Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20379

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Punxín

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal, por Acordo plenario do 10.12.2013, de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e La Región.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas para as seguintes áreas:

As áreas concretas (referidas á clasificación no Plan xeral de ordenación municipal) afectadas pola suspensión son as seguintes:

a) En todas as zonas afectadas por novos sistemas xerais e locais de vía, infraestruturas, equipamentos ou espazos libres en calquera clase de solo.

b) No solo urbano consolidado e nos núcleos rurais suspenderase nas zonas en que non se poidan cumprir ambas as ordenacións ou normativas simultaneamente (delimitacións de núcleos vixentes e Plan xeral de ordenación municipal) e, sobre todo, naquelas zonas citadas na alínea a) anterior.

c) En todo o ámbito de solo urbanizable.

d) En solo rústico, dado que as normas subsidiarias provinciais resultan obsoletas despois da entrada en vigor da Lei 9/2002 e as numerosas modificacións posteriores invalidan en gran parte o establecido naquelas, polo que, en definitiva, o réxime aplicable apenas variará antes ou despois do Plan xeral de ordenación municipal e só se suspenderán as licenzas nas zonas en que non se poidan cumprir simultaneamente ambas as ordenacións ou normativas e nas zonas especificadas na alínea a).

e) Calquera outro ámbito en que a licenza poida impedir ou dificultar a execución do novo planeamento.

f) Tamén se suspende a concesión de licenzas urbanísticas en todo o solo delimitado como de núcleo rural, que o novo Plan xeral de ordenación municipal pasou a clasificar como solo rústico.

De acordo co punto 1 do artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, os actos xenéricos para os cales se suspende o outorgamento de licenzas son os de parcelación de terreos, edificacións e demolicións.

Respecto ás actividades, quedan suspendidas as novas autorizacións ou licenzas en calquera tipo de solo que non se axusten simultaneamente a ambas as ordenacións ou normativas (delimitacións de núcleos, Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e novo Plan xeral de ordenación municipal). Aplicarase un criterio semellante ás obras menores.

A duración da suspensión é de dous anos e extinguirase coa aprobación definitiva.

Punxín, 10 de febreiro de 2014

Manuel Vázquez Fernández
Alcalde