Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20736

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 51/2014, do 24 de abril, polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito antigo da estrada OU-540, que ten o seu inicio no p.q. 21+680 da OU-540 e o seu final no p.q. 21+810 da OU-540, en prol do Concello de Celanova.

A vixente Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, no ordinal primeiro da disposición transitoria primeira, dispón que os procedementos administrativos iniciados con anterioridade á entrada en vigor desta lei se rexerán polo disposto na normativa anterior, coa excepción dos procedementos sancionadores, aos cales lles será aplicable a norma máis favorable para as presuntas persoas infractoras.

Segundo o previsto no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón, no artigo 54, que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas, entregaránselles aos respectivos concellos. O expediente promoverase por proposta do concello ou da administración titular da estrada e será resolto polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, logo do informe de ambos os dous organismos.

O Concello de Celanova solicita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cambio de titularidade do tramo antigo da estrada OU-540, que ten o seu inicio no p.q. 21+680 e o seu final no p.q. 21+810 MD da OU-540.

Ao amparo das previsións legais, a Área de Planificación e Programación da Axencia Galega de Infraestruturas emite informe favorable sobre o cambio de titularidade do tramo antigo da estrada OU-540, que ten o seu inicio no p.q. 21+680 e o seu final no p.q. 21+810 MD da OU-540 en prol do Concello de Celanova.

Polo exposto, consonte o previsto na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e catro de abril de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade en prol do Concello de Celanova do tramo antigo da estrada OU-540, que ten o seu inicio no p.q. 21+680 e o seu final no p.q. 21+810 MD da OU-540.

Artigo 2

En aplicación do artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, as entidades locais no marco das súas competencias e, de acordo cos correspondentes plans de estradas, aprobarán a relación de estradas da súa titularidade. De acordo co exposto, o Concello de Celanova deberá incorporar ao seu plan de estradas a vía a que se refire este decreto.

Artigo 3

A entrega da vía formalizarase no prazo de dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello de Celanova, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle puider corresponder como nova Administración titular da estrada.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e catro de abril de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas