Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20984

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (76/2013-3).

Mª Manuela García Jalón de la Lama, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 76/2013-3 seguido por instancia de Aeffe, S.p.A., representada pola procuradora Rita Goimil Martínez, fronte a Gordana Govorcin, S.L.U., ditouse sentenza, cuxo tenor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2013.

Jorge Cid Carballo, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos de procedemento ordinario seguidos co número 76/2013-3 por instancia de Aeffe, S.p.A., representada pola procuradora Rita Goimil Martínez e asistida do letrado José Luis Prieto Flores, contra a entidade Gordana Govorcin, S.L.U., sobre reclamación de cantidade.

Resolución.

Estimando a demanda interposta pola procuradora Rita Goimil Martínez, en nome e representación da entidade Aeffe, S.p.A. contra a entidade Gordana Govorcin, S.L.U., debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de dezaoito mil douscentos trinta e catro euros con sesenta céntimos (18.234,60 €), máis os xuros legais establecidos na Lei 3/2004. Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Esta sentenza non é firme, contra ela pode interpoñerse recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial, neste mesmo xulgado, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte á súa notificación, por escrito, con sinatura de letrado e procurador, na forma prevista nos artigos 458 da LAC.

Advírtase a ambas as partes que, se desexan formular recurso de apelación, deberán acreditar, co escrito de interposición do recurso, a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe previsto en tal norma, apercibíndoos de que a non constitución do depósito comportará a inadmisión a trámite do recurso.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E encontrándose a devandita demandada, Gordana Govorcin, S.L.U., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial