Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20991

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (983/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 983/2013, deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Vidal Cabado contra a empresa Urban Simulations, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 214/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 983/2013.

Demandante: Mónica Vidal Cabado.

Letrado: Sr. Garma Castro.

Demandada: Urban Simulations, S.L.

Fogasa.

Sentenza 214/2014.

A Coruña, 14 de abril de 2014.

Resolvo:

1º. Acepto a demanda sobre despedimento formulada por Mónica Vidal Cabado fronte á empresa Urban Simulations, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Unha vez transcorrido o dito prazo, sen que se optase, entenderase que procede á readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 22.661,73 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 55,34 euros/día;

3º. No suposto de readmisión, a demandante deberá reintegrar a indemnización que puidese ter recibido polo despedimento declarado improcedente. Noutro caso, acórdase a compensación entre a indemnización que se puido recibir polo despedimento e a que se fixa na presente sentenza.

4º. O Fogasa haberá de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas déixese testemuño dela no procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz de Reforzo do Social da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación a Urban Simulations, S.L., en paradoiro ignorado, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de abril de 2014

A secretaria xudicial