Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20381

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación da subministración de combustible na zona de influencia do Parque Móbil e Parque de Maquinaria da Deputación de Ourense, sito no polígono de San Cibrao das Viñas, durante o segundo semestre do ano 2014.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de combustible na zona de influencia do parque móbil e parque de maquinaria da Deputación de Ourense, sito no polígono de San Cibrao das Viñas, durante o segundo semestre do ano 2014, cun tipo de licitación de 201.500,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente a quen o solicite, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 23 de abril de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense