Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20374

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lousame

ANUNCIO de contratación do servizo de conservación, reparación e mantemento da iluminación pública do Concello de Lousame.

A Xunta de Goberno local do Concello de Lousame, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 4 de abril de 2014, adoptou o acordo de aprobación do expediente ordinario de contratación, así como o prego de cláusulas.

Obxecto de contratación: servizo de conservación, reparación e mantemento da iluminación pública do Concello de Lousame.

Características técnicas: prego de prescripcións técnicas (anexo II).

Tipo de contrato: servizos.

Categoría: 1 do anexo II do TRLCSP.

Suxeito a regulación harmonizada: non.

Orzamento de licitación: base impoñible: 23.400,00 €. IVE: 4.914,00 €. Importe total: 28.314,00 €.

Revisión de prezos: aplicando o prezo inicial, a variación experimentada polos incrementos ou diminucións do IPC dos últimos doce meses publicado polo INE, sen que a revisión poida superar o 85 % de variación experimentada polo índice adoptado.

Taxas: non.

Aplicación orzamentaria: 165.210.00.

Órgano de contratación: Xunta de Goberno local.

Perfil contratante: –.

Clasificación: non se exixe.

Ofertas:

Prazo de presentación: 30 días desde a última publicación.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Lousame.

Apertura de ofertas: prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 14).

Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do importe definitivo de adxudicación, excluído o IVE.

Prazo de execución: 1 ano.

Prórroga: 1 ano.

Variantes: non se admiten.

Forma de pagamento: contra factura mensual, expedida de acordo coa normativa vixente, debidamente conformada polo responsable do contrato e aprobada polo órgano competente.

Criterios de valoración:

1. Avaliables mediante xuízos de valor:

a) Memoria descritiva da calidade técnica do servizo: de 0 a 15 puntos.

b) Melloras: de 0 a 15 puntos.

c) Dispoñibilidade: de 0 a 10 puntos.

2. Avaliables de forma automática mediante aplicación de fórmulas: proposición económica: de 0 a 60 puntos.

Outros datos: teléfono de información: 981 82 04 94.

Lugar onde obter copias: Negociado de Contratación do Concello de Lousame.

Praza Teodomiro Hidalgo 1. 15214 Lousame, A Coruña.

Lousame, 24 de abril de 2014

Mª Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa