empresa e un plan financeiro e que inclúa todas as facetas de posta en marcha dun negocio.

O plan de empresa incluirá os seguintes aspectos: maduración da idea de negocio, localización, organización da produción e dos recursos, xustificación da súa responsabilidade social, plan de márketing, elección da forma xurídica, trámites administrativos e axudas e subvencións.

O plan financeiro incluirá o plan de tesouraría, a conta de resultados provisional e o balance previsional, así como a análise da súa viabilidade económica e financeira.

É aconsellable que o proxecto empresarial se vaia realizando conforme se desenvolvan os contidos relacionados nos resultados de aprendizaxe.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que polo menos dúas sesións de traballo sexan consecutivas.

1.15. Módulo profesional: Formación en centros de traballo.

• Equivalencia en créditos ECTS: 22.

• Código: MP1135.

• Duración: 384 horas.

1.15.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa, tendo en conta a súa relación coa produción e a comercialización dos produtos que obtén.

– CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

– CA1.2. Comparouse a estrutura da empresa coas organizacións empresariais tipo existentes no sector.

– CA1.3. Identificáronse os elementos que constitúen a rede loxística da empresa: provedores/as, clientela, sistemas de produción e almacenaxe, etc.

– CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento da prestación de servizo.

– CA1.5. Valoráronse as competencias necesarias dos recursos humanos para o desenvolvemento óptimo da actividade.

– CA1.6. Valorouse a idoneidade das canles de difusión máis frecuentes nesta actividade.

• RA2. Amosa hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional, de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.

– CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:

– Dispoñibilidade persoal e temporal necesarias no posto de traballo.

– Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza, responsabilidade, etc.) necesarias para o posto de traballo.

– Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional.

– Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

– Actitudes relacionais co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.

– Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

– Necesidades formativas para a inserción e a reinserción laboral no ámbito científico e técnico do bo facer profesional.

– CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais e os aspectos fundamentais da lei de prevención de riscos laborais de aplicación na actividade profesional.

– CA2.3. Puxéronse en marcha os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

– CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas.

– CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

– CA2.6. Responsabilizouse do traballo asignado e interpretando e cumprindo as instrucións recibidas.

– CA2.7. Estableceuse unha comunicación eficaz coa persoa responsable en cada situación e cos membros do equipo.

– CA2.8. Coordinouse co resto do equipo e comunicou as incidencias salientables.

– CA2.9. Valorouse a importancia da súa actividade e a necesidade de adaptación aos cambios de tarefas.

– CA2.10. Responsabilizouse da aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento do seu traballo.

• RA3. Realiza operacións de preparación da actividade de animación sociocultural ou turística e aplica técnicas e procedementos de acordo coas instrucións e as normas establecidas na institución ou empresa.

– CA3.1. Interpretáronse as instrucións recibidas para a preparación da actividade de animación sociocultural ou turística.

– CA3.2. Identificouse a documentación asociada á preparación dos procesos laborais que cumpra desenvolver.

– CA3.3. Utilizáronse os procedementos de control, de acordo coas instrucións ou normas establecidas.

– CA3.4. Identificáronse as necesidades de acondicionamento dos espazos en que se vaia realizar a actividade de animación sociocultural ou turística.

– CA3.5. Aplicáronse correctamente os criterios para o inicio da actividade de animación sociocultural ou turística, tendo en conta as instrucións e as normas establecidas.

– CA3.6. Recoñecéronse e determináronse as necesidades das persoas destinatarias do servizo, tendo en conta os protocolos establecidos.

– CA3.7. Realizáronse correctamente os procedementos para o primeiro contacto coas persoas usuarias, utilizando medios e aplicando técnicas, segundo as instrucións e as normas establecidas.

– CA3.8. Identificáronse as dificultades xurdidas no proceso de preparación da actividade de animación sociocultural ou turística.

• RA4. Leva a cabo as actividades previstas no plan de traballo, tendo en conta a relación das instrucións e das normas establecidas coa aplicación de procedementos e técnicas inherentes ás actividades que cumpra desenvolver.

– CA4.1. Interpretáronse as instrucións recibidas para a realización da actividade de animación sociocultural ou turística.

– CA4.2. Identificouse a documentación asociada aos procesos laborais que haxa que desenvolver.

– CA4.3. Realizáronse as tarefas seguindo os procedementos establecidos.

– CA4.4. Realizáronse todas as actividades laborais tendo en conta os criterios deontolóxicos da profesión.

– CA4.5. Respectouse a confidencialidade da información relativa ás persoas usuarias con que se teña relación.

– CA4.6. Empregáronse as actitudes adecuadas ao tipo de persoa usuaria, á situación ou á tarefa.

– CA4.7. Empregáronse os recursos técnicos apropiados á actividade.

– CA4.8. Seguíronse os procedementos establecidos na utilización dos recursos técnicos.

– CA4.9. Relacionáronse as técnicas empregadas coas necesidades das persoas destinatarias do servizo.

• RA5. Cumpre criterios de seguridade e hixiene, actuando segundo as normas hixiénico-sanitarias, de seguridade laboral e de protección ambiental.

– CA5.1. Recoñecéronse as normas hixiénico-sanitarias de obrigado cumprimento relacionadas coa normativa legal e as específicas da propia empresa.

– CA5.2. Recoñecéronse todos os comportamentos e as actitudes susceptibles de producir problemas hixiénico-sanitarios ou de seguridade.

– CA5.3. Empregouse a vestimenta apropiada á actividade.

– CA5.4. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais que cumpra aplicar na actividade profesional e os aspectos fundamentais da lexislación aplicable.

– CA5.5. Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

– CA5.6. Aplicáronse as operacións de recollida, selección, clasificación e eliminación ou vertedura de residuos.

• RA6. Analiza o servizo prestado, en relación cos criterios de calidade do procedemento de intervención.

– CA6.1. Valorouse o grao de cumprimento das instrucións recibidas para a realización da actividade de animación sociocultural ou turística.

– CA6.2. Identificouse a documentación asociada aos procesos de control e seguimento da súa actividade.

– CA6.3. Amosouse unha actitude crítica coa realización das actividades.

– CA6.4. Comprobouse que se seguise o procedemento establecido para a realización das tarefas.

– CA6.5. Aplicáronse os criterios deontolóxicos da profesión na realización das actividades profesionais.

– CA6.6. Argumentouse a adecuación das técnicas e dos recursos empregados.

1.15.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias do título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística e os obxectivos xerais do ciclo, tanto os que se alcanzaran no centro educativo como os de difícil consecución nel.

2. Anexo II.

A) Espazos mínimos.

Espazo formativo

Superficie en m2

(30 alumnos/as)

Superficie en m2

(20 alumnos/as)

Grao de utilización

Aula polivalente.

60

40

69 %

Sala ximnasio con vestiarios, duchas e almacén.

480

480

5 %

Aula técnica de animación sociocultural e turística.

150

100

26 %

• A consellería con competencias en materia de educación poderá autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos e alumnas, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

• O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas no centro educativo, por un grupo de alumnado, respecto da duración total destas.

• Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos ou alumnas que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

• En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

B) Equipamentos mínimos.

Equipamento

– Equipamentos informáticos instalados en rede e con conexión á internet. Software.

– Equipamentos audiovisuais. Cámara fotográfica dixital. Cámara de vídeo e trípodes.

– Moblaxe adecuada para cada espazo.

– Contedor de residuos con compartimentos para reciclaxe.

– Material de xogo motor.

– Material de campamento.

– Material de orientación.

– Equipamento básico de escenografía: audición e iluminación.

– Teatro portátil e monicreques.

– Material para expresión plástica.

– Instrumentos musicais de percusión.

– Material de caracterización e maquillaxe.

