Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20377

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pol

ANUNCIO de información pública sobre aprobación inicial de delimitación de solo de núcleo rural dos Porrás (San Martiño de Ferreiros).

Aprobado inicialmente o expediente de delimitación de solo de núcleo rural dos Porrás, parroquia de San Martiño de Ferreiros, polo Acordo do Pleno Municipal do 14 de marzo de 2014, de conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 2/2010, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado, nas dependencias municipais e en horario de oficina, para que formule as alegacións que considere oportunas.

Pol, 8 de abril de 2014

Lino Rodríguez Onega
Alcalde