Aprobado inicialmente o expediente de delimitación de solo de núcleo rural de Cadoira, parroquia de Torneiros, polo Acordo do Pleno Municipal do 14.3.2014, de conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 2/2010, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.
Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado, nas dependencias municipais e en horario de oficina, para que formule as alegacións que considere oportunas.
Pol, 8 de abril de 2014
Lino Rodríguez Onega
Alcalde