– Espello grande de parede.

– Xogos tradicionais e de mesa.

3. Anexo III.

A) Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística.

Módulo profesional

Especialidade do profesorado

Corpo

• MP0020. Primeiros auxilios.

Procedementos Sanitarios e Asistenciais.

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico.

Profesorado técnico de formación profesional.

Profesorado especialista.

• MP0179. Inglés.

Inglés.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0344. Metodoloxía da intervención social.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1123. Actividades de lecer e tempo libre.

Servizos á Comunidade.

Profesorado técnico de formación profesional

Educación Física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1124. Dinamización grupal.

Educación Física.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1125. Animación e xestión cultural.

Hostalaría e Turismo.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1126. Animación turística.

Hostalaría e Turismo.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1128. Desenvolvemento comunitario.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1129. Información xuvenil.

Servizos á Comunidade.

Profesorado técnico de formación profesional

• MP1130. Intervención socioeducativa con xente nova.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1131. Contexto da animación sociocultural.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1132. Proxecto de animación sociocultural e turística.

Servizos á Comunidade.

Profesorado técnico de formación profesional

Educación Física.

Hostalaría e Turismo.

Intervención Sociocomunitaria.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1133. Formación e orientación laboral.

Formación e Orientación Laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1134. Empresa e iniciativa emprendedora.

Formación e Orientación Laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

B) Titulacións equivalentes para efectos de docencia.

Corpos

Especialidades

Titulacións

• Profesorado de ensino secundario.

Formación e Orientación Laboral

– Diplomado/a en Ciencias Empresariais.

– Diplomado/a en Relacións Laborais

– Diplomado/a en Traballo Social.

– Diplomado/a en Educación Social.

– Diplomado/a en Xestión e Administración Pública.

Intervención Sociocomunitaria.

– Mestre/a, en todas as súas especialidades.

– Diplomado/a en Educación Social.

– Diplomado/a en Traballo Social.

Hostalaría e Turismo.

– Diplomado/a en Turismo.

C) Titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que conforman o título para os centros de titularidade privada e doutras administracións distintas da educativa, e orientacións para a Administración educativa.

Módulos profesionais

Titulacións

• MP0179. Inglés.

• MP0344. Metodoloxía da intervención social.

• MP1124. Dinamización grupal.

• MP1125. Animación e xestión cultural.

• MP1126. Animación turística.

• MP1128. Desenvolvemento comunitario.

• MP1130. Intervención socioeducativa con xente nova.

• MP1131. Contexto da animación sociocultural.

• MP1133. Formación e orientación laboral.

• MP1134. Empresa e iniciativa emprendedora.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia.

• MP0020. Primeiros auxilios.

• MP1123. Actividades de lecer e tempo libre

• MP1129. Información xuvenil.

• MP1132. Proxecto de animación sociocultural e turística.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

• Diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou arquitecto/a técnico/a, ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

4. Anexo IV.

Validacións entre módulos profesionais de títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990 (LOXSE) e os establecidos no título de técnico superior en Animación Sociocultural e Turística ao abeiro da Lei orgánica 2/2006.

Módulos profesionais incluídos nos ciclos formativos establecidos na LOXSE

Módulos profesionais do ciclo formativo (LOE):

animación sociocultural e turística

• Lingua estranxeira (inglés).

• MP0179. Inglés.

• Metodoloxía da intervención social.

• MP0344. Metodoloxía da intervención social.

• Técnicas de comunicación para animación.

• Animación no ámbito turístico.

• MP0344. Metodoloxía da intervención social.

• MP1126. Animación turística.

• Animación de lecer e tempo libre.

• MP1123. Actividades de lecer e tempo libre.

• Animación e dinámica de grupos.

• MP1124. Dinamización grupal.

• Animación cultural.

• MP1125. Animación e xestión cultural.

• Actividades e recursos culturais.

• MP1125. Animación e xestión cultural.

• Desenvolvemento comunitario.

• MP1128. Desenvolvemento comunitario

• Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas.

• MP1134. Empresa e iniciativa emprendedora.

• Formación en centro de traballo do título de técnico en Animación Turística ou do título de técnico en Animación Sociocultural.

• MP1135. Formación en centros de traballo.

5. Anexo V.

A) Correspondencia das unidades de competencia acreditadas consonte o establecido no artigo 8 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, cos módulos profesionais para a súa validación.

Unidades de competencia acreditadas

Módulos profesionais validables

• UC1022_3: dinamizar a planificación, o desenvolvemento e a avaliación de intervencións e proxectos comunitarios e de participación cidadá que se desenvolvan entre os axentes que configuran unha comunidade ou unha zona territorial.

• UC1024_3: establecer estratexias de comunicación e difusión dos proxectos e das actuacións comunitarias.

• UC1026_3: incorporar a perspectiva de xénero nos proxectos de intervención social.

• MP0344. Metodoloxía da intervención social.

• UC1868_2: empregar técnicas e recursos educativos de animación no tempo libre.

• UC1869_3: planificar, organizar, xestionar e avaliar proxectos de tempo libre educativo.

• MP1123. Actividades de lecer e tempo libre.

• UC1867_2: actuar en procesos grupais considerando o comportamento e as características evolutivas da infancia e da xuventude.

• UC1870_3: xerar equipos de persoal monitor, dinamizalos e supervisalos en proxectos educativos de tempo libre infantil e xuvenil.

• MP1124. Dinamización grupal.

• UC1093_3: crear e dinamizar grupos en situacións de lecer.

• MP1124. Dinamización grupal.

• UC1431_3: programar, desenvolver e avaliar as programacións culturais realizadas polas persoas responsables de cultura.

• UC1432_3: programar e dinamizar proxectos de animación cultural coas redes asociativas culturais.

• UC1433_3: desenvolver accións de comunicación e márketing cultural.

• MP1125. Animación e xestión cultural.

• UC1091_3: xestionar departamentos de animación turística.

• UC1092_3: deseñar, promover e avaliar proxectos de animación turística.

• MP1126. Animación turística.

• UC1020_3: establecer e manter relación cos principais axentes comunitarios (poboación, técnico/a e administracións), dinamizando a relación recíproca entre eles.

• UC1021_3: promover a participación cidadá nos proxectos e nos recursos comunitarios.

• UC1023_3: intervir, apoiar e acompañar na creación e no desenvolvemento do tecido asociativo.

• UC1025_3: aplicar procesos e técnicas de mediación na xestión de conflitos entre axentes comunitarios.

• MP1128. Desenvolvemento comunitario.

• UC1874_3: organizar e xestionar servizos de información de interese para a xuventude.

• UC1875_3: organizar e xestionar accións de dinamización da información para a xuventude.

• MP1129. Información xuvenil.

• UC1876_3: organizar accións socioeducativas dirixidas á xuventude no marco da educación non formal.

• MP1130. Intervención socioeducativa con xente nova.

Nota: as persoas matriculadas no ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística que teñan acreditadas todas as unidades de competencia incluídas no título, de acordo co procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, terán validado o módulo profesional MP1131. Contexto da animación sociocultural.

B) Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación.

Módulos profesionais superados

Unidades de competencia acreditables

• MP0344. Metodoloxía da intervención social.

• UC1022_3: dinamizar a planificación, o desenvolvemento e a avaliación de intervencións e proxectos comunitarios e de participación cidadá que se desenvolvan entre os axentes que configuran unha comunidade ou unha zona territorial

• UC1024_3: establecer estratexias de comunicación e difusión dos proxectos e das actuacións comunitarias.

• UC1026_3: incorporar a perspectiva de xénero nos proxectos de intervención social.

• MP1123. Actividades de lecer e tempo libre.

• UC1868_2: empregar técnicas e recursos educativos de animación no tempo libre.

• UC1869_3: planificar, organizar, xestionar e avaliar proxectos de tempo libre educativo.

• MP1124. Dinamización grupal.

• UC1867_2: actuar en procesos grupais considerando o comportamento e as características evolutivas da infancia e da xuventude.

• UC1870_3: xerar equipos de persoal monitor, dinamizalos e supervisalos en proxectos educativos de tempo libre infantil e xuvenil.

• UC1093_3: crear e dinamizar grupos en situacións de lecer.

• MP1125. Animación e xestión cultural.

• UC1431_3: programar, desenvolver e avaliar as programacións culturais realizadas polas persoas responsables de cultura.

• UC1432_3: programar e dinamizar proxectos de animación cultural coas redes asociativas culturais.

• UC1433_3: desenvolver accións de comunicación e márketing cultural.

• MP1126. Animación turística.

• UC1091_3: xestionar departamentos de animación turística.

• UC1092_3: deseñar, promover e avaliar proxectos de animación turística.

• MP1128. Desenvolvemento comunitario.

• UC1020_3: establecer e manter relación cos principais axentes comunitarios (poboación, técnico/a e administracións), dinamizando a relación recíproca entre eles.

• UC1021_3: promover a participación cidadá nos proxectos e nos recursos comunitarios.

• UC1023_3: intervir, apoiar e acompañar na creación e no desenvolvemento do tecido asociativo.

• UC1025_3: aplicar procesos e técnicas de mediación na xestión de conflitos entre axentes comunitarios.

• MP1129. Información xuvenil.

• UC1874_3: organizar e xestionar servizos de información de interese para a xuventude.

• UC1875_3: organizar e xestionar accións de dinamización da información para a xuventude.

• MP1130. Intervención socioeducativa con xente nova.

• UC1876_3: organizar accións socioeducativas dirixidas á xuventude no marco da educación non formal.

6. Anexo VI.

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Animación Sociocultural e Turística para o réxime ordinario.

Curso

Módulo

Duración

Especialidade do profesorado

• MP0179. Inglés.

160

Inglés.

• MP0344. Metodoloxía da intervención social.

133

Intervención Sociocomunitaria.

• MP1125. Animación e xestión cultural.

213

Hostalaría e Turismo.

Intervención Sociocomunitaria.

• MP1128. Desenvolvemento comunitario.

107

Intervención Sociocomunitaria.

• MP1129. Información xuvenil.

133

Servizos á Comunidade.

• MP1131. Contexto da animación sociocultural.

107

Intervención Sociocomunitaria.

• MP1133. Formación e orientación laboral.

107

Formación e Orientación laboral

Total 1º

(FCE)

960

• MP0020. Primeiros auxilios.

53

Procedementos Sanitarios e Asistenciais.

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico.

Profesorado especialista.

• MP1123. Actividades de lecer e tempo libre.

156

Educación Física.

Servizos á Comunidade.

• MP1124. Dinamización grupal.

123

Educación Física.

Intervención Sociocomunitaria.

• MP1126. Animación turística.

140

Hostalaría e Turismo.

Intervención Sociocomunitaria.

• MP1130. Intervención socioeducativa con xente nova.

105

Intervención Sociocomunitaria.

• MP1134. Empresa e iniciativa emprendedora.

53

Formación e Orientación Laboral

Total 2º

(FCE)

630

• MP1132. Proxecto de animación sociocultural e turística.

26

Servizos á Comunidade.

Educación Física.

Hostalaría e Turismo.

Intervención Sociocomunitaria.

• MP1135. Formación en centros de traballo.

384

7. Anexo VII.

Organización dos módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

Módulo profesional

Unidades formativas

Duración

• MP1133. Formación e orientación laboral.

• MP1133_12. Prevención de riscos laborais.

45

• MP1133_22. Equipos de traballo, dereito do traballo e da Seguridade Social e procura de emprego.

62