En virtude das competencias da Consellería de Traballo e Benestar, atribuídas polo Decreto 235/2012, do 5 de decembro, no que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, e de acordo co disposto no artigo 14.5 da Orde do 11 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa xove e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas no ano 2013 a entidades xuvenís do ámbito provincial de Lugo, mediante resolución do xefe territorial, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, segundo o disposto na disposición adicional segunda da Orde do 11 de abril de 2013. A relación de subvencións concedidas encóntrase no anexo desta resolución.
Lugo, 10 de abril de 2014
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Beneficiario: asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á
mocidade e as súas respectivas federacións (ámbito provincial)
Aplicación orzamentaria: 11.06.313A.481.0.
Orzamento: 65.000 €.
Entidade |
Localidade |
Proxecto |
Concedido |
Asociación xuvenil Buraca das Grellas |
O Courel |
Portal turístico para os mozos que visitan O Courel |
2.535,00 € |
Asociación Síndrome de Down, Lugo |
Lugo |
Programa de ocio e tempo de lecer |
4.000,00 € |
Ateibo |
Lugo |
Creando espazos de encontro e lecer |
3.700,00 € |
Acapa Show Petapouco |
Cospeito |
Graffitis no rural |
4.000,00 € |
Asociación xuvenil Tir na n’og |
Lugo |
Actividades 2013 |
2.576,00 € |
Xaquedrum |
Lugo |
Mozos e mozas axedrecistas |
4.000,00 € |
Aspnais |
Lugo |
Actividades de integración para persoas con discapacidade intelectual |
2.825,00 € |
Asociación de Persoas Sordas de Lugo |
Lugo |
Os mozos xordos móvense |
2.139,50 € |
Asociación Centro Xuvenil Arco da Vella |
Lugo |
Novas rotas |
1.247,00 € |
Xermolos |
Guitiriz |
As outras músicas como canle de comunicación, creación, innovación e participación da mocidade |
4.000,00 € |
Cáritas |
Lugo |
Servizo de atención á infancia e xuventude |
4.000,00 € |